
{"id":576,"date":"2020-01-04T14:33:00","date_gmt":"2020-01-04T13:33:00","guid":{"rendered":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/?p=576"},"modified":"2025-04-18T12:53:39","modified_gmt":"2025-04-18T10:53:39","slug":"caldo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/caldo\/","title":{"rendered":"Caldo"},"content":{"rendered":"\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>UNHA RECEITA NOVA PARA O FOLK<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>No territorio difuso onde conviven tradici\u00f3n e innovaci\u00f3n recolle Caldo os ingredientes para a s\u00faa receita: melod\u00edas e letras da m\u00fasica popular galega postas en contextos sonoros que parten das influencias m\u00e1is diversas. Fan folk, pero non soan exactamente folk. Ou \u00e1 inversa. Quizais por iso, este tr\u00edo vigu\u00e9s de formato ac\u00fastico \u2013guitarra, viol\u00edn e voz- atopa m\u00e1is acubillo na intimidade das salas que nos grandes festivais do x\u00e9nero. En todo caso, son&nbsp;<strong>unha das grandes revelaci\u00f3ns do panorama musical galego de 2019<\/strong>&nbsp;e comezan 2020 igual que ent\u00f3n, cun concerto en Vigo o 4 de xaneiro. Se daquela actuaran nunha sala Kominsky na que quedou xente f\u00f3ra este s\u00e1bado tocar\u00e1n con Baiuca na Mondo, no contexto do&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/cultura\/2019\/12\/18\/vigo-le-guina-ojo-europa\/2219717.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">festival Ciclicka.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Quedamos coa violinista Mar\u00eda Jorge, co guitarrista Pedro Fari\u00f1as e coa cantareira e pandereteira Ana\u00efs Barbier un s\u00e1bado de<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/gran-vigo\/2019\/12\/25\/luces-navidad-vigo-llegan-nueva\/2222501.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">&nbsp;aluvi\u00f3n de Nadal<\/a>&nbsp;na Praza dos Pescadores, no que deb\u00eda de ser o \u00fanico recuncho de paz no centro da cidade. Amosan na conversa&nbsp;<strong>a mesma complicidade que se percibe enriba do escenario<\/strong>; inda que o proxecto ten pouco m\u00e1is dun ano levan moito tempo compartindo a s\u00faa paix\u00f3n pola m\u00fasica tradicional. Varias veces durante a entrevista vanse completando os argumentos, como engadindo elementos a unha composici\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>-Mar\u00eda: N\u00f3tase un mont\u00f3n cando empatas coa xente coa que est\u00e1s a&nbsp;tocar.<\/p>\n\n\n\n<p>-Pedro e Ana\u00efs: Si!<\/p>\n\n\n\n<p>-Ana\u00efs: De feito enc\u00e1ntanos facer un\u00edsonos [tocar a mesma nota \u00e1 vez todos os instrumentos].<\/p>\n\n\n\n<p>-Mar\u00eda: \u00c9 que&nbsp;<em>es la leche.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>-Ana\u00efs: Que viol\u00edn, voz e gaita [Pedro t\u00f3caa nalgunha peza] parezan unha soa cousa,&nbsp;<strong>que non se note que \u00e9 cada instrumento.<\/strong>&nbsp;Estamos todo o tempo escoit\u00e1ndonos moit\u00edsimo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Moscoso Noit\u00e9brego - Caldo feat Ana\u00efs Barbier\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/mStRJxHXmKM?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Como nas melod\u00edas, tam\u00e9n as letras son tiradas da tradici\u00f3n, ag\u00e1s un tema, \u2018Moscoso noit\u00e9brego\u2019, escrito polo seu amigo Gabriel Reboredo. Ana\u00efs, que disp\u00f3n dunha enorme recollida feita por Xisco Feijoo a Rosa e Aida, d\u00faas irm\u00e1s da zona de Moscoso, botou tempo para escolmar os textos que m\u00e1is lle transmit\u00edan e m\u00e1is pod\u00edan transmitir.<strong>&nbsp;O resultado abraia pola s\u00faa sinxeleza e fondura atemporal.&nbsp;<\/strong>\u201cTi\u00f1an canci\u00f3ns espec\u00edficas para cada tarefa -para sementar, para labrar-, e dentro diso cantaban moit\u00edsimas letras. O que intento \u00e9 non cinguirme a un traballo concreto. Foron moitas horas vendo o estilo da se\u00f1ora, como canta, como interpreta. Emp\u00e1paste. Son letras moi bonitas\u201d, explica.<\/p>\n\n\n\n<p>Caldo son, xunto con Loiros, a \u00faltima incorporaci\u00f3n do colectivo Metamovida. Con eles tocaron no Liceo Mutante e planean facer m\u00e1is datas. Cando se lles pregunta pola s\u00faa relaci\u00f3n cunha banda tan afastada estilisticamente, xorde unha reflexi\u00f3n que ben vale para resumir o esp\u00edrito musical que os anima. Fala Pedro: \u201cN\u00f3s facemos folk e&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/loiros.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">eles o seu rollo progresivo tolo<\/a>, pero ao final falamos do mesmo, de rachar as estruturas, de crear ambientes sonoros distintos&#8230; Compartimos moitas cousas inda que non fagamos a mesma m\u00fasica\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Caldo - Fandango CF 16\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/PvrqQzndIaY?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Coment\u00e1base arriba a importancia das letras, pero a banda naceu coma un tr\u00edo instrumental, con guitarra, viol\u00edn e acorde\u00f3n. Logo do prematuro abandono do acordeonista, Mar\u00eda e Pedro decidiron continuar pola s\u00faa conta e gravar un disco en formato d\u00fao, pero para darlle un pouco de variedade nos timbres decidiron recrutar a\u00a0<strong>Ana\u00efs \u00e1 voz en tres temas.\u00a0<\/strong>A cousa funcionou tan ben que xa forma parte do grupo, inda que siga habendo canci\u00f3ns sen texto. A idea \u00e9 indagar en todas as sonoridades e as posibles combinaci\u00f3ns entre os tres membros. \u201cCo pouco que temos tr\u00e1tase de explotalo\u201d, comentan. \u201cM\u00f3lanos moito currar dende o minimalismo, dende o baleirar as cousas\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-4-3 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Albor en Moscoso\" width=\"500\" height=\"375\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/RYD3afUWlUM?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Esa aposta por eliminar artificios plasmouse no seu primeiro traballo, rexistrado no estudio Bea Besada en apenas d\u00eda e medio e tocando en directo xuntos, como cando ensaian no sal\u00f3n da casa.&nbsp;<strong>\u201cSabiamos que se grav\u00e1semos por pistas perder\u00eda a maxia\u201d<\/strong>, di Pedro. \u201cTampouco ti\u00f1amos cartos [para unha gran produci\u00f3n]\u201d, engade Ana\u00efs. Para financialo recorreron ao micro mecenado, no que conseguiron m\u00e1is do que reclamaban. E inda as\u00ed sobroulles para pouco m\u00e1is que un v\u00eddeo \u2013tam\u00e9n os fan en directo-: nas s\u00faas contas esqueceron un pequeno detalle do 21 %, o IVE. Iso si, xa venderon as primeiras 500 copias do seu debut e acaban de tirar outras tantas.<\/p>\n\n\n\n<p>Cifras que poden parecer modestas, pero que calquera que estea no mundi\u00f1o musical sabe que non son nada desprezables. Eles r\u00e9stanlle importancia e danlle m\u00e9rito ao dese\u00f1o de Mar\u00eda Carpente, tam\u00e9n violinista e&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/dadga.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">compa\u00f1eira de Mar\u00eda en Dadga<\/a>. Venden ben nos seus concertos, as\u00ed que algo ter\u00e1 que ver a s\u00faa forma de interpretar e de conectar co p\u00fablico. Polo de agora o seu h\u00e1bitat est\u00e1 nas pequenas salas, \u201csentindo a xente preto, escoit\u00e1ndonos ben, podendo facer silencios sen fallo\u201d. \u201cEn Galicia os festivais de folk adoitan ser para formatos m\u00e1is grandes, con m\u00e1is m\u00fasicos no escenario; a xente busca m\u00e1is bailar.&nbsp;<strong>O noso proxecto non entra a\u00ed, non cumprimos as caracter\u00edsticas para tocar en Ortigueira \u00e1s d\u00faas da ma\u00f1\u00e1\u201d<\/strong>, reflexiona Pedro. \u201cTampouco iamos estar moi c\u00f3modas\u201d, engade Mar\u00eda, que, coma os seus compa\u00f1eiros, fai uso da linguaxe inclusiva durante toda a conversa: \u201cNon queremos esconder as nosas ideolox\u00edas inda que non as po\u00f1amos enriba da mesa con&nbsp;<em>brilli-brilli<\/em>\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"682\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Caldo-un-trio-feliz-logo-de-que-os-deixase-o-acordeonista-quedasen-coma-duo-e-recrutasen-a-Anais.-J.-Lores.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-578\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Caldo-un-trio-feliz-logo-de-que-os-deixase-o-acordeonista-quedasen-coma-duo-e-recrutasen-a-Anais.-J.-Lores.jpg 1024w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Caldo-un-trio-feliz-logo-de-que-os-deixase-o-acordeonista-quedasen-coma-duo-e-recrutasen-a-Anais.-J.-Lores-300x200.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Caldo-un-trio-feliz-logo-de-que-os-deixase-o-acordeonista-quedasen-coma-duo-e-recrutasen-a-Anais.-J.-Lores-768x512.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Caldo, un tr\u00edo feliz, logo de que os deixase o acordeonista, quedasen coma d\u00fao e recrutasen a Ana\u00efs. | J. Lores<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">A M\u00daSICA DE VIGO, EN SEIS PREGUNTAS<\/h3>\n\n\n\n<p><strong>O voso grupo\/artista de Vigo favorito:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Mar\u00eda:&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/trilitrate.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">Trilitrate.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Ana\u00efs: Trilitrate ou&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/high-paw-reggae.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">High Paw.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Pedro: Cr\u00f3!<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un sitio para tocar en Vigo<\/strong>:<\/p>\n\n\n\n<p>Mar\u00eda, Ana\u00efs e Pedro: Sala Kominsky.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O mellor concerto de Castrelos:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Mar\u00eda:&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/sociedad-cultura\/2014\/08\/09\/jamie-cullum-convence-golpe-jazz\/1072913.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">Jamie Collum.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Ana\u00efs: Viv\u00edn un de Fuxan os Ventos que me puxo os pelos de punta (todo o p\u00fablico chorando).<\/p>\n\n\n\n<p>Pedro: Creo que o primeiro concerto que fun na mi\u00f1a vida foi o de Carlos Nu\u00f1ez en Castrelos&nbsp;no 98, e gardo un moi bo recordo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un grupo\/artista de Vigo ao que reivindicar e que non ten o reco\u00f1ecemento que merece.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Mar\u00eda: Dani Font.<\/p>\n\n\n\n<p>Ana\u00efs:&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/loiros.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">Loiros.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Pedro: Dani Font.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>The next big thing da escena viguesa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Mar\u00eda: High Paw.<\/p>\n\n\n\n<p>Ana\u00efs: Pensamos que a pr\u00f3xima \u201cincredible thing\u201d ser\u00eda unha sala de concertos acondicionada, preparada, con medios t\u00e9cnicos&#8230;e cunhas condici\u00f3ns econ\u00f3micas aceptables para xs m\u00fasicxs. \ud83d\ude42<\/p>\n\n\n\n<p>Pedro:&nbsp;O outro d\u00eda vin a \u201crArO\u201d, un proxecto de electr\u00f3nica en directo, e flipei.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que opinades da escena musical en Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Mar\u00eda: Cada vez as redes sociais nolo deixan m\u00e1is claro. A escena viguesa est\u00e1 m\u00e1is que viva e non deixa de expandirse. Podemos atopar bandas de todos os x\u00e9neros: jazz, reggae, folk, pop, garage, punk\u2026 Emerxentes e veteranas. Tanto as salas como as bandas est\u00e1nse a mover, facendo un traballo de programaci\u00f3n cultural que supera, con creces, \u00e1 ofertada polo Concello.<\/p>\n\n\n\n<p>Ana\u00efs: Lamentablemente esta cidade non se caracteriza polo apoio \u00e1 cultura e, a pesar diso, creo que \u00e9 unha das escenas m\u00e1is potentes da Galiza. Conviven unha gran variedade de estilos, e en cada un deles hai m\u00fasicas e bandas incribles que crean tendencia.<\/p>\n\n\n\n<p>Pedro: Penso que hai moitos grupos e dun alt\u00edsimo nivel, pero seguimos a darnos de bruces cun Concello que pasa de todo e se gasta 400.000 euros nun \u00fanico concerto dunha banda que xa \u00e9 un f\u00f3sil, podendo empregar unha \u00ednfima parte deses cartos en apoiar as bandas locais.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">QUEN \u00c9 QUEN<\/h3>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-media-text is-stacked-on-mobile\"><figure class=\"wp-block-media-text__media\"><img decoding=\"async\" width=\"682\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/maria-caldo.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-586 size-full\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/maria-caldo.jpg 682w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/maria-caldo-200x300.jpg 200w\" sizes=\"(max-width: 682px) 100vw, 682px\" \/><\/figure><div class=\"wp-block-media-text__content\">\n<p><strong>Mar\u00eda Jorge, violinista<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Violinista de formaci\u00f3n cl\u00e1sica, entra en contacto coa m\u00fasica tradicional a trav\u00e9s do campamento de cordas San Sim\u00f3n Fiddle, no que segue a participar, desta volta coma mestra e parte da organizaci\u00f3n. Foi o contacto con este campamento o que a fixo interesarse polo mundo da m\u00fasica tradicional, comezando as\u00ed os seus estudos de viol\u00edn folk co mestre Alfonso Franco na E-Trad de Vigo, onde rematou o grao avanzado en xu\u00f1o de 2018.<\/p>\n\n\n\n<p>Ten recibido cursos e&nbsp;<em>masterclasses<\/em>&nbsp;de diversas artistas internacionais, tendo as\u00ed un amplo abano de influencias que van dende a m\u00fasica escocesa \u00e1 americana ou \u00e1 mexicana. Actualmente, est\u00e1 a participar de maneira activa na escena folk de Vigo e comarca, formando parte de diversos proxectos coma a OFG SonDeSeu. Tam\u00e9n tocou en<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/dadga.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">&nbsp;Dadga<\/a>, banda actualmente inactiva.<\/p>\n<\/div><\/div>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-media-text has-media-on-the-right is-stacked-on-mobile\"><div class=\"wp-block-media-text__content\">\n<p>Pedro Fari\u00f1as, guitarrista:<\/p>\n\n\n\n<p>Titulado superior na especialidade de Instrumentos da m\u00fasica tradicional e popular de Galicia, complementou os seus estudos cunha beca Erasmus no Royal Conservatoire of Glasgow (UK) estudando&nbsp;<em>highlandpipe<\/em>, guitarra e&nbsp;<em>whistle.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 ga\u00f1ador de numerosos concursos de gaita solista tanto en Galicia como a nivel internacional como o Troph\u00e9e Maccrimmon para Gaita no Festival Interceltique de Lorient (2011-Francia), Concurso de gaiteiros solistas Concello de Vigo (2011), Memorial Manuel Dopazo (2010), Memorial Manuel Villanueva (2009), entre outros.<\/p>\n\n\n\n<p>No 2014 grava con&nbsp;<strong>TRIM<\/strong>&nbsp;o seu primeiro \u00e1lbum de t\u00edtulo hom\u00f3nimo, c\u00f3 que ga\u00f1an dous Premios Opini\u00f3n da M\u00fasica de Ra\u00edz ao mellor \u00e1lbum e \u00e1 mellor canci\u00f3n no ano 2015.<\/p>\n\n\n\n<p>Como saxofonista foi membro de bandas m\u00edticas da escena reggae viguesa como&nbsp;<strong>Transilvanians, Zamaramandi ou High Paw &amp; Elephants Yard,&nbsp;<\/strong>coa a que actualmente segue a colaborar.<\/p>\n\n\n\n<p>Na actualidade explota a s\u00faa faceta como guitarrista, arranxista e compositor.<\/p>\n<\/div><figure class=\"wp-block-media-text__media\"><img decoding=\"async\" width=\"682\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/pedro-caldo.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-587 size-full\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/pedro-caldo.jpg 682w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/pedro-caldo-200x300.jpg 200w\" sizes=\"(max-width: 682px) 100vw, 682px\" \/><\/figure><\/div>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-media-text is-stacked-on-mobile\"><figure class=\"wp-block-media-text__media\"><img decoding=\"async\" width=\"682\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/anais-caldo.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-589 size-full\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/anais-caldo.jpg 682w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/anais-caldo-200x300.jpg 200w\" sizes=\"(max-width: 682px) 100vw, 682px\" \/><\/figure><div class=\"wp-block-media-text__content\">\n<p>Ana\u00efs Barbier, voz e pandeireta:<\/p>\n\n\n\n<p>Cunha formaci\u00f3n inicial en piano cl\u00e1sico, chega \u00e1 m\u00fasica tradicional con 18 anos da man de Javier Feijoo (Xisco). Comeza formando parte das pandereteiras do Fiadeiro, para posteriormente cursar o grao avanzado de canto na E-Trad de Vigo, que complementa con outros cursos de canto con Davide Salvado ou Ug\u00eda Pedreira, entre outras.<\/p>\n\n\n\n<p>Leva m\u00e1is de 10 anos como docente de canto e percusi\u00f3n tradicional en diferentes escolas e asociaci\u00f3ns das provincias de Ourense&nbsp;e Pontevedra, como Tr\u00e9pia, O Tambor Colectivo ou como substituta na escola onde se grad\u00faa (E-Trad).<\/p>\n\n\n\n<p>Na parte art\u00edstica ven de traballar con grupos como Pink Roe (sexteto tradicional polif\u00f3nico con integrantes como Xisco Feijoo, Najla Shami ou Davide Salvado); a orquesta folk SonDeSeu, con quen participa en dous traballos discogr\u00e1ficos, e m\u00e1is recentemente entra a formar parte dos grupos Fiandola e Caldo, gravando tam\u00e9n sendos traballos discogr\u00e1ficos neste 2019. Por \u00faltimo, a finais deste 2019 conv\u00e9rtese nunha das novas integrantes da banda Laro\u00e1.<\/p>\n<\/div><\/div>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>UNHA RECEITA NOVA PARA O FOLK No territorio difuso onde conviven tradici\u00f3n e innovaci\u00f3n recolle Caldo os ingredientes para a s\u00faa receita: melod\u00edas e letras da m\u00fasica popular galega postas en contextos sonoros que parten das influencias m\u00e1is diversas. Fan folk, pero non soan exactamente folk. Ou \u00e1 inversa. Quizais por iso, este tr\u00edo vigu\u00e9s [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":800,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-576","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-musica-se-vive-con-v-de-vigo"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/576","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=576"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/576\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media\/800"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=576"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=576"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=576"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}