Faro de Vigo

Contigo, cada día más


BNG-NÓS CANDIDATURA GALEGA

Estes son os principios fundamentais do BNG, aprobados na asemblea fundacional de 1982 e que se manteñen no esencial.

O nacionalismo é a resposta contra unha situación de dependencia económica, opresión cultural e política de Galiza que imposibilita a transformación e benestar da sociedade. Defende un programa para a gran maioría da sociedade galega. Galiza, como nación, ten dereito á autodeterminación e ao exercicio da soberanía nacional.

Defensa da democracia e dos intereses populares. Necesidade de autoorganización política e social e non dependencia nas relacións de Galiza.

Solidariedade, antiimperialismo, paz e desarme no concerto internacional. Un modelo social que promova un desenvolvemento socioeconómico contrario á dependencia e a prol do benestar de todo o pobo.


10 MEDIDAS PARA OS PRIMEIROS 100 DÍAS DE GOBERNO

  1. Emprego: Plan Retorna para favorecer a volta ao país da mocidade emigrada, especialmente da máis formada, como os e as investigadores, cunha liña específica para financiar a contratación de traballadores e traballadoras retornados.  
  2. Financiamento das empresas e emprendedores. Creación dunha banca pública galega que garanta a xestión do noso aforro e o crédito a familias e empresas. Como primeiro paso desta estratexia, creación dun Instituto Galego de Crédito e Investimento. Política de microcréditos a xuro cero para as persoas emprendedoras.  
  3. Financiamento público: Demandar un modelo con plena capacidade fiscal que permita xestionar e recadar a totalidade dos impostos a través dunha Facenda galega. Obter, dese xeito, máis recursos e autonomía total para decidir como investilos coa prioridade de crear emprego, financiar os servizos públicos e o benestar social.  
  4. Aposta pola innovación e o coñecemento. Duplicación dos fondos en I+D e xestión íntegra dos mesmos por Galiza, apostando pola biotecnoloxía, robótica, tecnoloxías de transformación alimentarias e da información.  
  5. Plan de impulso industrial que contemple a identificación e o impulso a sectores estratéxicos (aeronáutica, agroindustria, naval, automoción) e que combata a deslocalización das actividades auxiliares da industria galega (automoción, téxtil). Irá acompañado da implantación da tarifa eléctrica galega. Xestión dos nosos recursos enerxéticos en beneficio das empresas e familias, impedindo a pobreza enerxética.  
  6. Plan de choque para rescate e mellora dos servizos públicos: redución de listas de espera, supresión dos repagamentos sanitarios, gratuidade dos libros de texto, incremento dos recursos humanos e materiais na sanidade e no ensino público.  
  7. Plan de emerxencia social para a Galiza co obxectivo de paliar a grave situación de pobreza para unha parte importante da poboación: garantías no cobramento de prestacións sociais e programas de vivenda efectivos que aseguren que ningunha persoa ou familia sexa desafiuzada da súa vivenda.  
  8. Deseñar unha estrutura da administración galega baseada nas comarcas e concellos, coa asunción de competencias das Deputacións desde a Xunta para o seu pronto baleirado e facilitar a súa desaparición.  
  9. Aposta clara por recuperar falantes de galego con políticas reais de normalización lingüística, apoio a cultura e á creatividade galega como instrumento de expresión e cohesión social e motor de dinamización económica. Elaboración dunha nova norma que elimine os límites impostos á lingua propia no ensino e impulse o emprego do galego en todos os niveis educativos.  
  10. Igualdade: Lei de coeducación nos centros de ensino, e medidas efectivas para garantir a máxima de “igual traballo igual salario”, e “combate sen tregua” contra a violencia machista creando o Estatuto de Vítima do Feminicidio.

Programa electoral

Programa electoral BNG - NÓS Candidatura Galega

Video campaña electoral