A outra cara do Rally Rías Baixas PDF Imprimir E-Mail
escrito por CAMILO M. FDEZ. GLEZ.   
jueves, 25 de junio de 2009

Fai agora aproximadamente un mes, circular polas estradas do Condado era unha temeridade e un risco maior do habitual, xa que como lamentablemente ven sendo habitual nos últimos anos, os concellos que conforman dita comarca, son “visitados” por centos de afeccionados aos rallies que xa dende os días previos á proba, compiten entre sí a grande velocidade imitando aos profesionais do volante circulando sen ningún tipo de control, polos mesmos circuitos polos que transcurre a competición, pondo en perigo tanto as súas vidas como as dos demáis.

 

Á falta de calqueira tipo de medidas disuasorias sobre estes “kamikazes” (controis de velocidade ou presencia de forzas de seguridade),  hai que unir o total desentendemento por parte das diferentes administracións, a hora de obrigar á Organización do evento a recoller as MOREAS DE LIXO que quedan espalladas ao longo do percorrido polo que pasa a competición.

 

Así mesmo, este ano en Guillade (Ponteareas), fumos testemuña dun perigosísimo accidente de circulación, provocado por un inconsciente que atravesou a parroquia a unha velocidade descomunal para acabar esnafrándose e volcando no principal e máis transitado cruce do viario da aldea, provocando momentos de tensión e caos, seguidos de indignación no momento en que un veciño foi levado arrastras -pondo en perigo a súa integridade física-, agarrado á porta dun dos vehículos da propia Organización, tras negarse os seus ocupantes a atender as queixas dos residentes.

 

Será preciso tomar medidas drásticas por parte dos afectados na próxima edición da proba?, é xusto que os veciños soportemos durante días o acoso destes conductores temerarios, e durante anos a presencia do seu lixo nas cunetas e nas nosas fincas?


Cite este artículo en su sitio

Sea el primero en comentar el artículo
RSS de los comentarios

Escribir comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
Correo-e
Sitio Web
Título:
Comentario:

Código:* Code
Avisarme de nuevos comentarios en este artículo

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6
AkoComment © Copyright 2004 by Arthur Konze - www.mamboportal.com
All right reserved

 
< Anterior   Siguiente >

Últimas Galerías

botellon4.JPG

Fecha: 07/02/08

botellon3.JPG

Fecha: 07/02/08

Copia de CIMG0590.JPG

Fecha: 07/02/08

Lo último en el foro

Encuestas

¿Cuál cree uste que es la gran prioridad de Vigo?
 

Sindicación