
{"id":677,"date":"2019-03-15T16:44:38","date_gmt":"2019-03-15T15:44:38","guid":{"rendered":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/?p=677"},"modified":"2025-05-19T10:10:47","modified_gmt":"2025-05-19T08:10:47","slug":"rebeliom-inframundo-rap-galego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/rebeliom-inframundo-rap-galego\/","title":{"rendered":"Rebeliom do Inframundo"},"content":{"rendered":"\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>A REVOLTA EMPEZA POLOS AFECTOS<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>Cando os ecos das miles de mulleres que&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/sociedad\/2019\/03\/09\/movimiento-feminista-toma-calle-favor\/2065486.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">o 8-M berraron pola igualdade inda retumban<\/a>&nbsp;nas r\u00faas galegas, un vello lema feminista ben pode resumir a esencia de&nbsp;<em>Ilegal<\/em>, a nova achega do combo de&nbsp;<em>rap<\/em>&nbsp;Rebeliom do Inframundo: o persoal \u00e9 pol\u00edtico e, c\u00f3mpre engadir, a revolta contra o estado de cousas no mundo empeza nos afectos, nas apertas, na empat\u00eda.&nbsp;<strong>\u201cTi sangras, eu sangro; ti s\u00faas, eu s\u00fao\u201d<\/strong>, di a s\u00faa voz principal, Nervo, que \u00e1s veces fai versos mentres fala. O terceiro disco da banda viguesa, con orixe en Ponteareas, supura paix\u00f3n -por momentos enrabechada, outros m\u00e1is suave, outros a\u00ednda desesperada-, a mesma que prometen na presentaci\u00f3n ao vivo, este s\u00e1bado, d\u00eda 16, na sala Masterclub: \u201cMorreremos nese bolo\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Entre quendas laborais, obrigas familiares e compromisos do grupo atopamos un oco ao sol do luns que quenta a praza do mercado de Teis para falar co Mc que asina a meirande parte de textos do \u00e1lbum. As\u00ed explica Nervo a filosof\u00eda do traballo: \u201cParece que \u00e9 ilegal que eu che dea unha aperta, que sintas amor cara a algu\u00e9n, que axudes a outra persoa.<strong>&nbsp;Parece que s\u00f3 \u00e9 legal ir polo seu rego, pola s\u00faa cadea de traballo e de pensamento<\/strong>. Parece que o amor non existe\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Rebeliom do Inframundo - A humildade tem um pre\u00e7o (Prod. Frank Huxley)\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/W-NFxXOkJaE?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Nun disco de atmosfera l\u00edrica tan densa tam\u00e9n hai espazo para un tema vacil\u00f3n, un cl\u00e1sico da tradici\u00f3n rap. \u00c9 \u2018Run Madafaka\u2019, con versos como \u201co teu rollo progre taleguero non o creo\u201d ou \u201ca\u00ed est\u00e1n sacando selfis todos contentos, son coma un can cun frisbee e algo de penso\u201d. \u201cEstaba no traballo cando a escrib\u00edn.<strong>&nbsp;Disto que abres as redes sociais e dis \u2018buff, canta pe\u00f1a fardando de merdas\u2019\u201d<\/strong>. Non quere desvelar a quen vai dirixido \u2013\u201ca quen se sinta ofendido\u201d-, pero salienta que a todo o grupo lle saca un sorriso cando a escoitan ou interpretan.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/uploads\/2019\/03\/15\/rebeliom_do_inframundo_03-cn0J-1000x_.jpg?token=22a597717609abe5edac2e095e98ec06\" alt=\"A Rebeliom do Inframundo ao completo, en Desguaces Gil | Alberto Lora\" title=\"\"><\/figure>\n\n\n\n<p>A Rebeliom do Inframundo ao completo, en Desguaces Gil | Alberto Lora<\/p>\n\n\n\n<p>Rebeliom do Inframundo son un grupo de&nbsp;<em>rap<\/em>&nbsp;de aire cl\u00e1sico, que reivindica o&nbsp;<em>scratch<\/em>&nbsp;e o&nbsp;<em>boom bap<\/em>&nbsp;(ritmo b\u00e1sico de bombo e caixa), pero non se pechan a incorporar elementos doutros estilos. En&nbsp;<em>Ilegal<\/em>&nbsp;hai guitarras roqueiras, ritmos&nbsp;<em>reggae<\/em>, bases electr\u00f3nicas a dobre tempo e ata m\u00fasica tradicional galega, na voz de Iria Medranho, a compa\u00f1eira de Nervo. \u201cN\u00f3s somos moi brutos, moi duros, e ela d\u00e1lle ese toque de dozura.<strong>&nbsp;Por que non xuntar o popular cunha m\u00fasica moderna como o&nbsp;<em>rap<\/em>?<\/strong>\u201d, reivindica, e concl\u00fae: \u201cHai que meter cousas novas para non ancorarte no de sempre, sen\u00f3n \u00e9 aburrid\u00edsimo\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Rebeliom do Inframundo - #NOMIMOSPOLOREGHO (Prod. Movementss)\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/LQ7LoKKnWvo?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Nervo matiza un par de lugares com\u00fans sobre o&nbsp;<em>hip hop<\/em>, o do machismo e o da egolatr\u00eda.<strong>&nbsp;\u201cClaro que hai rapeiros machistas, coma metaleiros, roqueiros&#8230; porque a sociedade \u00e9 totalmente patriarcal\u201d<\/strong>. E si, ve comportamentos dese tipo na escena, como tam\u00e9n \u201cnos traballos e no supermercado\u201d. Nese senso, ademais de resaltar o seu apoio \u00e1 causa feminista, salienta que est\u00e1n a sa\u00edr unha morea de voces femininas no&nbsp;<em>rap<\/em>, como as barcelonesas Tribade. Aplica a mesma l\u00f3xica a ese t\u00f3pico dos Mc loitando por ser o galo do curral: \u201cIso pasa en todas as m\u00fasicas, non s\u00f3 no&nbsp;<em>rap<\/em>. Ti sobes ao escenario e queres ser mellor que o grupo anterior (\u2026) Quen diga que non quere iso, minte\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/uploads\/2019\/03\/15\/rebeliom_do_inframundo_13-9Ril-1000x_.jpg?token=d4652a90646fc1f8a81fba674b369141\" alt=\"Arriba, Nervo e Ichi; no medio, Frank; abaixo, Malvares. O oco baleiro \u00e9 para Movementss, que a \u00faltima hora non puido asistir \u00e1 sesi\u00f3n de fotos. | J. Lores\" title=\"\"><\/figure>\n\n\n\n<p>Arriba, Nervo e Ichi; no medio, Frank; abaixo, Malvares. O oco baleiro \u00e9 para Movementss, que a \u00faltima hora non puido asistir \u00e1 sesi\u00f3n de fotos. | J. Lores<\/p>\n\n\n\n<p>O certo \u00e9 que<strong>&nbsp;sen esa mestura de ambici\u00f3n e paix\u00f3n case relixiosa pola m\u00fasica \u00e9 dif\u00edcil de entender que se poida manter viva unha banda as\u00ed<\/strong>&nbsp;ao longo dos tempo. Nervo di que \u201cfan malabares\u201d para sacar tempo para ensaiar e crear, pero a expresi\u00f3n fica curta, con dous dos membros traballando na mesma empresa en quendas inversas, outro vivindo en Padr\u00f3n, outro m\u00e1is cos horarios imposibles dos panadeiros. O quinto, Movementss, non puido asistir \u00e1 sesi\u00f3n de fotos, logo de facer encaixe de Camari\u00f1as para p\u00f3rlle data e hora, porque no \u00faltimo intre tivo que prolongar a s\u00faa xornada laboral. \u201c\u00c9 unha loucura; ou m\u00f3lache moito ou non o far\u00edas nunca\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Rebeliom do Inframundo - Bang Bang\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/6YbVQhqGFF4?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Van 14 anos dende que uns colegas de Ponteareas seareiros do rap que paraban no &#8216;inframundo&#8217; -un grupo de edificios que estaban a medio constru\u00edr- decidiron montar a s\u00faa rebeli\u00f3n. Houbo cambios na banda e xa non son aqueles rapaces de 18 anos que gastaban os seus poucos cartos noutros asuntos alleos \u00e1 m\u00fasica: publicaron o seu primeiro disco en 2012,&nbsp;<em>A sorpresa<\/em>, porque ata 2010 non ti\u00f1an nin ordenador nin microfon\u00eda para gravar. Mais unha idea permanece, a de sementar para logo recoller, como eles mesmos dic\u00edan nunha entrevista hai anos.<strong>&nbsp;\u201cSe non sementas guai, logo vas recoller hostias\u201d<\/strong>, sentencia agora Nervo, a quen se lle ilumina a mirada cando lembra como un grupo de rapaces coas caras pintadas desprazouse m\u00e1is de 20 quil\u00f3metros para velos no seu \u00faltimo concerto en Sant Boi de Llobregat. A humildade ten un prezo e, \u00e1s veces, tam\u00e9n recompensa.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/uploads\/2019\/03\/15\/rebeliom_do_inframundo_07-tOyb-1000x_.jpg?token=ef3d64d96b40c28e7c7a0e3694748f4a\" alt=\"Nervo, aupado polo p\u00fablico na \u00faltima edici\u00f3n do Festigal. | Alberto Lora\" title=\"\"><figcaption class=\"wp-element-caption\">Nervo, aupado polo p\u00fablico na \u00faltima edici\u00f3n do Festigal. | Alberto Lora<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">La m\u00fasica de Vigo, en seis preguntas<\/h3>\n\n\n\n<p><strong>Tu grupo\/artista de Vigo favorito:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Nervo:<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/sociedad\/2018\/08\/24\/fusion-musical-woyza--the\/1949484.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">&nbsp;Woyza.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un sitio para tocar en Vigo<\/strong>:<\/p>\n\n\n\n<p>Nervo: Na Sala Masterclub.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>El mejor concierto de Castrelos:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Nervo: Public Enemy ou Emir Kusturica.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un grupo\/artista de Vigo al que reivindicar<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Nervo: 2Pas0s.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>The next big thing de la escena viguesa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Nervo: A volta de Skacha.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>\u00bfQu\u00e9 opin\u00e1is de la escena musical en Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Nervo: O pobo que canta non morre nunca e Vigo \u00e9 inmortal.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Quen \u00e9 quen<\/h3>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-media-text is-stacked-on-mobile\"><figure class=\"wp-block-media-text__media\"><img decoding=\"async\" width=\"683\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/rebeliom_do_inframundo_10-ubbH-1000x_-683x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-682 size-full\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/rebeliom_do_inframundo_10-ubbH-1000x_-683x1024.jpg 683w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/rebeliom_do_inframundo_10-ubbH-1000x_-200x300.jpg 200w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/rebeliom_do_inframundo_10-ubbH-1000x_-768x1152.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/rebeliom_do_inframundo_10-ubbH-1000x_.jpg 1000w\" sizes=\"(max-width: 683px) 100vw, 683px\" \/><\/figure><div class=\"wp-block-media-text__content\">\n<p><strong>Malvares de Moscoso: Mc<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Integrante dun dos grupos pioneiros do&nbsp;<em>hip hop<\/em>&nbsp;en galego, Trasnos de Mosco, e antigo membro de Track Asedio. Leva toda unha vida nisto do&nbsp;<em>rap<\/em>&nbsp;e dende 2012 forma parte activa de Rebeliom do Inframundo, \u00abdando calor coa s\u00faa voz como Mc\u00bb. Ademais, ten os seus traballos en solitario para Lingua Nativa xunto a J.CNNR. Tam\u00e9n ten unha participaci\u00f3n activa no Festival Keruack, co que recitou as s\u00faas verbas tanto polo Estado espa\u00f1ol como polo extranxeiro, chegando a facer recitais en cidades coma Nova Ioque.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n<\/div><\/div>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-media-text has-media-on-the-right is-stacked-on-mobile\"><div class=\"wp-block-media-text__content\">\n<p><strong>Movementss: produtor<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Un cl\u00e1sico do&nbsp;<em>rap<\/em>&nbsp;en Vigo, antigo membro do colectivo Track Asedio, 9 puntos similares, Arquestra e membro de Verso Libre e True Cerdis. Leva unha grande bagaxe nisto do&nbsp;<em>hip hop<\/em>&nbsp;en Galicia. Forma parte de Rebeliom do Inframundo dende o ano 2011 no que gravou moitos dos temas da banda. Productor do grupo, \u00e9 un dos&nbsp;<em>beatmakers<\/em>&nbsp;mais respetados do pa\u00eds grazas a todo o traballo que leva as suas costas. Tam\u00e9n Mc en solitario, cedo sacar\u00e1 \u00e1 luz o seu segundo traballo.<\/p>\n<\/div><figure class=\"wp-block-media-text__media\"><img decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"941\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/movementss-HVJm-1000x_.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-683 size-full\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/movementss-HVJm-1000x_.jpg 1000w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/movementss-HVJm-1000x_-300x282.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/movementss-HVJm-1000x_-768x723.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure><\/div>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-media-text is-stacked-on-mobile\"><figure class=\"wp-block-media-text__media\"><img decoding=\"async\" width=\"682\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/rebeliom_do_inframundo_15-Zufu-1000x_-682x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-685 size-full\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/rebeliom_do_inframundo_15-Zufu-1000x_-682x1024.jpg 682w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/rebeliom_do_inframundo_15-Zufu-1000x_-200x300.jpg 200w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/rebeliom_do_inframundo_15-Zufu-1000x_-768x1153.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/rebeliom_do_inframundo_15-Zufu-1000x_.jpg 1000w\" sizes=\"(max-width: 682px) 100vw, 682px\" \/><\/figure><div class=\"wp-block-media-text__content\">\n<p><strong>Ichi: Dj<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Uniuse a Rebeliom do Inframundo en 2014 \u00abpara demostrar que \u00e9, sen d\u00fabida algunha, un dos mellores Dj do panorama\u00bb. Leva unha grande historia nisto do&nbsp;<em>hip hop<\/em>&nbsp;da Galiza, sendo Dj de colectivos como Verso Libre ou chegando a inmiscuirse en traballos de jazz como os da banda A tribu. \u00abUn dos Dj referente na Galiza que non deixa a ningu\u00e9n indiferente nos seus directos\u00bb.<\/p>\n<\/div><\/div>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-media-text has-media-on-the-right is-stacked-on-mobile\"><div class=\"wp-block-media-text__content\">\n<p><strong>Frank: productor e Mc<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>No grupo dende 2014. Sempre estivo convivindo xunto a banda at\u00e9 que a vida decidiu unilo a Rebeliom do Inframundo oficialmente nesa data. Un dos produtores mais reco\u00f1ecidos na Galiza. Leva toda unha vida nisto do&nbsp;<em>hip hop.&nbsp;<\/em>\u00c9 un&nbsp;<em>freestailer<\/em>&nbsp;e Mc reco\u00f1ecido. Ten un gran percorrido con traballos en solitario, con 37 Estudios e Verso Libre. A d\u00eda de hoxe tam\u00e9n forma un grupo con 2Pas0S, que sacar\u00e1n un disco en breve.<\/p>\n<\/div><figure class=\"wp-block-media-text__media\"><img decoding=\"async\" width=\"683\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/rebeliom_do_inframundo_14-w3KK-1000x_-683x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-686 size-full\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/rebeliom_do_inframundo_14-w3KK-1000x_-683x1024.jpg 683w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/rebeliom_do_inframundo_14-w3KK-1000x_-200x300.jpg 200w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/rebeliom_do_inframundo_14-w3KK-1000x_-768x1152.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/rebeliom_do_inframundo_14-w3KK-1000x_.jpg 1000w\" sizes=\"(max-width: 683px) 100vw, 683px\" \/><\/figure><\/div>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\"><\/h4>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A REVOLTA EMPEZA POLOS AFECTOS Cando os ecos das miles de mulleres que&nbsp;o 8-M berraron pola igualdade inda retumban&nbsp;nas r\u00faas galegas, un vello lema feminista ben pode resumir a esencia de&nbsp;Ilegal, a nova achega do combo de&nbsp;rap&nbsp;Rebeliom do Inframundo: o persoal \u00e9 pol\u00edtico e, c\u00f3mpre engadir, a revolta contra o estado de cousas no mundo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":687,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-677","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-musica-se-vive-con-v-de-vigo"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/677","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=677"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/677\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media\/687"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=677"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=677"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=677"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}