Tinta Femia, a identidade de Cela

No Morrazo existen microespazos de riqueza e identidade diferenciada, como as terriñas de tintos definidos, os de Cela, coa Tinta Femia como sinal de identidade, cuxa festa celebra Bueu esta fin de semana.

Racimos de Tinta Femia. Imagen cedida por el CSIC.
Racimos de Tinta Femia. Imagen cedida por el CSIC.

Inserido no epicentro das Rías Baixas, o Morrazo agocha unha viticultura de atlántica estirpe. Nos últimos tempos do viño, fora relegado e deixado sen amparo no organigrama vitivinícola do pais,  algo que o ten aillado dalgunhas estandarizaciones e maneiras uniformizadoras que dominaron unha época. Recordan a diluición de O Rosal,  O Condado, etc. na época moderna das Rías Baixas oficial. 

Unha viticultura, a do Morrazo, diversa, con microespazos comunais,  vilas e parroquias de orgullosa identidade. Terriñas xunguidas por un esquelete penínsular abeirado cara ás rías máis estilizadas, coas ramificacións norteñas baixando cara a de Pontevedra: son as parroquias marinenses e unha parte das de Bueu, outros seus lares asómanse pola proa sobre as illas Cíes e a illa de Ons. Soalleiras sureñas son as bravas parroquias de Cangas e Moaña que caen cara a ría de Vigo.  Vilaboa, solitaria, garda as costas da península, agochada nas beiras da prácida ensenada de San Simón.

O Morrazo non é un territorio homoxéneo, existen microespazos dunha riqueza e identidade diferenciada, inimitable; dunha autenticidade apabullante, como as terriñas de tintos definidos e estilizados, frescos, atlánticos de pura cepa: son os tintos de Cela, onde a Tinta Femia, cachorro ou batorro da estirpe do caíño, apelidado redondo, é o seu sinal de identidade. Tinta Femia, estandarte dos viños de Cela, bañada polas mareas da ría de Pontevedra, auténticos “Vins de Vila”, en Franza sería un “Grand Cru” a terriña de Cela coa presenza pontifical, esmagadora e feliz para o pracer dos nosos tragos da Tinta Femia.

Bueu celebra esta fin de semana a súa festa, recuperada fai 12 meses tras pasar 7 anos no olvido, con música, viños e boa gastronomía.  Xa estuvemos nas previas a esta XIV edición, catando e bebendo os viños dos colleiteiros que nela se presentarán. Fomos partillando impresións entre tragos cun sorriso na cara e a ledicia por estar disfrutando duns viños auténticos, sinceiros, limpos, honestos, vivos, vibrantes, arroupados en aromas coa forza primaria do seu lar. Converteuse nunha xornada de placer e emoción porque cada copa servida era un gozo para os sentidos e para o espírito, simplesmente iso que buscamos no viño, iso mesmo que nos alonxa da cohorte de elaboracións vitícolas sen alma nin carácter e carentes de emoción.

Foi sorprendente que as dez adegas visitadas mostraran ese carácter, unha autenticidade marcada polas personalidades dos distintos viticultores, sen defeitos nen adornos.Desexamos que o futuro conserve esa sinceridade e honestidade. Estos viños xa poderán ter para esta anada que andamos un amparo administrativo.

Desexo que os tragos que disfrutamos se reproduzan no futuro, e gañen en repercusión para ensinar polo mundo con autenticidade este territorio do viño, como xa experimentei este ano en varios eventos fora de Galicia. Que os que adecentan, dan corrección, visten e fan presentables os viños non desvirtuen a súa personalidade e identidade.

Se somos quen de non contaminar a personalidade destos viños Galicia gozará doutro territorio do viño a engadir á súa riqueza e diversidade. Se non, pasarán sen pena nin gloria polas copas e polas estanterías do mundo wine. As contraetiquetas non poden agochar procesos de elaboración pouco recomendábeis como vendimas deficientes, intervencionismo extremo na busca da maquillaxe, do adorno, de suplir as carencias ou de facer un deseño prefabricado ó gusto dun suposto consumidor modelo. 

Os tintos de Cela merecen ambición de calidade, respeito pola identidade e polo carácter de seu, porque o contrario é un camiño que leva a nengures, ou á insignificancia e máis logo ó esquecimento. Agora é doado non caer nos erros pasados grazas á perspectiva que temos do percurso doutras denominacións e indicacións do viño, e polo modelo que representan os viños que si teñen levado o viño de Galicia máis alá.

Antonio Portela.
autor
Antonio Portela

Vicepresidente de la Asociación Gallega de Sumilleres. 

+ artículos
Las mejores bodegas de Galicia

Muchas décadas acompañan a la bodegas de Galicia elaborando vinos con gran pasión, cuidado, cariño y con una de las mejores materias primas del Mundo.

Ver bodegas
Vinos con denominación de Origen

Galicia es una tierra de buenos vinos. En sus viñedos están los secretos de los vinos de las Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Valdeorras y Monterrei.

Ver vinos
Mapa de bodegas de Galicia

Encontrarás todas las bodegas de Galicia geolocalizadas en Google Maps y utilizar StreetView para dar un paseo virtual por sus instalaciones.

Ir al mapa