
{"id":670,"date":"2019-08-19T16:39:00","date_gmt":"2019-08-19T14:39:00","guid":{"rendered":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/?p=670"},"modified":"2025-04-09T16:50:13","modified_gmt":"2025-04-09T14:50:13","slug":"su-garrido-pombo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/su-garrido-pombo\/","title":{"rendered":"Su Garrido Pombo"},"content":{"rendered":"\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>A VIDA ENTRE (M\u00c1IS DE TRES) ACORDES<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>Conta Su Garrido Pombo entre risas, sen darlle importancia, que non, que pasa de subir o seu premiado disco&nbsp;<em>Quedo a vivir aqu\u00ed<\/em>&nbsp;\u00e1 plataforma dixital algunha. Que non ten tempo que perder en burocracias, que ten que tocar e agora, ademais, coidar dun beb\u00e9. Non ser\u00e1n moitos os e as artistas que a estas alturas renuncien a difundir as s\u00faas m\u00fasicas en Spotify ou Bandcamp; nesta secci\u00f3n \u00e9 a cuadrax\u00e9sima protagonista e o primeiro caso. Ela prefire ir \u201cun a un\u201d, nos concertos, como o de hoxe na biblioteca Neira Vilas do seu Calvario ou o de ma\u00f1\u00e1 no Festival Son da Industria.<strong>&nbsp;\u201cSon moi punki, o que pasa \u00e9 que logo toco<em>&nbsp;bossa nova<\/em>\u201d<\/strong>, concl\u00fae, e dalg\u00fan xeito resume na brincadeira non s\u00f3 unha actitude vital, tam\u00e9n unha forma de estar afastada de estereotipos.<\/p>\n\n\n\n<p>C\u00edtanos no bar El Mirador, o seu favorito, en pleno Paseo de Alfonso. Semella que, como exemplo dunha idea sobre a que volve varias veces na conversa -a de non separar o coti\u00e1 do art\u00edstico nin do social-, a escolla \u00e9 pragm\u00e1tica, porque vive preto e non pode afastarse moito do seu neno, e simb\u00f3lica, porque&nbsp;<strong>aqu\u00ed retomou as actuaci\u00f3ns hai un par de semanas<\/strong>, logo de ser nai, nun&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/gran-vigo\/2019\/08\/30\/concentracion-exigir-concello-puerta-sol\/2162312.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">acto contra o t\u00fanel proxectado na peonalizaci\u00f3n da Porta do Sol.<\/a>&nbsp;\u201cCando era pequena coll\u00eda o Vitrasa no Calvario para ir ao cole e pasaba por aqu\u00ed, \u00e1s veces incluso pillaba \u00e1 mantenta un co que chegaba case tarde \u00e1 clase s\u00f3 por ver o mar. \u00c9 un sitio precioso, a mellor praza de Vigo, e ten que ser peonil, t\u00e9\u00f1ense que quitar os coches\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"MUSICA EN DIRECTO | Su Garrido Pombo - Quedo a vivir aqu\u00ed\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/6pHAfPG9RgE?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Su cre no valor social da m\u00fasica -\u201dse podo apoiar coas mi\u00f1as canci\u00f3ns o que me parece xusto, marabilloso\u201d, esgrime- e a s\u00faa posta en escena red\u00facese \u00e1 voz e \u00e1 guitarra. \u00c9 dicir, que de entrada a proposta remite aos cantautores dos 70. \u201cSi, si, pero sen&#8230; sen o estilo\u201d, di antes de botar unha gargallada que enfatiza o eufemismo. \u00c9 unha etiqueta, reflexiona, que leva a Joaqu\u00edn Sabina, a Paco Ib\u00e1\u00f1ez -\u201dque me encanta\u201d-, a un<strong>&nbsp;\u201cse\u00f1or tocando tres acordes. E non<\/strong>\u201d. \u201cEst\u00e1 guai tocar tres acordes, eu tam\u00e9n o fago, pero hai m\u00e1is cousas\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Ela, que prefire definirse simplemente como \u201cm\u00fasica\u201d e ten a Caetano Veloso como referente, conta con formaci\u00f3n cl\u00e1sica e dec\u00e1ntase pola<em>&nbsp;bossa nova<\/em>&nbsp;e polo<em>&nbsp;jazz<\/em>, as\u00ed que, en efecto, sabe m\u00e1is de tres acordes e b\u00e1stase da s\u00faa t\u00e9cnica&nbsp;coas seis cordas, da s\u00faa voz e dun pedal de&nbsp;<em>loops<\/em>&nbsp;para encher o escenario. Pero en certos ambientes masculinos<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/sociedad\/2019\/03\/08\/insultos-estereotipos-suspicacias-viven-machismo\/2065115.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">&nbsp;inda custa crer nas habilidades co&nbsp;guitarra dunha rapaza.<\/a>&nbsp;\u201cClaro que padec\u00edn eses prexu\u00edzos, agora xa non tanto, pero si. O t\u00edpico: contactas con alg\u00fan local e preg\u00fantanche quen te acompa\u00f1a, porque non cren que ti soa poidas\u201d. E malia que ve cambios a mellor, coa aparici\u00f3n de m\u00e1is mulleres instrumentistas que servir\u00e1n de espello para as m\u00e1is novas, pensa que&nbsp;<strong>\u201cinda desconcerta que unha muller toque igual de ben que un home\u201d<\/strong>. Unha visi\u00f3n que non se lles aplica \u00e1s vocalistas, porque cantar sempre foi o rol principal das mulleres na m\u00fasica popular.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"SU GARRIDO POMBO &quot;Carolina&quot;\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/0cu7q8uDW4Q?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Pero para chegar ata aqu\u00ed cumpren un par de flashbacks.<\/p>\n\n\n\n<p>Xullo de 2003, auditorio de Castrelos. Caetano Veloso sae a un escenario cun fondo negro; vestido desa mesma cor e sentado nunha cadeira canta ante milleiros acompa\u00f1ado s\u00f3 da s\u00faa guitarra. \u201cCando o vin dixen: &#8216;Se alg\u00fan d\u00eda eu puidese achegarme un m\u00ednimo a iso&#8230;&#8217; Era a esencia, o m\u00ednimo, e chegando tanto.<strong>&nbsp;Eu quer\u00eda chegarlle \u00e1 xente tanto coma el me chegou a min aquel d\u00eda<\/strong>. Transformou a mi\u00f1a vida\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>A historia s\u00e9rvelle para a reflexi\u00f3n art\u00edstica e para a cr\u00edtica cultural. \u201cCreo no austero, nunha melod\u00eda, unha harmon\u00eda e xa. Cando funciona, para min \u00e9 sublime, como Caetano aquel d\u00eda\u201d. Aquela actuaci\u00f3n formaba parte do&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/extra\/2337\/vigo-vinieron\/12876.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">celebrado ciclo Para Vigo me voy<\/a>, \u201cque se fac\u00eda con criterio, e non vou a seguir\u201d. Pero, logo das risas e os comentarios citados arriba, retoma o f\u00edo: \u201cCando a cultura se planifica ben poden ocorrer estas cousas, traer a artistas que cambien a vida da xente. \u00c9 algo para pensar\u201d. Un pouco despois, na mesma li\u00f1a, dispara:<strong>&nbsp;\u201cNesta cidade a cultura funciona pola cultura de base, o institucional \u00e9 propaganda<\/strong>. \u00c1 marxe de que ve\u00f1an artistas moi bos, a finalidade destes macroconcertos, deste bum, \u00e9 a propaganda. Para min non vale, non me interesa\u201d. Reivindica \u201ca xente que toca e as salas que programan\u201d. Vigo, analiza, \u201cnon sabe a sorte que ten\u201d.&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/gran-vigo\/2019\/06\/25\/impulsan-recogida-firmas-grupos-locales\/2129836.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">\u201cNon se aposta para nada polos artistas locais<\/a>; despois das \u00faltimas declaraci\u00f3ns do alcalde [Abel Caballero]&#8230; Nin as vou mencionar. Pero seguiremos loitando, porque seguiremos cantando e tocando\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"MUSICA EN DIRECTO | Su Garrido Pombo - Cami\u00f1an descalzas polas rochas\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/I96QuIXQn8o?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Ano 2012, un parque de Dubl\u00edn, poalla. Su, tremendo e sen levantar case a cabeza, ponse a cantar coa s\u00faa guitarra por vez primeira en solitario nun recinto p\u00fablico.<strong>&nbsp;\u201cDeb\u00eda ser unha<em>&nbsp;bossa nova<\/em>, algo tropical para un d\u00eda moi gris\u201d<\/strong>. Acababa de chegar \u00e1 capital irlandesa por pura necesidade, afogada na s\u00faa vida de profesora de m\u00fasica. \u201cPasou un rapaz de coleta e botoume dous euros. De s\u00fapeto foi como &#8216;wow, se cadra podo ga\u00f1arme a vida con isto&#8217;. Cinco minutos despois chegou a poli e botoume\u201d. Como en Irlanda \u201ca m\u00fasica est\u00e1 en todas partes\u201d e non hai eses muros entre o mundi\u00f1o art\u00edstico e a xente do com\u00fan, non lle resultou complicado entrar en contacto con outros m\u00fasicos, conseguir concertos e ata tocar nun programa de radio.<\/p>\n\n\n\n<p>As\u00ed que entre a epifan\u00eda Caetano e o experiencia irlandesa pasaron case 10 anos, e outros seis ata que se decidiu a publicar o primeiro disco. Por que tanto tempo? \u201cCrieime nun ambiente non art\u00edstico. Inda que fun ao conservatorio dende pequena, sempre tiven esa cousa de &#8216;podo facelo?&#8217; Ademais sendo muller non ti\u00f1a referentes, PJ Harvey, Bj\u00f6rk e pouco m\u00e1is. \u00c9 complicado crer que o podes facer.<\/p>\n\n\n\n<p>Faro: E agora xa cres que podes?<\/p>\n\n\n\n<p>Su: Noon, que va. Cada d\u00eda \u00e9 un reto, precioso, pero distinto. Afortundamente te\u00f1o moita xente ao redor que me di que te\u00f1o que facelo. Non me queda outra. Iso e que hai que pagar o aluguer.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img decoding=\"async\" width=\"800\" height=\"800\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/su-garrido-pombo-directo.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-673\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/su-garrido-pombo-directo.jpg 800w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/su-garrido-pombo-directo-300x300.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/su-garrido-pombo-directo-150x150.jpg 150w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/su-garrido-pombo-directo-768x768.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em><em>Voz e guitarra para intentar chegar como Caetano lle chegou a ela | Miguel Estima<\/em><\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Criada ata os tres anos na aldea de Traspielas, en Fornelos de Monte, medrou no Calvario dos 80 e primeiros 90 \u00e1 vez que estudaba no conservatorio. \u201cSon tres mundos moi distintos, ata agora non fun consciente diso\u201d. M\u00fasica tradicional galega, v\u00eddeos de Beastie Boys ou Rage Against The Machine mentres colgaba clase, e, pola tarde, pezas de Bach. A s\u00faa m\u00fasica actual, di, \u00e9 froito de todas esas vivencias e da s\u00faa vida coti\u00e1.<strong>\u00a0\u201c\u00c9 un reflexo de todo o que vivo, sen m\u00e1is pretensi\u00f3ns<\/strong>, o que te\u00f1o preto \u00e9 o que canto. Non ten unha explicaci\u00f3n tipo [pon voz grandilocuente e cambia ao castel\u00e1n): &#8216;Voy a mezclar elementos dispares en busca del eclectismo&#8230;&#8217; Non\u201d. Ao transcribir a conversa, o xornalista dec\u00e1tase de que non fixo unha pregunta fundamental. \u201cSe alg\u00fan d\u00eda eu puidese achegarme un m\u00ednimo a iso&#8230;\u201d, dic\u00eda sobre o impacto que lle causou o concerto de Caetano Veloso. \u201cE cres que o conseguiches?\u201d, cuestiona, agora si, por mensaxe. \u201cHahaha, xa me gustar\u00eda! Isto da m\u00fasica para min \u00e9 un cami\u00f1o, unha b\u00fasqueda, e niso estou. Non, non creo que chegara inda pero estou a gozar deste cami\u00f1o lento, malia que \u00e1s veces, como non!, tam\u00e9n me frustro\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full is-resized\"><img decoding=\"async\" width=\"535\" height=\"800\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/su-garrido-pombo-pie.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-674\" style=\"width:840px;height:auto\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/su-garrido-pombo-pie.jpg 535w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/su-garrido-pombo-pie-201x300.jpg 201w\" sizes=\"(max-width: 535px) 100vw, 535px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Su, a s\u00faa guitarra e a nortada, no seu querido Paseo de Alfonso | Marta G. Brea<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">A M\u00daSICA DE VIGO, EN SEIS PREGUNTAS<\/h3>\n\n\n\n<p><strong>O teu grupo ou artista de Vigo favorito:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Su Garrido Pombo: Calquera dos grupos que pasan pola\u00a0<em>jam<\/em>\u00a0de\u00a0<em>jazz<\/em>\u00a0da Casa de Arriba, polas sesi\u00f3ns Halo ou polas\u00a0<em>jams<\/em>\u00a0vocais que organiza Rub\u00e9n Fern\u00e1ndez, un cantante \u00f3 que admiro, na sala Kominski. Tam\u00e9n temos un tesouro como \u00e9 a ETRAD da que<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/dadga.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">\u00a0saen cada ano m\u00fasicos marabillosos<\/a>\u00a0e da que temos que estar moi orgullosos e conservar.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un sitio para tocar en Vigo<\/strong>:<\/p>\n\n\n\n<p>Su Garrido Pombo: T\u00e9\u00f1olle especial cari\u00f1o a El Contrabajo porque\u00a0<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/cultura\/2019\/05\/31\/rafael-chao-programe-oreja-piensas\/2115117.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Rafa, o seu antigo dono<\/a>, foi o primeiro que me deu a oportunidade de tocar en Vigo. Tam\u00e9n \u00e1 Casa de Arriba, que me acolleu como m\u00fasica residente e na que colaborei con tantos m\u00fasicos, e \u00e1 Sala Magn\u00e9tica, agora Kominsky, onde presentei o disco. E en xeral t\u00f3dalas salas que programan m\u00fasica e tratan ben \u00f3s m\u00fasicos, son os que mante\u00f1en a cultura musical desta cidade.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O mellor concerto de Castrelos:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Su Garrido Pombo: Non sei se o mellor pero o que m\u00e1is me marcou foi un concerto de Caetano Veloso no Festival Para Vigo me voy no ano 2003, cando inda se programaba con alg\u00fan criterio.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un grupo\/artista de Vigo ao que reivindicar e que non ten o reco\u00f1ecemento que merece.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Su Garrido Pombo: Calquera dos que participan nas\u00a0<em>jams<\/em>, paga a pena achegarse, hai moitisima calidade.\u00a0<\/p>\n\n\n\n<p><strong>The next big thing da escena viguesa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Su Garrido Pombo: Unha programaci\u00f3n cultural estable, con criterio e independente da pol\u00edtica de turno.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que opinas da escena musical en Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Su Garrido Pombo: Que hai moit\u00edsima calidade entre os m\u00fasicos pero non a hai \u00e1 hora de programar, co presuposto dun macroconcerto deste ano en Castrelos programar\u00edase un ciclo enteiro doutras m\u00fasicas.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">QUEN \u00c9 QUEN<\/h3>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/su-garrido-pombo-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-678\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/su-garrido-pombo-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/su-garrido-pombo-300x200.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/su-garrido-pombo-768x512.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/su-garrido-pombo-1536x1024.jpg 1536w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/su-garrido-pombo.jpg 1866w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Su Garrido Pombo e o seu sorriso | Marta G. Brea<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Guitarrista, cantante e compositora<\/h4>\n\n\n\n<p>Cursou guitarra cl\u00e1sica no Conservatorio Mayeusis, (1992-2000) e Historia da Arte e Musicolox\u00eda en varias universidades. O grupo folk Lembranzas Galegas foi o seu primeiro proxecto. Logo, en 2003, formou Sonhos, co que recibiu numerosos reco\u00f1ecementos. En 2012 trasladouse a Dublin e comezou a s\u00faa carreira en solitario.<\/p>\n\n\n\n<p>En 2015,&nbsp;xunto con Margarida Mari\u00f1o, formou o grupo TREME e conseguiron o primeiro&nbsp;Premio no&nbsp;concurso MusicaXove 15 \u00f3&nbsp;mellor grupo xove galego. Despois lanzaron o seu disco debut \u201cMundo Ideal\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>O ano pasado, ademais de gravar o seu primeiro disco en solitario, sumouse a Son Tr\u00edo, un novo proxecto musical xunto \u00e1 pianista e compositora Katia Linke&nbsp;e a cellista Susanna Blanco. Tam\u00e9n ten activo o d\u00fao Malandra, xunto ao guitarrista Miguel Fraile.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">PLAYLIST<\/h3>\n\n\n\n<p>D\u00edxose arriba que Su Garrido Pombo non ten, a d\u00eda de hoxe, o seu disco en plataformas dixitais. O documento m\u00e1is axeitado para achegarse ao seu eu art\u00edstico actual \u00e9 esta gravaci\u00f3n en directo do espazo Medio Bolo da Radio Galega, na que toca varios dos temas de\u00a0<em>Quedo a vivir aqu\u00ed.<\/em>\u00a0O medio p\u00fablico autorizou a utilIzar o v\u00eddeo nesta reportaxe; dende aqu\u00ed agradecemos a xentileza.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Medio Bolo | Su Garrido\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/hPkiPBfgWTc?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A VIDA ENTRE (M\u00c1IS DE TRES) ACORDES Conta Su Garrido Pombo entre risas, sen darlle importancia, que non, que pasa de subir o seu premiado disco&nbsp;Quedo a vivir aqu\u00ed&nbsp;\u00e1 plataforma dixital algunha. Que non ten tempo que perder en burocracias, que ten que tocar e agora, ademais, coidar dun beb\u00e9. Non ser\u00e1n moitos os e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":696,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-670","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-musica-se-vive-con-v-de-vigo"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/670","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=670"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/670\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media\/696"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=670"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=670"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=670"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}