
{"id":592,"date":"2019-11-01T14:45:00","date_gmt":"2019-11-01T13:45:00","guid":{"rendered":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/?p=592"},"modified":"2025-04-09T14:54:06","modified_gmt":"2025-04-09T12:54:06","slug":"dioivo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/dioivo\/","title":{"rendered":"Dioivo"},"content":{"rendered":"\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>EXTREMA NORMALIDADE<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>Dioivo son un especular xogo de paradoxos: rapaces do com\u00fan con aspecto de rapaces do com\u00fan facendo algo f\u00f3ra da norma: metal extremo, afastado dos estereotipos do x\u00e9nero, en galego e en formato d\u00fao. Por se fose pouco, un deles decl\u00e1rase seareiro de La Oreja de Van Gogh.<strong>&nbsp;\u201cNo mundo<em>&nbsp;black<\/em>&nbsp;o orixinal \u00e9 sermos normais\u201d<\/strong>, acaba resumindo entre risas Daniel Valladares (Vigo, 1996), bater\u00eda da parella. Antes, o seu compa\u00f1eiro \u00e1 voz e \u00e1 guitarra, Jacobo Mouri\u00f1o, mesma quinta e mesma orixe, reflexionara sobre a s\u00faa est\u00e9tica&nbsp;<em>casual<\/em>: \u201c\u00c9 unha forma de reivindicar que calquera pode escoitar [e facer] metal, que non tes que vestir sempre de negro e estar enfadado\u201d. Coa pinta que cadaqu\u00e9n considere se lles poder\u00e1 ver en directo&nbsp;<strong>o pr\u00f3ximo 16 de novembro na sala viguesa Transylvania.<\/strong>&nbsp;Al\u00ed tocar\u00e1n as canci\u00f3ns do seu primeiro disco de longa duraci\u00f3n,&nbsp;<em>II<\/em>, co que apa\u00f1aron moi boas cr\u00edticas na escena estatal.<\/p>\n\n\n\n<p>Nun d\u00eda gris pero sen treb\u00f3ns c\u00edtannos en pleno coraz\u00f3n industrial de Vigo, nesa Beiramar que, unha vez m\u00e1is,<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/economia\/2019\/10\/31\/colapso-hijos-j-barreras-eleva\/2194776.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">\u00a0est\u00e1 a vivir tempos convulsos<\/a>. \u201cFamilias na r\u00faa, pero todo vai ben \/ Choran os nenos, un d\u00eda m\u00e1is sen comer\u201d, berra Jacobo en \u2018O momento \u00e9 xa\u2019. Non, Dioivo non fala de ritos sat\u00e1nicos nas s\u00faas letras, como indica o t\u00f3pico sobre o seu estilo,\u00a0<strong>fano sobre cuesti\u00f3ns sociais, sobre a situaci\u00f3n da lingua ou sobre a natureza.\u00a0<\/strong>O cantante aclara que o<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/cultura\/2019\/03\/14\/escuchar-death-metal-insensible-violencia\/2068654.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">\u00a0do satanismo no\u00a0<em>black<\/em><\/a>\u00a0\u00e9 algo que persiste no imaxinario porque os primeiros grupos do x\u00e9nero si que o ti\u00f1an como ingrediente esencial, adobiado con an\u00e9cdotas moi macabras. \u201cPero xa case non se fai\u201d, apunta. En verdade, o m\u00fasico reco\u00f1ece que adoita ficar pouco satisfeito coas letras que escribe e tira de retranca para expo\u00f1er as bondades dos guturais nese senso: \u201cComo non te entenden, podes falar do que sexa. Se en directo esquezo alg\u00fan verso fago berros aleatorios e rara vez algu\u00e9n se decata\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"682\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Dioivo-black-metal-obreiro-low-cost-e-de-consenso-Jose-Lores-1024x682.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-594\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Dioivo-black-metal-obreiro-low-cost-e-de-consenso-Jose-Lores-1024x682.jpg 1024w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Dioivo-black-metal-obreiro-low-cost-e-de-consenso-Jose-Lores-300x200.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Dioivo-black-metal-obreiro-low-cost-e-de-consenso-Jose-Lores-768x511.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Dioivo-black-metal-obreiro-low-cost-e-de-consenso-Jose-Lores.jpg 1200w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Dioivo, &#8216;black metal&#8217; obreiro, &#8216;low cost&#8217; e de consenso | Jos\u00e9 Lores<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Compo\u00f1er e executar a m\u00fasica \u00e9 o que de verdade lles emociona, cunha produtividade que a s\u00faa econom\u00eda de supervivencia non lles permite trasladar ao estudio de gravaci\u00f3n ao ritmo que lles gustar\u00eda. De momento lanzaron un primeiro EP autoproducido, o citado<em>&nbsp;II<\/em>, xa cun selo discogr\u00e1fico e&nbsp;<strong>coa salientable produci\u00f3n de Zoilo Unreal<\/strong>, e agora contan con poder ter material novo para principios do 2020.<\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa proposta \u00e9 moi mel\u00f3dica, baseada en riffs de guitarra que se impo\u00f1en con limpeza nas partes instrumentais. \u201cPara ben ou para mal non \u00e9&nbsp;<em>black<\/em>&nbsp;ao uso.&nbsp;<strong>Temos moitas influencias, incluso doutros estilos f\u00f3ra do metal, que xa \u00e9 ampl\u00edsimo<\/strong>\u201d. Por exemplo, no medio da treboada poden introducir un interludio de reminiscencias cl\u00e1sicas. Jacobo aprendeu guitarra, en Mayeusis primeiro e na Escola Municipal de Vigo despois, con eses fundamentos da m\u00fasica culta. \u201cHai m\u00fasicos que me din que inda se me nota na forma de tocar, pero se me vise o meu vello profesor dir\u00edame que fatal a t\u00e9cnica\u201d, chancea.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Dioivo - Lobishomes (Videoclip oficial)\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/NwIzQDCu_-I?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>\u00c9 o d\u00fao unha formaci\u00f3n en auxe en distintas variantes do rock. A\u00ed est\u00e1n as galegas Bala ou os vascos Ni\u00f1a Coyote eta Chico Tornado, por po\u00f1er un par de casos frescos. Eles empezaron coa f\u00f3rmula, e tam\u00e9n co estilo, un pouco por casualidade. Tocaban xuntos na banda de&nbsp;<em>trash<\/em>&nbsp;Rust in Peace cando apareceu a convocatoria dun concurso de versi\u00f3ns de Rosal\u00eda de Castro por parte do Concello de Vigo -ensaian nos locais do&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/sociedad\/2019\/09\/14\/vigo-vivo-busca-nuevas-promesas\/2170442.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">Vigos\u00f3nico<\/a>-. Como eran os dous membros do grupo que m\u00e1is \u00edan ensaiar decidiron preparar algo&nbsp;<em>ex novo<\/em>&nbsp;para ese premio, e pensaron que facelo en chave<em>&nbsp;black metal<\/em>&nbsp;era unha boa idea. Musicaron&nbsp;<strong>\u2018Sempre pola morte esperas\u2019<\/strong>&nbsp;e, inda que non levaron o reco\u00f1ecemento, decidiron seguir adiante coa idea.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao principio, conta Dani, pensaron en meter un terceiro membro, pero a cousa empezou a funcionar e desbotaron a opci\u00f3n. \u201cTodo \u00e9 m\u00e1is c\u00f3modo e m\u00e1is barato\u201d, exp\u00f3n o bater\u00eda. Cando toca pagar algo hai que po\u00f1er m\u00e1is, pero tam\u00e9n se hai oportunidade de repartir saen m\u00e1is beneficiados. Semella un formato para tempos de crise.&nbsp;<strong>\u201cSi, metal&nbsp;<em>low cost<\/em>\u201d<\/strong>, sentencia cun sorriso Jacobo. M\u00e1is adiante, o guitarrista completa o asunto: \u201cHai menos discusi\u00f3ns. O \u00fanico \u00e9 que non podemos desempatar con votos, sempre un ten que convencer ao outro\u201d. Metal&nbsp;<em>low cost<\/em>&nbsp;e consensual.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"DIOIVO: Deus de Cristal (taken from Dioivo II, Darkwoods 2019)\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/xJ-mX1WIwHI?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Con respecto ao asunto da lingua, tam\u00e9n apostaron por seguir co idioma do pa\u00eds a partir da canci\u00f3n inicial: \u201cQueriamos facer algo en galego. Por desgraza non \u00e9 moi habitual que haxa bandas de metal que o empreguen nas letras. Hai grandes grupos que si o fan, pero somos relativamente poucos, comparado con outros estilos [folk, punk]. As\u00ed que dixemos, adiante\u201d. No<em>\u00a0black<\/em>, ademais, hai moita tradici\u00f3n de bandas cantando nas m\u00e1is variadas linguas, pola arraigamento do estilo no norte de Europa e, en particular, en Escandinavia. \u201cE a nivel de Estado, as zonas m\u00e1is activas son Euskadi, Galicia ou Barcelona&#8230;<strong>\u00a0\u00c9 m\u00e1is unha vantaxe ca un problema<\/strong>\u201d, apunta Dani, sobre como lles afecta \u00e1 hora de moverse f\u00f3ra de Galicia. O seu disco, editado pola discogr\u00e1fica malague\u00f1a Darkwoods, obtivo difusi\u00f3n e boas cr\u00edticas al\u00e9n do Padornelo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" width=\"684\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/jacobo-directo-684x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-602\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/jacobo-directo-684x1024.jpg 684w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/jacobo-directo-200x300.jpg 200w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/jacobo-directo-768x1150.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/jacobo-directo.jpg 1000w\" sizes=\"(max-width: 684px) 100vw, 684px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Jacabo, coa s\u00faa guitarra de dobre m\u00e1stil | Lain Romasanta<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A estas alturas do texto non parece probable que algu\u00e9n vincule a Dioivo con outro dos estereotipos asociados ao seu x\u00e9nero, o da tendencia ultradereitista dos grupos que o practican. \u201cPor sorte en Galicia e no Estado non hai unha escena de&nbsp;<em>black metal<\/em>&nbsp;nazi, pero si que existe en Escandinavia ou Europa do Leste. Unha das bandas fundadores do estilo, Burzum, si que era nazi. Estamos absolutamente en contra, claro.<strong>&nbsp;Por fortuna nunca tivemos que tocar cunha banda as\u00ed e non creo que se dea a situaci\u00f3n<\/strong>, as\u00ed que non nos preocupa\u201d, exp\u00f3n Jacobo. Tampouco est\u00e1n&nbsp;moi nerviosos polo ascenso da ultradereita espa\u00f1ola. \u201c\u00c9 unha cousa de \u2018pijos\u2019, non \u00e9 como en Francia, que atrae \u00e1 clase traballadora. Ademais en Galicia o voto de dereitas \u00e9 moi fiel\u201d, f\u00edan a d\u00fao.<\/p>\n\n\n\n<p>No t\u00f3pico -aplicable ao 99 por cento dos m\u00fasicos- no que si encaixan \u00e9 no de tocar por amor ao arte. \u201c\u00c9 absolutamente imposible vivir disto\u201d, asevera Jacobo. \u201cTes que tomalo como un pasatempo, porque \u00e9 algo que te apaixoa\u201d. E, malia a precariedade, comentan que si existe unha crecente escena<em>&nbsp;black&nbsp;<\/em>en Galicia, con nomes como os dos vigueses Dantalion e os ourens\u00e1ns Xeri\u00f3n. O problema, din, est\u00e1 m\u00e1is en onde tocar que en escoller compa\u00f1eiros cos que compartir palco.&nbsp;<strong>\u201cCada vez hai menos salas e ao facer algo tan espec\u00edfico \u00e9 m\u00e1is complicado\u201d<\/strong>. Remata a conversa e comeza a poallar. Para o Dioivo haber\u00e1 que agardar ao s\u00e1bado 16.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Dioivo - Sempre pola morte esperas [Rosal\u00eda de Castro] (Con letra)\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/QkgoUl1tvCg?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">A M\u00daSICA DE VIGO, EN SEIS PREGUNTAS<\/h3>\n\n\n\n<p><strong>O voso grupo\/artista de Vigo favorito:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Dioivo: Dantalion e The Mirage<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un sitio para tocar en Vigo<\/strong>:<\/p>\n\n\n\n<p>Dioivo: Frenop\u00e1tiko ou Transylvania<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O mellor concerto de Castrelos:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Dioivo: O de Anthrax e<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/aphonnic.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">\u00a0Aphonnic<\/a>\u00a0en 2016, ou o de Roger Hodgson.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un grupo\/artista de Vigo ao que reivindicar e que non ten o reco\u00f1ecemento que merece.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Dioivo: Desvirgheitors, a primeira banda de metal da cidade.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>The next big thing da escena viguesa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Dioivo: Tenue, da Guarda, e Mileth.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que opinades da escena musical en Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Dioivo: Ten unha variedade e calidade enorme, e cun apoio institucional axeitado aos diferentes estilos que a conforman, pode ser absolutamente punteira en todo o Estado.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">QUEN \u00c9 QUEN<\/h3>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"596\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/portada-dioivo2-1024x596.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-604\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/portada-dioivo2-1024x596.jpg 1024w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/portada-dioivo2-300x175.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/portada-dioivo2-768x447.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/portada-dioivo2-1536x895.jpg 1536w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/portada-dioivo2.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Dioivo, no escenario da treboada do naval vigu\u00e9s | Jos\u00e9 Lores<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\"><strong>Daniel Valladares Otero, bater\u00eda:<\/strong><\/h4>\n\n\n\n<p>Vigu\u00e9s do 1996, participou na fundaci\u00f3n de Rust In Peace, en 2012. Colaborou brevemente nun grupo de versi\u00f3ns do programa infantil &#8216;O Xabar\u00edn Club&#8217; en 2016. Ese mesmo ano deixou Rust In Peace para fundar Dioivo xunta a Jacobo.<\/p>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\"><strong>Jacobo Mouri\u00f1o Almeida, voz e guitarra:<\/strong><\/h4>\n\n\n\n<p>Do mesma camada co seu compa\u00f1eiro, uniuse a Rust In Peace en 2014. Xuntos crearon Dioivo en 2016, e o ano seguinte pasou a formar parte de Mileth, banda na que contin\u00faa activo. Durante 2018 tocou con Utopian Visions of Earth.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">PLAYLIST<\/h3>\n\n\n\n<iframe style=\"border: 0; width: 100%; height: 120px;\" src=\"https:\/\/bandcamp.com\/EmbeddedPlayer\/album=1912367555\/size=large\/bgcol=ffffff\/linkcol=0687f5\/tracklist=false\/artwork=small\/transparent=true\/\" seamless><a href=\"https:\/\/dioivo.bandcamp.com\/album\/dioivo-i\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Dioivo I de Dioivo<\/a><\/iframe>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>EXTREMA NORMALIDADE Dioivo son un especular xogo de paradoxos: rapaces do com\u00fan con aspecto de rapaces do com\u00fan facendo algo f\u00f3ra da norma: metal extremo, afastado dos estereotipos do x\u00e9nero, en galego e en formato d\u00fao. Por se fose pouco, un deles decl\u00e1rase seareiro de La Oreja de Van Gogh.&nbsp;\u201cNo mundo&nbsp;black&nbsp;o orixinal \u00e9 sermos normais\u201d, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":593,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-592","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-musica-se-vive-con-v-de-vigo"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/592","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=592"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/592\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media\/593"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=592"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=592"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=592"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}