
{"id":629,"date":"2019-11-30T16:10:06","date_gmt":"2019-11-30T15:10:06","guid":{"rendered":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/?p=629"},"modified":"2025-04-09T16:51:10","modified_gmt":"2025-04-09T14:51:10","slug":"flow-do-toxo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/flow-do-toxo\/","title":{"rendered":"Flow do Toxo"},"content":{"rendered":"\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>FAC\u00c9DELO V\u00d3S MESMAS<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>A comezos do 2018, tres rapazas do Condado coll\u00edan un micro de Colacao, cun envase de zume Granini coma soporte, enchuf\u00e1bano a unha tableta e gravaban<strong>&nbsp;unhas rimas de combate feminista&nbsp;<\/strong>sobre unha cl\u00e1sica base de<em>&nbsp;hip-hop<\/em>, con coros espont\u00e1neos de Trono, o can dunha delas. Deste xeito tan precario&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/economia\/2019\/04\/12\/precariedad-dispara-29-hogares-jovenes\/2086392.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">\u2013o esp\u00edrito dos tempos-<\/a>&nbsp;quedaba plantada a semente de Flow do Toxo, sen ter a m\u00ednima certeza de que aquilo fose agromar. Menos de dous anos despois, a banda, con s\u00f3 unha presada de canci\u00f3ns publicadas, f\u00edxose un nome e percorreu o pa\u00eds co seu directo. Tempo de aprendizaxe, de<em>&nbsp;comadreo<\/em>&nbsp;e tam\u00e9n de experimentar&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/sociedad\/2019\/03\/08\/insultos-estereotipos-suspicacias-viven-machismo\/2065115.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">o machismo latente no mundo da m\u00fasica.<\/a>&nbsp;Pechan ciclo nunha dobre cita con Tremenda Jaur\u00eda &#8211;o xoves 12 de decembro en Vigo, en La F\u00e1brica de Chocolate, e ao d\u00eda seguinte na compostel\u00e1 sala Malatesta- antes de meterse no estudio a rexistrar o seu primeiro disco.<\/p>\n\n\n\n<p>Naquel v\u00eddeo subido a Youtube en febreiro do ano pasado tres sombras proxect\u00e1banse sobre un muro, cercadas por unha reixa.&nbsp;<strong>\u201cPensamos en non ensinar as caras, non fose ser que sa\u00edse demasiado mal\u201d<\/strong>, chancean agora. As que gritaban eran Silvia Rodr\u00edguez, alias X\u00eda, Laura Prado e Silvia Mella, \u00e1s que logo se sumou Rosa, a irm\u00e1 desta \u00faltima, para exercer como DJ e facer coros. Rec\u00edbennos as tres primeiras na casa de X\u00eda no barrio de Canedo, en Ponteareas, coas consignas feministas literalmente enriba da mesa. A cuarta s\u00famase por Skype dende Ourense, sempre cunha an\u00e9cdota a man para ilustrar os argumentos das s\u00faas compa\u00f1eiras.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Aqui est\u00e1n as que ghritan - FLOW DO TOXO\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/KjqGp-LvDRQ?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>E por ese rego van chegando a d\u00faas cuesti\u00f3ns centrais, a do canon e a dos roles de x\u00e9nero.<\/p>\n\n\n\n<p>Silvia: Contedores de lixo tecnicamente perfectos hainos, por que? Porque son os grupos de homes os que levan anos facendo m\u00fasica.<\/p>\n\n\n\n<p>Laura: E son os que marcan qu\u00e9 est\u00e1 ben e mal.<\/p>\n\n\n\n<p>Silvia: Claro, e a\u00ed tes que parecerte a ou soar a; e n\u00f3s como nos estamos redescubrindo e aprendendo&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p>Laura: \u00c9 o que ten a vida nas marxes, no arrabalde. Saes dos canons.<\/p>\n\n\n\n<p>X\u00eda: Ademais, quen limita qu\u00e9 est\u00e1 ben e qu\u00e9 non? Para n\u00f3s est\u00e1 ben, as\u00ed que&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p>Dar o paso de crear a banda foi, de feito, un acto de empoderamento. \u201cTi non est\u00e1s educada para montar un grupo. No instituto os teus colegas pasaban as tardes tocando e ti non, ti pas\u00e1balas peite\u00e1ndote\u201d, exp\u00f3n Laura. M\u00e1is adiante, X\u00eda profunda na idea:<strong>&nbsp;\u201cNon estamos educadas para subir enriba dun escenario e poder berrar<\/strong>. Non, non nos ensinaron iso de pequenas. Temos que nos empoderar e coller forza para poder facelo\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"FLOW DO TOXO Video Oficial\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/TZQVh2rnE-c?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Xa metidas no circu\u00edto, a acollida \u00e9 \u201cen xeral bastante boa\u201d. Pero tras a resposta inicial saen unhas cantas an\u00e9cdotas en senso contrario.&nbsp;<em>Manesplaining<\/em>&nbsp;de manual, como os t\u00e9cnicos que, ante un son defectuoso, pensaban que estaban collendo mal o micro, ou os que se puxeron a debater diante da DJ, como se ela non existise, cal era o cable preciso para a mesa, cousa que ela sab\u00eda.&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/dadga.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">Non son as primeiras en denunciar situaci\u00f3ns as\u00ed<\/a>.&nbsp;<strong>\u201cNalg\u00fans casos temos que po\u00f1ernos chulas\u201d<\/strong>, afirma Rosi. En canto aos grupos masculinos, a s\u00faa visi\u00f3n non \u00e9 moi alentadora. \u201cNon hai grupos de homes que nos digan: \u2018Eh, t\u00edas! Moi ben!\u2019 Quizais en petit comit\u00e9, ou alg\u00fan amigo da banda&#8230;. Pero n\u00f3s tampouco buscamos ese apoio, eles que se unan cando queiran \u00e1 loita lila, e se non queren, pois cada un polo seu cami\u00f1o\u201d, apunta Silvia.<\/p>\n\n\n\n<p>Laura: \u00c9 normal que un grupo de mulleres se sinta f\u00f3ra de lugar, que \u00e9 o que nos pasa. Non \u00e9 que che digan: \u201cAqu\u00ed non entras\u201d; pero si que te atopas rara al\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p>Rosi: Pasounos de entrar nalg\u00fan sitio e facerse un silencio absoluto.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"PARA RAP\u00c1S Flow do Toxo\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/3LpyJY9UtKo?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Contrasta esa situaci\u00f3n co que viven nos festivais s\u00f3 femininos -citan por exemplo o Son da Industria, no que actuaron canda&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/su-garrido-pombo.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">Su Garrido Pombo<\/a>, entre outras-.&nbsp;<strong>\u201cEst\u00e1s no&nbsp;<em>backstage<\/em>&nbsp;e \u00e9 como un comadreo, \u00e9 algo moi bonito\u201d<\/strong>, di Laura, e Rosi engade: \u201cN\u00f3s non somos competidoras, os grupos masculinos parece que est\u00e1n todo d\u00eda comparando a ver quen \u00e9 mellor. Coas mulleres est\u00e1 guai, falas e aprendes mogoll\u00f3n\u201d. A s\u00faa compa\u00f1eira retoma a palabra para rematar a reflexi\u00f3n: \u201cEstamos educadas para competir entre n\u00f3s mesmas, as\u00ed que chegar a estar a gusto, de igual a igual [con outras rapazas], \u00e9 s\u00faper transgresor sendo o m\u00e1is l\u00f3xico. \u00c9 o dobre de satisfacci\u00f3n\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Dobre tam\u00e9n \u00e9 a discriminaci\u00f3n que sofren, por mulleres e por seren do rural, un aspecto, o da s\u00faa procedencia, que insisten en reivindicar. Fala Silvia: \u201cAlgunha vez, en Vigo, dalg\u00fan grupo galegofalante dix\u00e9ronme: \u2018Ti es do monte\u2019. Non sei se mo dixeron para ben ou para mal, entendo que para mal (&#8230;) Parece que se viven na city te miran por riba do ombreiro, pasa na m\u00fasica e na vida en xeral\u201d. Por exemplo, engade Laura, co desprezo cara aos instrumentos tradicionais, como as pandeiretas. Un dos seus temas \u00e9, precisamente, unha reivindicaci\u00f3n desa figura, encarnada en\u00a0<strong>Concha de Luneda.<\/strong>\u00a0\u201cEra artista, pero tam\u00e9n muller brava, do rural, traballadora, independente. Ten parte das nosas avoas, das nosas nais, das nosas veci\u00f1as&#8230; desas loitadoras que levan moitos anos pelexando\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"CONCHA DE LUNEDA - Flow do Toxo feat. Punkiereteiras\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/ZONW0Mokt1c?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Unha herdanza que as Flow do Toxo asumen con orgullo e \u00e1 que lle pensan dar continuidade no segundo disco, no que seguir\u00e1n apostando polo eclectismo nas s\u00faas bases -usan\u00a0<em>bumbap<\/em>\u00a0cl\u00e1sico, merengues, funk-rock&#8230;-, sen pensar moito se iso encaixa ou non coas etiquetas establecidas. Mentres lles sirva para berrar contra todo aquilo que as oprime, elas continuar\u00e1n dando guerra:\u00a0<strong>\u201cSomos mulleres, do rural, e queremos facer m\u00fasica e ocupar espazos\u201d.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"666\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/flow-de-toxo-diagonal.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-631\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/flow-de-toxo-diagonal.jpg 1000w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/flow-de-toxo-diagonal-300x200.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/flow-de-toxo-diagonal-768x511.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>As Flow do Toxo (sen Rosi) po\u00f1ense moito m\u00e1is serias diante da c\u00e1mara que da gravadora. | Ricardo Grobas<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">A M\u00daSICA DE VIGO, EN SEIS PREGUNTAS<\/h3>\n\n\n\n<p><strong>O voso grupo\/artista de Vigo favorito:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Flow do Toxo: Nadie Gonz\u00e1lez,\u00a0<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/high-paw-reggae.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">High Paw<\/a>, As Punkiereteiras.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un sitio para tocar en Vigo<\/strong>:<\/p>\n\n\n\n<p>Flow do Toxo: Calquera centro social ao que fomos convidadas, como por exemplo o Fa\u00edsca.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O mellor concerto de Castrelos:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Flow do Toxo: Lauryn Hill, non hai moita representaci\u00f3n galega en Castrelos&#8230;.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un grupo\/artista de Vigo ao que reivindicar e que non ten o reco\u00f1ecemento que merece.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Flow do Toxo: A m\u00fasica tradicional.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>The next big thing da escena viguesa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Flow do Toxo: O concerto de Concerto de Tremenda Jaur\u00eda + Sapoconcho + Flow do Toxo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que opinades da escena musical en Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Flow do Toxo: Menos luces e<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/gran-vigo\/2019\/06\/25\/impulsan-recogida-firmas-grupos-locales\/2129836.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">\u00a0m\u00e1is promoci\u00f3n \u00e1 m\u00fasica galega en directo.<\/a><\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">QUEN \u00c9 QUEN<\/h3>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"667\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Flow-do-Toxo-de-risas.-Javi-Kano.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-639\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Flow-do-Toxo-de-risas.-Javi-Kano.jpg 1000w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Flow-do-Toxo-de-risas.-Javi-Kano-300x200.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Flow-do-Toxo-de-risas.-Javi-Kano-768x512.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Flow do Toxo, de risas. | Javi Kano<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>De esquerda a dereita, Flow do Toxo son:<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Silvia Mella Alonso:<\/strong>&nbsp;Voz + pandeireta. Fot\u00f3grafa do grupo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Silvia Rodr\u00edguez Gil:<\/strong>&nbsp;Voz + pandeireta. Pandereteira no grupo As Punkiereteiras, membro da batukada Som de Gringo. Organizaci\u00f3n do Festival das Br\u00e9temas (Ponteareas).<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Rosa Mella Alonso:<\/strong>&nbsp;Voz + DJ.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Laura Prado Fern\u00e1ndez:&nbsp;<\/strong>Voz + pandeireta. Pandereteira e acordeonista do grupo As Punkiereteiras, membro da batukada Som de Gringo. Organizaci\u00f3n do Festival das Br\u00e9temas (Ponteareas).<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">PLAYLIST<\/h3>\n\n\n\n<p>O material de Flow do Toxo est\u00e1 dispo\u00f1ible en Youtube:\u00a0 <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UCx_RFfz2DBsEVzLAH7JADVw\/feed\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><strong>https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UCx_RFfz2DBsEVzLAH7JADVw\/feed<\/strong><\/a><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"FLOW DO TOXO - Teknazo (Intro) - Audio\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/JmeeMHCfubM?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>FAC\u00c9DELO V\u00d3S MESMAS A comezos do 2018, tres rapazas do Condado coll\u00edan un micro de Colacao, cun envase de zume Granini coma soporte, enchuf\u00e1bano a unha tableta e gravaban&nbsp;unhas rimas de combate feminista&nbsp;sobre unha cl\u00e1sica base de&nbsp;hip-hop, con coros espont\u00e1neos de Trono, o can dunha delas. Deste xeito tan precario&nbsp;\u2013o esp\u00edrito dos tempos-&nbsp;quedaba plantada a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":697,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-629","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-musica-se-vive-con-v-de-vigo"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/629","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=629"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/629\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media\/697"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=629"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=629"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=629"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}