
{"id":512,"date":"2019-10-19T13:36:00","date_gmt":"2019-10-19T11:36:00","guid":{"rendered":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/?p=512"},"modified":"2025-05-19T09:55:14","modified_gmt":"2025-05-19T07:55:14","slug":"noar-jazz-experimental","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/noar-jazz-experimental\/","title":{"rendered":"Noar"},"content":{"rendered":"\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>IN VIVO VERITAS<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>En tempos acomodados, nos que toda a cultura e tam\u00e9n o lecer m\u00e1is banal semellan estar a golpe de clic, erguerse do sof\u00e1 para ir ver un concerto estase a converter nun acto de resistencia, sobre todo se os que tocan son m\u00fasicos locais e non a \u00faltima banda de moda. Ante este estado de cousas, Noar, unha das propostas m\u00e1is vangardistas da cidade, parece buscar acubillo nos cl\u00e1sicos. \u2018In&nbsp;<em>vivo<\/em>&nbsp;veritas\u2019, se Plinio O Vello nos permite a par\u00e1frase, \u00e9 un dos piares nos que asenta&nbsp;<strong>o rebautizado proxecto do cantante Rub\u00e9n Fern\u00e1ndez e o guitarrista Iago Marta<\/strong>, agora na&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/noticias-suscriptor\/visado\/2016\/04\/08\/metamovida-universidad\/1437285.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">escudar\u00eda Metamovida.<\/a>&nbsp;Esta noite na sala Kominsky presentan a s\u00faa verdade, que por forza \u00e9 mutante: a improvisaci\u00f3n \u00e9 intr\u00ednseca \u00e1 s\u00faa de mestura de jazz, m\u00fasica tradicional galega, rock ou ambiental.<\/p>\n\n\n\n<p>O d\u00fao \u2013dous vellos c\u00f3mplices que retoman agora unha proposta que naceu cando viv\u00edan en Barcelona hai uns anos- presenta as s\u00faas novas canci\u00f3ns, gravadas nunha sesi\u00f3n en directo no auditorio de Goi\u00e1n a finais de 2019 e compiladas baixo o t\u00edtulo de&nbsp;<em>Ao vivo<\/em>. Lanz\u00e1ronas nas \u00faltimas semanas en Youtube<strong>, en formato v\u00eddeo-disco con Sara Traba a cargo da elegante realizaci\u00f3n<\/strong>, e no Bandcamp. \u201cQueremos reivindicar a m\u00fasica en directo. Se fas un \u00e1lbum [de estudio] podes po\u00f1er pinceladas aqu\u00ed e al\u00e1, arranxalo logo. \u00c9 un concepto, e \u00e9 v\u00e1lido, pero o que quer\u00edamos plasmar cos v\u00eddeos \u00e9 unha chamada a vir a vernos. En disco est\u00e1 moi ben, pero a verdade est\u00e1 no directo\u201d, explica Rub\u00e9n. Iago completa: \u201cPara n\u00f3s funciona esta forma de gravaci\u00f3n, a nosa esencia \u00e9 o que facemos no momento, non \u00e9 unha construci\u00f3n pechada\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Noar - Materia oscura\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/WmxXWlkZb5c?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Este traballo sup\u00f3n a presentaci\u00f3n en sociedade de Noar, inda que en realidade o proxecto non \u00e9 de todo novo. A finais de 2013, os dous m\u00fasicos asinaron cos seus nomes e apelidos un \u00e1lbum titulado<em>&nbsp;Son do Mar<\/em>. Ocorreu que a xente tirou de metonimia e nomeou o grupo coma o disco. De volta os dous en Vigo seis anos despois, cando decidiron compo\u00f1er xuntos de novo neste formato, apostaron por rebautizarse. \u201cNon nos gustaba e xa hai moitas cousas con \u2018Son de&#8230;\u2019. Ademais, o tipo de m\u00fasica \u00e9 diferente, par\u00e9cese, porque somos n\u00f3s, pero&#8230;\u201d, exp\u00f3n Iago.&nbsp;Se cadra, o f\u00edo que enlaza aquelas primeiras canci\u00f3ns con estas \u00e9<strong>&nbsp;o uso do galego nas letras e a influencia do folk<\/strong>, un estilo non moi presente na formaci\u00f3n acad\u00e9mica de ambos. \u201cEn Barcelona entrounos a morri\u00f1a\u201d, chancea Rub\u00e9n, que \u00e9 agora cando est\u00e1 a meterse m\u00e1is no mundo do \u2018tradi\u2019 e das foliadas: \u201cHai m\u00fasicos incribles, quedo abraiado. Remove por dentro\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>En todo caso, as alusi\u00f3ns \u00e1 tradici\u00f3n aut\u00f3ctona son ben et\u00e9reas en Noar, al\u00e9n dalgunha li\u00f1a mel\u00f3dica e alg\u00fan ritmo. \u201cNeste segundo traballo intentamos ir un pouco m\u00e1is al\u00e1, hai m\u00e1is exploraci\u00f3n, un pouco m\u00e1is de free\u201d, comenta o&nbsp;cantante, que ademais de xogar coa s\u00faa formidable voz co secuenciador tam\u00e9n se fai cargo da secci\u00f3n r\u00edtmica cunha caixa flamenca. Hai m\u00e1is experimentaci\u00f3n, si, pero sen esquecer que os temas se poidan cantar. Tam\u00e9n partiron de premisas compositivas distintas. Se en&nbsp;<em>Son do Mar<\/em>&nbsp;as composici\u00f3ns tenden ao circular, nesta nova presada pux\u00e9ronse a condici\u00f3n de que \u201ccami\u00f1asen cara a diante\u201d.<strong>&nbsp;\u201cOs temas navegan, pero van e non volven\u201d.&nbsp;<\/strong>Outro factor que determinou as diferenzas \u00e9 o puramente xeogr\u00e1fico, un bo exemplo de como as condici\u00f3ns materiais da existencia infl\u00faen na creaci\u00f3n art\u00edstica. \u201cXa s\u00f3 por lox\u00edstica&#8230; Aqu\u00ed \u00e9 m\u00e1is doado atoparnos; fixemos unha chea de ensaios, iso tam\u00e9n se nota \u00e1 hora de montar os temas. Antes quedabamos un d\u00eda cada tres ou catro semanas, agora o proceso \u00e9 m\u00e1is amodo\u201d, exp\u00f3n Iago.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Noar - Horizonte de sucesos\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/MEYURmqLl1M?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>O cantante e guitarrista levan unha vida tocando xuntos en proxectos do m\u00e1is variado, dende Catpeople \u2013onde exerceron de m\u00fasicos de directo- ata Glass of Water ou Barcevedra, por citar alg\u00fans. En Noar, ag\u00e1s o tema \u2018Materia oscura\u2019 que escribiron entre os dous, cada un leva as s\u00faas composici\u00f3ns, sempre abertas \u00e1s achegas do outro.\u00a0<strong>\u201cTemos bagaxe en com\u00fan pero tam\u00e9n cousas que nos diferencian; o que mola \u00e9 chegar a un lugar compartido partindo de sitios distintos\u201d<\/strong>, razoa Iago. Xa o mesmo instrumento natural de cada un, a guitarra e a voz, condiciona a forma de escribir. Fala Rub\u00e9n: \u201cA mi\u00f1a forma de compo\u00f1er \u00e9 moi aberta, deixo moito \u00e1 imaxinaci\u00f3n do int\u00e9rprete. El mete unhas guitarras incribles, con esas texturas que vai tecendo; inda que te\u00f1a unha idea pechada dun tema, de s\u00fapeto hai cousas que brillan diferente. E iso conv\u00e9rtese en Noar\u201d.\u00a0<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"666\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Ruben-e-Iago-levan-tocando-tanto-tempo-xuntos-que-non-caben-nun-pe-de-foto-todos-os-proxectos-que-compartiron.-J.-Lores.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-513\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Ruben-e-Iago-levan-tocando-tanto-tempo-xuntos-que-non-caben-nun-pe-de-foto-todos-os-proxectos-que-compartiron.-J.-Lores.jpg 1000w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Ruben-e-Iago-levan-tocando-tanto-tempo-xuntos-que-non-caben-nun-pe-de-foto-todos-os-proxectos-que-compartiron.-J.-Lores-300x200.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Ruben-e-Iago-levan-tocando-tanto-tempo-xuntos-que-non-caben-nun-pe-de-foto-todos-os-proxectos-que-compartiron.-J.-Lores-768x511.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Rub\u00e9n e Iago levan tocando tanto tempo xuntos que non caben nun p\u00e9 de foto todos os proxectos que compartiron. | J. Lores<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Esa forma de funcionar non opera s\u00f3 no musical; durante a entrevista un par de veces parten de puntos discrepantes para chegar a un consenso. Por exemplo, Rub\u00e9n explica a s\u00faa afirmaci\u00f3n, nunha entrevista coa revista A Movida, de que todos os m\u00fasicos est\u00e1n tolos.<\/p>\n\n\n\n<p>Rub\u00e9n: Se cadra d\u00edxeno porque a linguaxe na que nos sentimos m\u00e1is c\u00f3modos \u00e9 a dos sons (&#8230;)&nbsp;<strong>As cousas non pasan tanto pola cabeza, sen\u00f3n polas entra\u00f1as.&nbsp;<\/strong>El non est\u00e1 de acordo.<\/p>\n\n\n\n<p>Iago: \u201cPenso que podemos ser coma calquera outro colectivo; hai m\u00fasicos tolos, m\u00fasicos c\u00ednicos, etc. Son m\u00e1is prosaico.<\/p>\n\n\n\n<p>Rub\u00e9n: Posiblemente te\u00f1as raz\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Noar - Tallers 65\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/VGdV0zTsSo0?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>As letras de Noar seguen a li\u00f1a que Rub\u00e9n v\u00e9n desenvolvendo nos seus \u00faltimos proxectos, coma Bliusvai: \u201cNestes anos case sempre escribo sobre o mesmo, sobre a humanidade, sobre escoitarnos a n\u00f3s mesmos, sobre o que perdemos do mundo natural.<a href=\"https:\/\/afondo.farodevigo.es\/gran-vigo\/no-hay-vigo-b-viaje-a-los-efectos-de-la-crisis-climatica.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">&nbsp;Todo o que estamos a constru\u00edr \u00e9 unha tolemia.<\/a>&nbsp;Estou preocupado polo planeta, \u00e9 o que me sae\u201d. Nese contexto non te\u00f1en cabida un certo tipo de textos pretendidamente rom\u00e1nticos.<strong>&nbsp;\u201cHai letras de amor que fan moito dano<\/strong>. \u2018Sen ti non son nada\u2019, \u2018se non est\u00e1s morro\u2019&#8230; todo ese tipo de lecturas non te\u00f1en moito sentido no mundo no que estamos e por\u00e9n hai moita xente que segue nesa onda (&#8230;) Axudan a crear estes sistemas de celos e comportamentos negativos\u201d, argumenta. Con frecuencia, o cantante cambia versos dos est\u00e1ndares de jazz que fai cando te\u00f1en ese tipo de clix\u00e9s, como con \u2018Some day my prince will come\u2019.<\/p>\n\n\n\n<p>Rub\u00e9n e Iago, xa cunha traxectoria e con experiencia f\u00f3ra, ven a situaci\u00f3n da m\u00fasica en Vigo con sentimentos encontrados. Dunha parte, salientan a calidade e variedade das propostas \u2013\u201cnon ten nada que envexar a outras cidade de Europa\u201d-; doutra, l\u00e1ianse da precaria situaci\u00f3n do mundo cultural.<strong>&nbsp;\u201cNon hai apoio institucional, a iniciativa \u00e9 particular sempre, e as\u00ed \u00e9 moi dif\u00edcil crear unha escena.<\/strong>&nbsp;Fai falta respaldo dende atr\u00e1s, unha infraestrutura, xerar interese para a poboaci\u00f3n\u201d, esgrime Iago. Rub\u00e9n considera que falla a comunicaci\u00f3n e que, m\u00e1is que cuesti\u00f3n de cartos, con algunhas ideas neste eido poder\u00edase chegar a m\u00e1is xente. No caso de Noar, asumen, o seu p\u00fablico non vai ser masivo: \u201cTr\u00e1tase de facer cousas dignas, que a xente \u00e1 que lle interese poida escoitalo con calidade e que iso sexa unha marca desta cidade. A marca agora \u00e9 outra\u201d.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Noar - Luz naialba\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/6qLVXHUrPqw?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">A M\u00daSICA DE VIGO, EN SEIS PREGUNTAS<\/h3>\n\n\n\n<p><strong>O voso grupo\/artista de Vigo favorito:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Rub\u00e9n Fern\u00e1ndez: Hai moitos, poder\u00eda dicir:&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/su-garrido-pombo.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">Su Garrido Pombo.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Iago Marta:&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/loiros.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">Loiros.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un sitio para tocar en Vigo<\/strong>:<\/p>\n\n\n\n<p>Rub\u00e9n Fern\u00e1ndez e Iago Marta: Sala Kominsky.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O mellor concerto de Castrelos:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Rub\u00e9n Fern\u00e1ndez: O Festival de Jazz que nunca se fixo.<\/p>\n\n\n\n<p>Iago Marta: Deep Purple.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un grupo\/artista de Vigo ao que reivindicar e que non ten o reco\u00f1ecemento que merece.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Rub\u00e9n Fern\u00e1ndez: Hai moitos,&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/loiros.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">Loiros<\/a>&nbsp;\u00e9 un bo exemplo.<\/p>\n\n\n\n<p>Iago Marta:&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/iago-fernandez-bateria-jazz.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">Iago Fern\u00e1ndez.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><strong>The next big thing da escena viguesa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Rub\u00e9n Fern\u00e1ndez: A mistura de estilos cun efervescente novo folk.<\/p>\n\n\n\n<p>Iago Marta: O novo disco de&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/trilitrate.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">Trilitrate.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que opinades da escena musical en Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Rub\u00e9n Fern\u00e1ndez: Penso que \u00e9 moi intensa pero falta comunicaci\u00f3n, dos m\u00fasicos e os pequenos programadores non tanto, pero a xente ten que darse conta de que a m\u00fasica de verdade est\u00e1 fora da s\u00faa casa, nos concertos, e a comunicaci\u00f3n de todo o entramado cultural local est\u00e1 moi agochada. Se as persoas de Vigo sa\u00edsen m\u00e1is a concertos locais decatar\u00edanse da cidade na que viven culturalmente.<\/p>\n\n\n\n<p>As luces son m\u00e1quinas, a m\u00fasica fana as persoas e \u00e9 aut\u00e9ntica. Xa non existe o festival de teatro, tampouco o festival de jazz, que ser\u00e1 o seguinte? Menos mal que os que amamos o arte seguimos vivos facendo cousas.<\/p>\n\n\n\n<p>Iago Marta: Moito talento, pouca difusi\u00f3n do mesmo e nulo apoio institucional.\u00a0<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">QUEN \u00c9 QUEN<\/h3>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-media-text is-stacked-on-mobile\"><figure class=\"wp-block-media-text__media\"><img decoding=\"async\" width=\"683\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Noar_Ruben-Fernandez-J-Lores-683x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-514 size-full\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Noar_Ruben-Fernandez-J-Lores-683x1024.jpg 683w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Noar_Ruben-Fernandez-J-Lores-200x300.jpg 200w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Noar_Ruben-Fernandez-J-Lores-768x1152.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Noar_Ruben-Fernandez-J-Lores.jpg 1000w\" sizes=\"(max-width: 683px) 100vw, 683px\" \/><\/figure><div class=\"wp-block-media-text__content\">\n<p><strong>Rub\u00e9n Fern\u00e1ndez: voz<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Conta cunha ampla formaci\u00f3n, que comezou en Vigo e continuou na escola superior de Catalu\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p>Colaborou no&nbsp;<em>Small Axe&nbsp;<\/em>de Adri\u00e0 Plana &amp; Robert Nesta Songs, no&nbsp;<em>Araguaia<\/em>&nbsp;de Carles Cases ou no<em>&nbsp;Marr\u00f3 sobre blau<\/em>&nbsp;do quinteto de Rai Ferrer.<\/p>\n\n\n\n<p>De volta en Vigo, \u00e9 o coordinador do&nbsp;Mayeusis CEMU Superior e profesor en la&nbsp;Escola Estudio&nbsp;de Santiago, ademais de asiduo nas jam sessions de La Casa de Arriba, El Contrabajo ou a sala Kominsky,<\/p>\n\n\n\n<p>Bliusvai \u00e9 o seu \u00faltimo proxecto en solitario, pero no seu curr\u00edculo tam\u00e9n figura como co-l\u00edder en traballos de Why Go ou outro d\u00fao con Andreu Zaragoza.<\/p>\n<\/div><\/div>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-media-text has-media-on-the-right is-stacked-on-mobile\"><div class=\"wp-block-media-text__content\">\n<p><strong>Iago Marta: guitarra<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n formado en Barcelona, no Conservatorio do Liceu, na especialidade de guitarra el\u00e9ctrica de jazz, formou parte de proxectos musicais moi diversos como Catpeople, Recitals a domicili ou Yexza Lara Quartet. Tam\u00e9n gravou un disco co seu propio tr\u00edo de jazz e tocou con m\u00fasicos como Sebasti\u00e1n Merlin, Jordi Bonell, Roger Blavia, Jon Robles, Pablo Selnik e Felix Rossy.<\/p>\n\n\n\n<p>Nos \u00faltimos anos, o guitarrista e compositor centrouse na m\u00fasica de imaxe. Compuxo a banda sonora das curtametraxes&nbsp;<em>As vacas de Wisconsin<\/em>&nbsp;(2016) e&nbsp;<em>Nelson<\/em>&nbsp;(2016), de Eldedoenelojo. Tam\u00e9n compuxo para curtametraxes documentais como&nbsp;<em>O Castelo da froita<\/em>&nbsp;(2017) e traballa actualmente noutros proxectos de ficci\u00f3n, animaci\u00f3n e teatro.<\/p>\n<\/div><figure class=\"wp-block-media-text__media\"><img decoding=\"async\" width=\"683\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/noar_iago-683x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-515 size-full\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/noar_iago-683x1024.jpg 683w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/noar_iago-200x300.jpg 200w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/noar_iago-768x1152.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/noar_iago.jpg 1000w\" sizes=\"(max-width: 683px) 100vw, 683px\" \/><\/figure><\/div>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">PLAYLIST<\/h3>\n\n\n\n<iframe style=\"border: 0; width: 100%; height: 120px;\" src=\"https:\/\/bandcamp.com\/EmbeddedPlayer\/album=2343382348\/size=large\/bgcol=ffffff\/linkcol=0687f5\/tracklist=false\/artwork=small\/transparent=true\/\" seamless><a href=\"https:\/\/noar.bandcamp.com\/album\/ao-vivo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ao vivo de Noar<\/a><\/iframe>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>IN VIVO VERITAS En tempos acomodados, nos que toda a cultura e tam\u00e9n o lecer m\u00e1is banal semellan estar a golpe de clic, erguerse do sof\u00e1 para ir ver un concerto estase a converter nun acto de resistencia, sobre todo se os que tocan son m\u00fasicos locais e non a \u00faltima banda de moda. Ante [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":517,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-512","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-musica-se-vive-con-v-de-vigo"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/512","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=512"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/512\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media\/517"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=512"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=512"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=512"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}