
{"id":559,"date":"2019-12-06T14:20:00","date_gmt":"2019-12-06T13:20:00","guid":{"rendered":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/?p=559"},"modified":"2025-05-19T10:08:57","modified_gmt":"2025-05-19T08:08:57","slug":"leo-matama-arremecaghona","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/leo-matama-arremecaghona\/","title":{"rendered":"O&#8217;Leo"},"content":{"rendered":"\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>PO\u00c9TICA OPTIMISTA DA IMPERFECCI\u00d3N<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>Leonardo Fern\u00e1ndez Campos \u00e9 un home en guerra. Fala da arte, da situaci\u00f3n do galego, de escribir e gravar canci\u00f3ns, en fin, de pol\u00edtica, cun discurso inzado de met\u00e1foras b\u00e9licas. Un soldado m\u00e1is no<strong>\u00a0\u201cex\u00e9rcito de punks\u201d<\/strong>\u00a0que para el debe ser a cultura, pres\u00e9ntase nas m\u00faltiples frontes con disfraces varios -de axitador, de fil\u00f3logo, de poeta, de docente- pero a peito descuberto, sen m\u00e1is escudo que o humor. Ao (pen)\u00faltimo campo de batalla vai como\u00a0<strong>O\u2019Leo de Matam\u00e1<\/strong>, reivindicaci\u00f3n, ao seu xeito, da figura do cantautor cl\u00e1sico, de Woody Guthrie e de Suso Vaamonde. V\u00e9n de publicar en internet\u00a0<em>S\u00e9 [mente de vencer]<\/em>, que en formato f\u00edsico s\u00f3 sair\u00e1 en cintas de casete, soporte no que foi gravado, e que hoxe mesmo comeza a presentar en directo.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201c\u00c1 derrota nin un pensamento lle dedico\u201d, proclama o home que hai m\u00e1is de 20 anos se deu a co\u00f1ecer baixo o nome de<strong>\u00a0Leo i Arremec\u00e1ghona\u00a0<\/strong>ao pouco de comezar a entrevista, para a que nos citou no Quiosco das Almas Perdidas. Como para non ser optimista; se ese primeiro luns de decembro brillaba o sol\u00a0<a href=\"https:\/\/afondo.farodevigo.es\/gran-vigo\/tiempo-vigo-lluvia.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">logo dun mes de dioivo<\/a>, ser\u00e1 que outro mundo \u00e9 posible. Chega ao local en bicicleta tras achegarse en tren \u00e1 s\u00faa cidade natal dende Vilagarc\u00eda, onde agora d\u00e1 clases. A gravadora rexistra a conversa e un barullo de fondo impropio do baleiro que est\u00e1 o bar a esas horas da tarde. Tam\u00e9n\u00a0<em>S\u00e9 [mente de vencer]<\/em>\u00a0est\u00e1 atravesado por un zoar constante, neste caso anal\u00f3xico, que d\u00e1 continuidade a estas 10 (m\u00e1is unha oculta) canci\u00f3ns protesta para os anos 20.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/OLeo-escolleu-para-entrevista-un-clasico-do-lumpen-e-da-vida-portuaria.-Logo-pediu-un-cafe-so.-Marta-G.-Brea-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-562\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/OLeo-escolleu-para-entrevista-un-clasico-do-lumpen-e-da-vida-portuaria.-Logo-pediu-un-cafe-so.-Marta-G.-Brea-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/OLeo-escolleu-para-entrevista-un-clasico-do-lumpen-e-da-vida-portuaria.-Logo-pediu-un-cafe-so.-Marta-G.-Brea-300x200.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/OLeo-escolleu-para-entrevista-un-clasico-do-lumpen-e-da-vida-portuaria.-Logo-pediu-un-cafe-so.-Marta-G.-Brea-768x512.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/OLeo-escolleu-para-entrevista-un-clasico-do-lumpen-e-da-vida-portuaria.-Logo-pediu-un-cafe-so.-Marta-G.-Brea-1536x1024.jpg 1536w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/OLeo-escolleu-para-entrevista-un-clasico-do-lumpen-e-da-vida-portuaria.-Logo-pediu-un-cafe-so.-Marta-G.-Brea.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>O&#8217;Leo escolleu para entrevista un cl\u00e1sico do lumpen e da vida portuaria. Logo pediu un caf\u00e9 s\u00f3. | Marta G. Brea<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>\u201cO disco m\u00e1is famoso deste sistema debe de ser o&nbsp;<em>Nebraska<\/em>, de&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/sociedad-cultura\/2013\/09\/26\/bruce-springsteen-5-canciones\/884968.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">Bruce Springsteen<\/a>, que tam\u00e9n ten ese ru\u00eddo. Se non o tivese botar\u00edao de menos, m\u00f3lame que estea. Rem\u00edteche \u00e1 cinta. Imos acabar botando de menos a sucidade\u201d. El reivindica esa impureza coma \u201cun instrumento m\u00e1s\u201d neste traballo. Ata agora, conta, todas as s\u00faas gravaci\u00f3ns parec\u00edanlle limpas de m\u00e1is, inda que el as emporcase coa s\u00faa forma de tocar nos instrumentos baratos que utiliza.<strong>&nbsp;\u201cQuer\u00eda que tivese esa calor, esa textura anal\u00f3xica\u201d<\/strong>&nbsp;que tanto se leva, pero, por custos, desbotou a f\u00f3rmula de gravar en dixital e envorcalo logo en cinta magn\u00e9tica e apostou por un vello catro pistas (para os interesados, m\u00e1is detalles t\u00e9cnicos en&nbsp;<a href=\"https:\/\/arremecaghona.bandcamp.com\/\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">https:\/\/arremecaghona.bandcamp.com<\/a>). Co \u00e1nimo de Marcos Paino -\u201dde el f\u00edome moit\u00edsimo, \u00e9 un crack\u201d- botouse \u00e1 piscina e logo deixou a mestura en mans de Mig Seoane, ao que esperou a que volvese de \u00c1frica. Conclusi\u00f3n: \u201cMarabilla, estou moi contento\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>A fita -\u201dnon sei como chamarlle; deume un punto diferencialista, coma \u00e1 Xeraci\u00f3n N\u00f3s, debe de ser porque estou explicando iso no instituto. Todo son ap\u00f3strofes, e ve\u00f1a fita, ve\u00f1a face a, ve\u00f1a face b&#8230; Frikismo filol\u00f3xico puro e duro\u201d- non soa a vello, soa atemporal. Coma esas primeiras gravaci\u00f3ns dos\u00a0<em>bluesmen<\/em>, metidos sos no estudio coa s\u00faa guitarra, coa s\u00faa voz e cun micro.\u00a0O\u2019Leo (de Matam\u00e1), nunhas poucas tomas en directo, canta profundo e toca a ac\u00fastica<strong>\u00a0\u00e1s veces con urxencia punk, outras con intenci\u00f3n ruidista<\/strong>, sen m\u00e1is recurso que un\u00a0<em>slide<\/em>. Completa a \u2018monobanda\u2019 con harm\u00f3nica, asub\u00edo e o pequeno kit de bater\u00eda que armou el mesmo e que fai soar cos p\u00e9s. Reivindica unha po\u00e9tica da imperfecci\u00f3n, que fai comezar en Bob Dylan e que se consagra a finais dos 70 cos Sex Pistols e compa\u00f1\u00eda. \u201cComo \u00e9 posible que Dylan cante? Todo deus cantaba guai antes ca el. Iso \u00e1brelle as portas ao punk, a que desafinemos, tam\u00e9n a prop\u00f3sito (&#8230;) A cousa vai m\u00e1is cara a a\u00ed, a t\u00e9cnica tam\u00e9n \u00e9 fetichista. Ata que que punto o avance non consiste en desafiar os canons ret\u00f3ricos anteriores?\u201d<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"684\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/E-de-parroquia-interior-pero-tamen-se-apana-no-mar.-Christian-Perez-1024x684.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-563\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/E-de-parroquia-interior-pero-tamen-se-apana-no-mar.-Christian-Perez-1024x684.jpg 1024w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/E-de-parroquia-interior-pero-tamen-se-apana-no-mar.-Christian-Perez-300x200.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/E-de-parroquia-interior-pero-tamen-se-apana-no-mar.-Christian-Perez-768x513.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/E-de-parroquia-interior-pero-tamen-se-apana-no-mar.-Christian-Perez-1536x1025.jpg 1536w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/E-de-parroquia-interior-pero-tamen-se-apana-no-mar.-Christian-Perez.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>\u00c9 de parroquia interior, pero tam\u00e9n se apa\u00f1a no mar. | Christian P\u00e9rez<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Malia todas estas disquisici\u00f3ns, reivind\u00edcase cantautor. O cal tam\u00e9n ten os seus paradoxos retranqueiros: \u201cUn cantautor de esquerdas \u00e9 un ghicho que quere mover a comunidade, pero \u00e9 un t\u00edo s\u00f3. Hai unha contradici\u00f3n a\u00ed nos medios de produci\u00f3n que intentamos solucionar dalgunha forma\u201d, chancea. Como por exemplo coa s\u00faa xuntanza, baixo o nome de Os tres p\u00e9s, con Roberto Sobrado e Pepe Constenla, cos que vai sacar un disco de homenaxe a Suso Vaamonde. Tampouco desbota O\u2019Leo retomar algunha das bandas nas que militou:&nbsp;<strong>Labregos no tempo dos Sputniks, que argallou onda MC Garc\u00eda, e Das Kapital<\/strong>, m\u00e1xima expresi\u00f3n do desacougo subversivo en tempos nos que ata a dereita chamaba a \u201crefundar o capitalismo\u201d. \u201cDeix\u00e1molo por unha cuesti\u00f3n de concepto. Despois de chamar a revoluci\u00f3n con tres discos e que non vi\u00f1ese&#8230;\u201d Con Marcos Paino, que tam\u00e9n estaba no comando, encetou agora outro proxecto que mestura m\u00fasica tradicional e electr\u00f3nica. \u201c\u00c9 un concepto guai, unha especie de factor\u00eda no que se xunten colegas e xente da m\u00fasica para sacar EP coma churros, probar e experimentar\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Por se algu\u00e9n non o sab\u00eda, todo esta actividade -nin falamos doutro dos seus heter\u00f3nimos, o cantante pop En-Riquinho, que tam\u00e9n ten un disco pendente- \u00e9 no seu tempo de lecer. Noutra vida, Leonardo Fern\u00e1ndez Campos \u00e9 fil\u00f3logo e docente de galego. Alg\u00fan problema tivo pola s\u00faa dobre (ou qu\u00edntupla) condici\u00f3n -un pai queixouse do profe ese que sa\u00eda co c\u00fa ao aire no v\u00eddeo de \u2018Rural love\u2019, algu\u00e9n tivo a ben colocar o aviso de que a peza \u00e9 para maiores de idade- pero os rapaces reaccionan ben. \u201cIntentei escondelo, pero sempre hai alg\u00fan cun primo ou un t\u00edo que me co\u00f1ece, c\u00f3rrese a voz e&#8230;<strong>\u00a0Entenden rapidamente a diferenza entre persoa e personaxe. Dalgunha forma rompe coa cuarta parede; senten que son tan pallaso coma eles\u201d<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>A praza de mestre de secundaria tam\u00e9n \u00e9 unha boa atalaia para observar a situaci\u00f3n do idioma. \u201cEst\u00e1 fastidiado, pero non son derrotista nunca, nin cos datos en contra, e neste caso parece que tampouco est\u00e1n en contra de todo\u201d. Conta que viviu como unha traxedia o pertencer \u00e1 primeira xeraci\u00f3n da historia que ve como<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/galicia\/2019\/09\/27\/14-ninos-5-14-anos\/2177308.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">&nbsp;a porcentaxe de falantes iniciais en galego baixou do 50%<\/a>. Mais agora albisca unha certa mellora. A s\u00faa tese \u00e9 que a nova onda de emigraci\u00f3n a causa da crise fortaleceu o v\u00ednculo coa casa.<strong>&nbsp;\u201cTemos este paradoxo tam\u00e9n, somos da idea radical e progresista de conservar\u201d<\/strong>. E a m\u00fasica, considera, tam\u00e9n xogou o seu papel, con toda a \u201cenxurrada\u201d de bandas que dende mediados dos 2000 empregou a lingua propia en calquera estilo, non s\u00f3 no folk ou no brav\u00fa. \u201cO crecemento en calidade e en cantidade est\u00e1 a ser exponencial. Esa \u00e9 unha das claves, \u00e9 dos poucos \u00e1mbitos de uso -cita tam\u00e9n a internet- que si estamos conseguindo cubrir\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"&quot; Coristanco \u00dcber Alles&quot; - O Leo Arremec\u00e1ghona\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/r0_C_Dd9KX4?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>A estas alturas pouca xente con interese na m\u00fasica popular en Galicia vaise escandalizar por algunha das intervenci\u00f3ns do Leo, en calquera das s\u00faas facianas, pero en tempos de redes sociais \u00e1s veces pasan cousas sorprendentes. Por exemplo, que unha canci\u00f3n interpretada na TVG se volva viral en Catalu\u00f1a.<strong>&nbsp;Ocorreu hai unhas semanas no&nbsp;<em>Land Rober<\/em><\/strong>, onde cantou a daquela sen nome -p\u00faxollo sobre a marcha, na proba de son botara outra- \u2018Outubro \u201817\u2019, sobre o movemento independentista, con homenaxe a Lluis Llach e citas de Els Segadors. Rematou cun \u2018Visca Catalunya lliure\u2019, un lema que nestes tempos soou case revolucionario. \u201c\u00c9 que \u00e9 moi tolo que non se poida facer iso. A performance consiste niso, en evidenciar os niveis paup\u00e9rrimos nos que est\u00e1 a liberdade de expresi\u00f3n nos medios p\u00fablicos deste pa\u00eds\u201d. (O v\u00eddeo est\u00e1 dispo\u00f1ible en Youtube cunha b\u00fasqueda sinxela).<\/p>\n\n\n\n<p>Cando O\u2019Leo de Matam\u00e1 comezaba a\u00a0<em>telonear<\/em>\u00a0a Leo i Arremec\u00e1ghona -unha idea, por certo, que tomou de El Chaval de la Peca- estaba en auxe o programa\u00a0<em>Apologhit<\/em>, un concurso que contribu\u00edu a dalo a co\u00f1ecer. \u201cTodo o mundo pod\u00eda participar, era marabilloso.\u00a0<strong>Estou moi a favor diso, o punk somos todos.<\/strong>\u00a0A cultura ten que ser un ex\u00e9rcito de punks\u201d. Cree que ese modelo horizontal estase a impor, por exemplo, en plataformas como Bandcamp. \u201cA m\u00fasica e a arte, como dic\u00edan os situacionistas, ten que servir para liberarse, cada unha. Creo niso, nun ex\u00e9rcito de pe\u00f1a facendo o que lle gusta e intentando chegar \u00e1 xente que lle poida prestar\u201d.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">La m\u00fasica de Vigo, en seis preguntas<\/h3>\n\n\n\n<p><strong>O teu grupo\/artista de Vigo favorito<\/strong>:<\/p>\n\n\n\n<p>O&#8217;Leo: C\u00e9 Orquestra Pantasma.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un sitio para tocar en Vigo<\/strong>:<\/p>\n\n\n\n<p>O&#8217;Leo: O Batall\u00f3n Bai\u00faca ou o Rikitr\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O mellor concerto de Castrelos:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O&#8217;Leo: Leonard Cohen. Non fun porque ti\u00f1a bolo. Nunca o vin en directo. Pero cont\u00e1ronmo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un grupo\/artista de Vigo ao que reivindicar e que non ten o reco\u00f1ecemento que merece<\/strong>:<\/p>\n\n\n\n<p>O&#8217;Leo: Igmig. Xa te\u00f1en reco\u00f1ecemento, pero par\u00e9ceme pouco para o que son e fan.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>The next big thing da escena viguesa<\/strong>:<\/p>\n\n\n\n<p>O&#8217;Leo: Zurraspa (zurraspa.bandcamp.com).<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que opinas da escena musical en Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O&#8217;Leo: Que na finde segue sendo a mellor bisbarra da Galiza pra ir escoitar m\u00fasica en directo a unha sala ou un bar. E co<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/gran-vigo\/2019\/11\/27\/luces-desatan-retranca-redes\/2208817.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">\u00a0luser\u00edo<\/a>\u00a0non te perdes.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">QUEN \u00c9<\/h3>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-gallery has-nested-images columns-2 is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\">\n<figure data-wp-context=\"{&quot;imageId&quot;:&quot;69d480b7e18ce&quot;}\" data-wp-interactive=\"core\/image\" data-wp-key=\"69d480b7e18ce\" class=\"wp-block-image size-full wp-lightbox-container\"><img decoding=\"async\" width=\"1600\" height=\"2400\" data-wp-class--hide=\"state.isContentHidden\" data-wp-class--show=\"state.isContentVisible\" data-wp-init=\"callbacks.setButtonStyles\" data-wp-on--click=\"actions.showLightbox\" data-wp-on--load=\"callbacks.setButtonStyles\" data-wp-on-window--resize=\"callbacks.setButtonStyles\" data-id=\"567\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/leo-carnet.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-567\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/leo-carnet.jpg 1600w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/leo-carnet-200x300.jpg 200w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/leo-carnet-683x1024.jpg 683w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/leo-carnet-768x1152.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/leo-carnet-1024x1536.jpg 1024w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/leo-carnet-1365x2048.jpg 1365w\" sizes=\"(max-width: 1600px) 100vw, 1600px\" \/><button\n\t\t\tclass=\"lightbox-trigger\"\n\t\t\ttype=\"button\"\n\t\t\taria-haspopup=\"dialog\"\n\t\t\taria-label=\"Agrandar\"\n\t\t\tdata-wp-init=\"callbacks.initTriggerButton\"\n\t\t\tdata-wp-on--click=\"actions.showLightbox\"\n\t\t\tdata-wp-style--right=\"state.imageButtonRight\"\n\t\t\tdata-wp-style--top=\"state.imageButtonTop\"\n\t\t>\n\t\t\t<svg xmlns=\"http:\/\/www.w3.org\/2000\/svg\" width=\"12\" height=\"12\" fill=\"none\" viewBox=\"0 0 12 12\">\n\t\t\t\t<path fill=\"#fff\" d=\"M2 0a2 2 0 0 0-2 2v2h1.5V2a.5.5 0 0 1 .5-.5h2V0H2Zm2 10.5H2a.5.5 0 0 1-.5-.5V8H0v2a2 2 0 0 0 2 2h2v-1.5ZM8 12v-1.5h2a.5.5 0 0 0 .5-.5V8H12v2a2 2 0 0 1-2 2H8Zm2-12a2 2 0 0 1 2 2v2h-1.5V2a.5.5 0 0 0-.5-.5H8V0h2Z\" \/>\n\t\t\t<\/svg>\n\t\t<\/button><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>O&#8217;Leo, en modo cantautor serio. | Marta G. Brea<\/em><\/figcaption><\/figure>\n<\/figure>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">O&#8217;Leo: voz e &#8216;monobanda&#8217;<\/h4>\n\n\n\n<p>Leonardo Fern\u00e1ndez Campos (Matam\u00e1, 1974) aprendeu a tocar na guitarra coas canci\u00f3ns de Silvio Rodr\u00edguez, pero \u00e1 hora de subir aos escenarios optou polo disfrace de cantautor punk, co nome de Leo i Arremec\u00e1ghona. Con ese heter\u00f3nimo sacou<em>&nbsp;Suspiros de Ka\u00f1a<\/em>&nbsp;(1998),&nbsp;<em>Aghomita, campi\u00f3n!<\/em>&nbsp;(2007),&nbsp;<em>Sigho (vivo)<\/em>&nbsp;(2007),&nbsp;<em>A neurona na patineta<\/em>&nbsp;(2012) e&nbsp;<em>Ostia<\/em>&nbsp;(2015).<\/p>\n\n\n\n<p><em>S\u00e9 [mente de vencer<\/em>] (2019) \u00e9 o primeiro traballo como O&#8217;Leo de Matam\u00e1, e ten pendente un do fillo pop, En-Riqui\u00f1o. Formou Labregos no tempo dos Sputniks con MC Garc\u00eda e puxo voz a Das Kapital.<\/p>\n\n\n\n<p>Publicou o libro de poemas&nbsp;<em>Hai cu<\/em>&nbsp;(Editorial Xerais, 2007).<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">PLAYLIST<br><\/h3>\n\n\n\n<iframe style=\"border: 0; width: 100%; height: 120px;\" src=\"https:\/\/bandcamp.com\/EmbeddedPlayer\/album=3527041370\/size=large\/bgcol=ffffff\/linkcol=0687f5\/tracklist=false\/artwork=small\/transparent=true\/\" seamless><a href=\"https:\/\/arremecaghona.bandcamp.com\/album\/s-mente-de-vencer\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">s\u00e9 [mente de vencer] de o&#39;leo de matam\u00e1<\/a><\/iframe>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>PO\u00c9TICA OPTIMISTA DA IMPERFECCI\u00d3N Leonardo Fern\u00e1ndez Campos \u00e9 un home en guerra. Fala da arte, da situaci\u00f3n do galego, de escribir e gravar canci\u00f3ns, en fin, de pol\u00edtica, cun discurso inzado de met\u00e1foras b\u00e9licas. Un soldado m\u00e1is no\u00a0\u201cex\u00e9rcito de punks\u201d\u00a0que para el debe ser a cultura, pres\u00e9ntase nas m\u00faltiples frontes con disfraces varios -de axitador, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":802,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-559","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-musica-se-vive-con-v-de-vigo"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/559","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=559"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/559\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media\/802"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=559"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=559"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=559"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}