
{"id":671,"date":"2018-12-15T16:38:02","date_gmt":"2018-12-15T15:38:02","guid":{"rendered":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/?p=671"},"modified":"2025-04-10T09:56:24","modified_gmt":"2025-04-10T07:56:24","slug":"xoana","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/xoana\/","title":{"rendered":"Xoana"},"content":{"rendered":"\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>UNHA NOVA VOZ PARA PRENDER LUMES<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>Os cami\u00f1os da industria musical son inescrutables, pero as calidades das artistas, inda que debatibles, non son tan dif\u00edciles de percibir. Que a porri\u00f1esa Xoana Veiga Mart\u00ednez, 20 anos, logre facerse un oco no mundo da m\u00fasica est\u00e1 por ver e depender\u00e1 dunha chea de factores. Que ten os vimbios para conseguilo, tam\u00e9n a nivel&nbsp;<em>mainstream,<\/em>&nbsp;non se discute:&nbsp;<strong>a s\u00faa voz, poderosa coma a dunha diva&nbsp;<em>soul&nbsp;<\/em>e vers\u00e1til coma a dunha estrela&nbsp;<em>pop,&nbsp;<\/em>fala por ela.<\/strong>&nbsp;E faino en galego, a s\u00faa lingua materna, a que abandonou no seu paso pola escola e recuperou cando, hai dous anos, entrou na universidade e empezou a preparar o seu primeiro disco,&nbsp;<em>Dardos<\/em>, publicado en decembro de 2018.<\/p>\n\n\n\n<p>O certo \u00e9 que pouca xente escoitara falar de Xoana -ese \u00e9 o seu nome art\u00edstico- antes da s\u00faa<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/comarcas\/2019\/02\/13\/porrinesa-xoana-irrumpe-estrepito-premios\/2051101.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">&nbsp;sorprendente aparici\u00f3n nas candidaturas dos prestixiosos Premios de la M\u00fasica Independiente (MIN)<\/a>. A votaci\u00f3n popular levouna \u00e1s semifinais de sete categor\u00edas; nesa fase o xurado deixouna nunha final, a de mellor disco en galego, xunto a nomes ben m\u00e1is co\u00f1ecidos: Mercedes Pe\u00f3n, Ezetaerre, Chicharr\u00f3n e Tanxugueiras. \u201cF\u00edxome moita ilusi\u00f3n, o que quer\u00eda [ao presentarse aos galard\u00f3ns] era mover o proxecto e que souberan que existo. A\u00ed estamos\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Xoana - M\u00e1rtires\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/9t7AoqVxRvo?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Portela encargouse de compo\u00f1er a m\u00fasica e a proxenitora asumiu a parte l\u00edrica. \u201cNese momento [con 18 anos]\u00a0<strong>eu cr\u00eda que non estaba \u00e1 altura de facer unhas letras que me convencesen;<\/strong>\u00a0quer\u00eda uns textos moi reivindicativos e moi directos e pensei que non pod\u00eda dar a talla para facer algo que me gustase 100%\u201d. Xoana expr\u00e9sase coa sinceridade e naturalidade das que non se po\u00f1en a roupa de traballo para falar coa prensa. \u201cNon me fago publicidade ningunha\u201d, solta logo de respostar sen moita pirotecnia -\u201do mellor do concerto \u00e9 que hai moita variedade\u201d- a como son as s\u00faas actuaci\u00f3ns ao vivo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/uploads\/2019\/02\/28\/XOA1-yPIQ-1000x_.jpg?token=2eff4e218248be1788b0b18012e69798\" alt=\"Xoana, prendendo lumes en directo | Andreia Teijeira\" title=\"\"><\/figure>\n\n\n\n<p>Xoana, prendendo lumes en directo | Andreia Teijeira<\/p>\n\n\n\n<p>Se&nbsp;<em>Dardos<\/em>&nbsp;\u00e9 a estrea discogr\u00e1fica de Xoana, tam\u00e9n \u00e9 a primeira vez que os textos da nai, profesora nun colexio de Vigo, chegan ao p\u00fablico. \u201cSempre lle gustou escribir, o que pasa \u00e9 que nunca quixo ensinarllo a ningu\u00e9n, nin sequera ao meu pai nin a min. Eu d\u00edxenlle, &#8216;por que non me escribes algo e o musicamos&#8217;\u201d. Como o resultado foi satisfactorio pediulle m\u00e1is, ata completar os 10 temas que conforman o \u00e1lbum. O contido incide no social -emigraci\u00f3n, violencia de x\u00e9nero, a situaci\u00f3n do galego, etc.-, porque, pensa a cantante, os tempos as\u00ed o demandan:&nbsp;<strong>\u201cFai falta dicir as cousas claras e reivindicalas. \u00c9 un dos papeis m\u00e1is importantes da m\u00fasica\u201d.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Xoana - Espellos\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/N9DTOdvQZGk?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>No musical, en&nbsp;<em>Dardos&nbsp;<\/em>a s\u00faa voz imponse de principio a fin. Mais queda tam\u00e9n patente o saber facer de Jos\u00e9 Portela na parte compositiva, enfocada en resaltar as -grandes- virtudes vocais de Xoana. Os temas transitan por unha ampla variedade de x\u00e9neros -rock, funk, pingas de jazz- sobre os que a cantante amosa a versatilidade do seu rexistro.&nbsp;<strong>\u00c9 tan evidente o predominio anglosax\u00f3n das s\u00faas influencias<\/strong>, tam\u00e9n na forma de cantar, coma improbable que, logo de escoitar o disco, algu\u00e9n acerte co seu artista preferido: Rosendo. \u201cTe\u00f1o un amor plat\u00f3nico. De pequena meu pai sempre estaba con el, as\u00ed que eu tam\u00e9n. Agora me encanta. E sempre me din que non me pega moito, pero a min p\u00edrrame\u201d. Hai que convencer ao de Carabanchel para que&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/portada-pontevedra\/2018\/08\/12\/rocknroll-rosendo-levanta-ultima-vez\/1943697.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">deixe un momenti\u00f1o a xubilaci\u00f3n&nbsp;<\/a>e faga un d\u00fao coa cantante, o choque de voces ser\u00eda digno de escoitar.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Xoana - Refr\u00e1ns\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/mryy_mrebOM?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>A Xoana sorpr\u00e9ndelle ter unha mellor resposta de xente dunha certa idade que entre a da s\u00faa xeraci\u00f3n, pero hai certa l\u00f3xica, dada a madurez das composici\u00f3ns de&nbsp;<em>Dardos. \u201c<\/em>Poder ser. O que pasa \u00e9 que malia ser maduras creo que calquera da mi\u00f1a idade ten a capacidade de valoralas. Unha cousa que me d\u00e1 moita rabia \u00e9 que me digan &#8216;que novi\u00f1a es&#8217;. Parece que por ser nova te\u00f1o que ser m\u00e1is inocente, ata me sent\u00eda parva por ese comentario\u201d. \u00c9 o \u00fanico momento da charla en que se albisca \u00e1 cantante como \u201cun volc\u00e1n que erupciona\u201d, un dos versos de &#8216;Retrato&#8217;, a canci\u00f3n que a nai escribiu para describila.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai un consello de Jos\u00e9 Portela que a s\u00faa alumna parece ter gravado a ferro:<strong>&nbsp;non estancarse.<\/strong>&nbsp;Apl\u00edcao, por exemplo, para as m\u00fasicas que escoita -agora est\u00e1 explorando outros mundos sonoros, como o brasileiro-. Tam\u00e9n para a s\u00faa banda de directo, composta por instrumentistas veteranos e profesionais, ag\u00e1s un dos guitarristas, tam\u00e9n alumno de M\u00e1sQm\u00fasica. A idea \u00e9 que o grupo acabe sendo \u00edntegro de xente da s\u00faa idade, pero polo de agora ela s\u00e9ntese c\u00f3moda con eles: \u201cSei que te\u00f1o detr\u00e1s unha banda que non me vai fallar. P\u00e1soo moi ben tocando con eles\u201d.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/uploads\/2019\/02\/28\/xoana6-E5xw-1000x_.jpg?token=d3a8ddab481f9f4838c2019e68e2c30f\" alt=\"Xoana, no seu Porri\u00f1o | Alba Villar\" title=\"\"><figcaption class=\"wp-element-caption\">Xoana, no seu Porri\u00f1o | Alba Villar<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Xoana empezou na escola como un pasatempo, pero a d\u00eda de hoxe ten clar\u00edsimo que o que quere \u00e9 dedicarse \u00e1 m\u00fasica.<strong>&nbsp;Fixo un pacto cos seus pais: ela saca o grao, Traduci\u00f3n e Interpretaci\u00f3n, e eles danlle todo o seu apoio na s\u00faa aposta musical.<\/strong>&nbsp;\u201cPara min \u00e9 unha tortura; a xente preg\u00fantame porqu\u00e9 non escoll\u00edn outra carreira que me gustase m\u00e1is, pero en realidade non considero que haxa outra que me vaia prestar m\u00e1is\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>En todo caso, fica claro a importancia da familia nesta aventura. Para esta conversa agardou acompa\u00f1ada da s\u00faa avoa, que se despediu do xornalista cunha agarimosa advertencia: \u201cFaille unha boa entrevista\u201d. Se boa ou mala queda a xu\u00edzo das lectoras, o que si se pode augurar sen arriscar demasiado \u00e9 que ser\u00e1 unha das primeiras das moitas que est\u00e1n por vir e que, parafraseando outro dos versos de &#8216;Retrato&#8217;, a s\u00faa \u201cvoz seguir\u00e1 prendendo lumes\u201d.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">La m\u00fasica de Vigo, en seis preguntas<\/h3>\n\n\n\n<p><strong>Tu grupo\/artista de Vigo favorito:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Xoana: Iv\u00e1n Ferreiro.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un sitio para tocar en Vigo<\/strong>:<\/p>\n\n\n\n<p>Xoana: O auditorio municipal do Concello de Vigo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>El mejor concierto de Castrelos:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Xoana: Bajo en Nicotina.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un grupo\/artista de Vigo al que reivindicar<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Xoana: Jos\u00e9 Portela.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>The next big thing de la escena viguesa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Xoana: O novo disco de Najla Shami.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>\u00bfQu\u00e9 opin\u00e1is de la escena musical en Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Xoana: Creo que se deber\u00eda apoiar m\u00e1is e dar o reco\u00f1ecemento que merece a arte propia, as\u00ed como se fai coa que v\u00e9n de f\u00f3ra.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Quen \u00e9<\/h3>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-media-text is-stacked-on-mobile\"><figure class=\"wp-block-media-text__media\"><img decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"1000\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xoana2.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-675 size-full\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xoana2.jpg 1000w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xoana2-300x300.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xoana2-150x150.jpg 150w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xoana2-768x768.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure><div class=\"wp-block-media-text__content\">\n<p><strong>Xoana: cantante<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Xoana Veiga Mart\u00ednez apuntouse con 15 anos ao coro da escola M\u00e1sQm\u00fasica. Algo debeu de ver (e escoitar) Jos\u00e9 Portela, porque axi\u00f1a a convenceu para que se unise \u00e1s clases de produci\u00f3n musical. Comezou facendo versi\u00f3ns de grupos como Keane, Kings of Leon ou Audioslave. O seu primeiro achegamento formal \u00e1 m\u00fasica en galego foi unha versi\u00f3n musicada do poema &#8216;A xustiza pola man&#8217;, de Rosal\u00eda de Castro.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois de dous anos de traballo, en decembro de 2018 Inquedanzas Sonoras publicou o seu primeiro disco,&nbsp;<em>Dardos.&nbsp;<\/em>Un dos seus novos retos \u00e9 aprender a tocar a guitarra ou o teclado.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n<\/div><\/div>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\"><\/h4>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>UNHA NOVA VOZ PARA PRENDER LUMES Os cami\u00f1os da industria musical son inescrutables, pero as calidades das artistas, inda que debatibles, non son tan dif\u00edciles de percibir. Que a porri\u00f1esa Xoana Veiga Mart\u00ednez, 20 anos, logre facerse un oco no mundo da m\u00fasica est\u00e1 por ver e depender\u00e1 dunha chea de factores. Que ten os [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":672,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-671","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-musica-se-vive-con-v-de-vigo"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/671","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=671"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/671\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media\/672"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=671"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=671"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=671"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}