
{"id":681,"date":"2020-01-04T16:48:00","date_gmt":"2020-01-04T15:48:00","guid":{"rendered":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/?p=681"},"modified":"2025-04-10T10:33:50","modified_gmt":"2025-04-10T08:33:50","slug":"loiros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/loiros\/","title":{"rendered":"Loiros"},"content":{"rendered":"\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>A FORZA DO DESTINO<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>Cousas da vida, un bo d\u00eda queres montar un proxecto de jazz instrumental e cando te decatas est\u00e1s a tocar canci\u00f3ns con letra baseadas en escuros&nbsp;<em>riffs<\/em>&nbsp;afinados en re. Iso nunha parte da canci\u00f3n, porque noutra est\u00e1ste a deixar levar pola psicodelia. E noutra m\u00e1is, esta vez si, ad\u00e9ntraste no medio dunha pasaxe jazz\u00edstica.&nbsp;<strong>Toda esa estra\u00f1a e sorprendente mestura at\u00f3pase no primeiro disco de Loiros<\/strong>, hom\u00f3nimo pero en min\u00fascula, que este venres presentan na sala Kominsky de Vigo.<\/p>\n\n\n\n<p>Tres deles \u2013falta o baixista, Felix Barth, residente en Berl\u00edn- interrompen un ensaio para falar dun dos novos proxectos m\u00e1is singulares da escena local. Marca o tempo o bater\u00eda e impulsor da banda, H\u00e9ctor Agulla, que ten unha explicaci\u00f3n a por que o LP&nbsp;<em>loiros<\/em>&nbsp;soa como soa, e non como el planeaba cando hai tres anos empezou a dar sa\u00edda a algunhas composici\u00f3ns: \u201cO ente formado polos catro xa nos gu\u00eda. Non \u00e9 tanto unha decisi\u00f3n tomada conscientemente, de querer que o grupo vaia por aqu\u00ed.&nbsp;<strong>Van sa\u00edndo as cousas, as canci\u00f3ns fanse a si mesmas.&nbsp;<\/strong>Ti s\u00f3 lle das a forma, pero o&nbsp;<em>rollo<\/em>&nbsp;xa est\u00e1 a\u00ed. \u00c9 algo&nbsp;<em>hippy<\/em>, pero \u00e9 como o sinto\u201d. O cheiro a incenso que impregna o local resalta o orientalismo do argumento.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Loiros - Inner War\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/ukXqkV6FBD4?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Na tradici\u00f3n xudeocristi\u00e1, menos dada as autonom\u00edas, poder\u00edase recorrer a que \u201cos cami\u00f1os do Se\u00f1or son inescrutables\u201d. Pero quizais sexa a sabedor\u00eda popular a que explica nunha soa frase o que pasou dende que a formaci\u00f3n definitiva quedou configurada: a cabra tira ao monte. Neste caso, catro c\u00e1pridos, cada un coa s\u00faa bagaxe, con puntos de conexi\u00f3n, claro, pero \u00e1s veces tam\u00e9n empurrando en direcci\u00f3ns distintas. Toma a palabra Virxilio da Silva, guitarrista, o segundo en sumarse ao proxecto: \u201cTodas esas influencias deles, dos Deftones, do rock alternativo dos 90, est\u00e1n pasadas polo meu filtro psicod\u00e9lico.&nbsp;<strong>Os temas te\u00f1en a base desa onda pero cun son m\u00e1is psicod\u00e9lico\u201d<\/strong>. Puntual\u00edzalle o seu compa\u00f1eiro nas seis cordas, o franc\u00e9s afincado en Vigo Wilfried Wilde: \u201cIso nos \u00faltimos, nos primeiros era outra cousa\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>En efecto, hai unha dualidade marcada no repertorio de Loiros. Alg\u00fans cortes est\u00e1n m\u00e1is preto da idea inicial de H\u00e9ctor, de facer un jazz moi aberto, \u201cde agora\u201d,&nbsp;<em>indie<\/em>&nbsp;-\u201dpero non&nbsp;<em>indie<\/em>&nbsp;de&nbsp;<em>\u00f1i\u00f1i\u00f1i<\/em>\u201d-. Outros tenden a unha est\u00e9tica rock;&nbsp;<strong>son canci\u00f3ns definidas, sen espazo para os desenvolvementos instrumentais.<\/strong>&nbsp;Iso si, sen botar man das estruturas m\u00e1is convencionais de verso-retrouso-verso-retrouso-solo-retrousox2. \u201cInda sinto que estamos entre as d\u00faas tendencias, e creo que vai quedar as\u00ed\u201d, comenta o baterista, e m\u00e1is adiante pecha o asunto: \u201dAo final sae o que ten que sa\u00edr. Non podes dicir vou facer un disco de non sei que. Converteuse noutra cousa. \u00c9 precioso, enc\u00e1ntame esta merda\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"705\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-museo.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-684\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-museo.jpg 1000w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-museo-300x212.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-museo-768x541.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Loiros, en directo no Museo do Mar. | Carlos Deteis<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>E a\u00ed, cando os catro se xuntaron e comezaron a ensaiar, foi cando o car\u00e1cter da banda se definiu. \u201cDe s\u00fapeto est\u00e1bamos a tocar s\u00faper ca\u00f1ero, eramos un grupo de rock esteticamente\u201d. Unha identidade que, coa s\u00faa complexidade, quedou reflectida en&nbsp;<em>loiros<\/em>. \u201cQueriamos algo cru, org\u00e1nico.&nbsp;<strong>Esc\u00f3itanse os pedais, a p\u00faa, a respiraci\u00f3n<\/strong>\u201d, explica o bater\u00eda. E alude a dous \u00e1lbums de debut cl\u00e1sicos para profundar na idea: \u201cEscoitas o&nbsp;<em>Grace<\/em>&nbsp;de Jeff Buckley,&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/sociedad-cultura\/2009\/03\/21\/pearl-jam-revive-estallido-grunge-reedicion-ten\/308470.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">o&nbsp;<em>Ten<\/em>&nbsp;de Pearl Jam<\/a>&#8230; son discos que se se gravan dous d\u00edas despois e ser\u00edan outros. Son brutais, a nivel son, a nivel interpretaci\u00f3n. \u00c9 algo que me flipa\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Para a gravaci\u00f3n contaron cos servizos do Hevi, que est\u00e1 a dar mostras dunha gran versatilidade, cos seus traballos para bandas tan dispares coma&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/mundo-prestigio.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">Mundo Prestigio<\/a>, Oh! Ayatollah ou agora Loiros. S\u00f3 te\u00f1en boas palabras: \u201cAprendemos mogoll\u00f3n con el, sobre arranxos, tam\u00e9n para decatarnos de como queriamos soar\u201d, explica Virxilio. Ocorreu tam\u00e9n, pura idiosincrasia Loiros, que as cousas non foron como planearan. A s\u00faa idea era meterse a gravar estilo jazz, dous d\u00edas intensos para rexistrar todas as pezas posibles.&nbsp;<strong>\u201cNon, imos facelo guai, a buscar o son de cada tema\u201d<\/strong>, retrucoulles o Hevi. As\u00ed que apostaron por facer un par de temas. Pero conforme \u00edan traballando no estudio \u00edan xurdindo novas ideas, as\u00ed que o que \u00edan ser uns d\u00edas acabou por ser case un ano de traballo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Loiros - Rebirthmark\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/W7FaSzFZmOU?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Iso non quere dicir que renunciasen \u00e1 idea de facer un LP natural. Est\u00e1 todo gravado en directo, cos catro interpretando \u00e1 vez na sala. \u201cA mestura t\u00e9dela que facer v\u00f3s tocando. Ten que soar a puto disco nesta sala. Eu s\u00f3 po\u00f1o os micros onde son para que soe como est\u00e1 a soar aqu\u00ed\u201d, d\u00edxolles. Logo, alg\u00fan detalle, alg\u00fan&nbsp;<em>delay<\/em>&nbsp;por aqu\u00ed e un efecto por al\u00e1, e xa. \u201cIso \u00e9 o que buscabamos, se cadra m\u00e1is adiante d\u00e1moslle m\u00e1is voltas para sacar algo m\u00e1is producido\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha vez coas canci\u00f3ns rexistradas, s\u00f3 \u201cd\u00e9bedas, d\u00e9bedas, d\u00e9bedas\u201d, conta Wilfried. \u201cCo de traer a Felix, cunha furgoneta que consume un mont\u00f3n, cun franc\u00e9s que consume un mont\u00f3n&#8230; Cantidades inxentes de comida!\u201d, completa H\u00e9ctor. As\u00ed que apostaron por recorrer ao micro-mecenado, e a cousa sa\u00edu ben.&nbsp;<strong>\u201cColocamos de s\u00fapeto 100 vinilos, que para n\u00f3s, facendo 10 bolos ao ano, \u00e9 imposible\u201d<\/strong>. Entre as recompensas, sorprenden as guitarras personalizadas por eles mesmos \u2013ped\u00edronse d\u00faas&#8211; e o pack de cea preparada polo grupo, vinilo para cada comensal e mini-concerto. \u201cUn deles d\u00edxome, \u2018pero v\u00f3s non ceades con n\u00f3s, non?\u2019 Non, tranquilo, non temos que falar moito\u201d, chancea o baterista.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"666\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-contrapicado-0NtI-1000x_.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-688\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-contrapicado-0NtI-1000x_.jpg 1000w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-contrapicado-0NtI-1000x_-300x200.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-contrapicado-0NtI-1000x_-768x511.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em><em><em>Ademais de tocar, Loiros tam\u00e9n coci\u00f1an, e prometen non dar moito a chapa aos comensais | Ricardo Grobas<\/em><\/em><\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Coa identidade do grupo definida, co disco baixo o brazo, cunhas finanzas algo m\u00e1is pr\u00f3speras \u2013se este adxectivo pode aplicarse no&nbsp;<em>underground<\/em>-, un \u00faltimo paso asentou o proxecto: a s\u00faa entrada no Colectivo Metamovida. \u201cFacilita moito as cousas. Hai sitios nos que preguntas para tocar, dinche que non e cando lles explicas que es da Meta [houbo inevitables dobres sentidos ao respecto], ent\u00f3n si.&nbsp;<strong>\u00ab\u00c9 unha especie de selo de calidade, de que se fan as cousas dunha determinada maneira\u201d<\/strong>, explica H\u00e9ctor, que xa con Why Go formara parte da escudar\u00eda. \u201cEst\u00e1 moi guai o bo<em>&nbsp;rollo&nbsp;<\/em>que hai, a flexibilidade, o ben organizado que est\u00e1. Moit\u00edsimo amor, moit\u00edsima comprensi\u00f3n\u201d. Jazz,<em>&nbsp;grunge<\/em>&nbsp;e, por que non, tam\u00e9n un pouco de Ver\u00e1n do Amor danse a man en Loiros.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full is-resized\"><img decoding=\"async\" width=\"1200\" height=\"800\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-coche-RymU.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-690\" style=\"width:840px;height:auto\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-coche-RymU.jpg 1200w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-coche-RymU-300x200.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-coche-RymU-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-coche-RymU-768x512.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em><em>Loiros, botando en falta ao seu baixista Felix, o amor (musical) das s\u00faas vidas | Ricardo Grobas<\/em><\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">A M\u00daSICA DE VIGO, EN SEIS PREGUNTAS<\/h3>\n\n\n\n<p><strong>O voso grupo ou artista de Vigo favorito:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Loiros: Caldo,&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/trilitrate.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Trilitrate<\/a>, Bliusvai, Cr\u00f3!<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un sitio para tocar en Vigo<\/strong>:<\/p>\n\n\n\n<p>Loiros: Sala Kominsky, La Galer\u00eda Jazz, La Casa de Arriba.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O mellor concerto de Castrelos:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Loiros: Jamiroquai, Maria Joao, Supergrass.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un grupo\/artista de Vigo ao que reivindicar e que non ten o reco\u00f1ecemento que merece.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Loiros: Bliusvai.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>The next big thing da escena viguesa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Loiros: Ollo, L\u00f3strego!<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que opinas da escena musical en Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Loiros: Hai moitos grupos con propostas de calidade, orixinais e honestas. Pola contra, moi poco orgullo e respaldo por parte de organismos oficiais.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">QUEN \u00c9 QUEN<\/h3>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"576\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-miudo-Vrxv-1024x576.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-692\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-miudo-Vrxv-1024x576.jpg 1024w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-miudo-Vrxv-300x169.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-miudo-Vrxv-768x432.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/loiros-miudo-Vrxv.jpg 1200w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Os catro Loiros, retratados no exterior do Mi\u00fado | Cedida<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>De esquerda a dereita, Loiros son:<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Virxilio da Silva, voz e guitarra:<\/h3>\n\n\n\n<p>Comeza os seus estudos de jazz no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e obt\u00e9n a licenciatura na especialidad de jazz na ESMAE de Oporto, Portugal. Cursa posteriormente&nbsp;estudos de m\u00e1ster no Conservatorium van Amsterdam (Holanda), Rhythmic Music Conservatory (Dinamarca) e Conservatoire National Sup\u00e9rieur de Musique et de Danse de Par\u00eds, dentro do programa EUJAM (European Jazz Master).<\/p>\n\n\n\n<p>Grava o su primer disco en formaci\u00f3n de tr\u00edo no ano 2005 coliderando o S.O.S. Trio, banda galega xa desaparecida.<strong>&nbsp;En 2008 edita o seu primero \u00e1lbum como l\u00edder,<em>&nbsp;Odyseia<\/em><\/strong>, con Walter Smith, Marcus Gilmore, Derek Nievergelt e Xan Campos. Dende ent\u00f3n ten participado en numerosas gravaci\u00f3ns e actuaci\u00f3ns como \u201csideman\u201d que o levaron a percorrer medio planeta, participando habitualmente en xiras por Europa, Asia e Amer\u00edca para acompa\u00f1ar a decenas de m\u00fasicos de renombre nacional e internacional<\/p>\n\n\n\n<p>O nome de Virxilio tende a relacionarse coa escena jazz\u00edstica, ainda que a s\u00faa actividade<strong>&nbsp;non s\u00f3 se limita a este x\u00e9nero musical.<\/strong>&nbsp;Virxilio, adem\u00e1is de colaborar habitualmente en numerosos proxectos como&nbsp;<em>sideman<\/em>, \u00e9 col\u00edder das bandas Foxy Freire (Rock, Galicia), Loiros (Rock, Galiza), Fuzzo (Impro, Jazz-rock, Galiza), Steel Sheep (Folk progresivo, Holanda), ou The Manueles (Surf-rock, Galiza). Tam\u00e9n \u00e9 lider desde 2016 de JUZZ, banda de jazz-rock coa que ven de editar un dos seus \u00faltimos traballos discogr\u00e1ficos como l\u00edder. Conta cun amplo palmar\u00e9s de premios.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">H\u00e9ctor Agulla, bater\u00eda:<\/h3>\n\n\n\n<p>Dende ben cativo, mostra un gran interese e sensibilidade \u00f3 arte en xeral e \u00e1 m\u00fasica en particular. Pero non \u00e9 ata os 12 anos, que comeza a expresar as s\u00faas inquedanzas a trav\u00e9s dun instrumento musical.&nbsp;<strong>Comeza a exploraci\u00f3n a trav\u00e9s da guitarra e, sobretodo, da bater\u00eda,&nbsp;<\/strong>da man do seu irm\u00e1n maior, Iv\u00e1n Agulla, daquela reco\u00f1ecido baterista da escena musical viguesa.<\/p>\n\n\n\n<p>Nos seguintes anos, completa a s\u00faa formaci\u00f3n compaxinando estudio (grad\u00faase en Maxisterio Musical e estudia Jazz e M\u00fasica Moderna en Escola Estudio en Compostelae no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra) cos seus proxectos musicais&nbsp;<strong>(Why Go, La Banda de Andrelo, The Bronxson Project)&nbsp;<\/strong>e colaborando como sideman con numerosos artistas de diferentes estilos (Albert Sanz, Nuno Ferreira, Andr\u00e9 Fernandes, Jeffery Davis, Alejandra Burgos, Deuteronistas, Los Suizos\u2026) Neste tempo, comeza tam\u00e9n a exercer como profesor particular de bater\u00eda, que, nos seguintes anos, levarano a ensinar bater\u00eda e combo en S\u00fabete \u00f3 Castro, Estudios Metr\u00f3polis, Vigos\u00f3nico e Mundosonoro.<\/p>\n\n\n\n<p>Actualmente, dirixe o seu propio proxecto musical, Loiros, no que libera a s\u00faa faceta compositiva. Tam\u00e9n forma parte de Fear of Missing Out, Kalapa, L\u00edmbico, Xoubaswing e da Orquestra Metamovida,<strong>&nbsp;demostrando unha gran adaptabilidade e versatilidade estil\u00edstica.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Wilfried Wilde, guitarrista<\/h3>\n\n\n\n<p>Franc\u00e9s que actualmente reside en Galicia. Con 10 anos empeza os estudos de guitarra cl\u00e1sica no conservatorio das Landas (Francia) e con 18 finaliza simultaneamente o DEM (equivalente ao grado profesional espa\u00f1ol) en guitarra cl\u00e1sica e guitarra jazz. Aos 22 anos sae diplomado do conservatorio superior de Euskadi MUSIKENE en guitarra jazz<em>,&nbsp;<\/em>onde tivo a oportunidade de estudar con grandes m\u00fasicos da altura de&nbsp;<strong>Jorge Rossy, Perico Sambeat o Guillermo Klein<\/strong>&nbsp;entre outros e co\u00f1ecer a numerosos m\u00fasicos novos de toda Espa\u00f1a. Ga\u00f1ou o Keep An Eye Jazz Award, un concurso europeo de solistas que se celebra \u00c1msterdam, do concurso de maquetas FNAC coa banda Tana Santana Project e foi finalista de varios concursos de prestixio.<\/p>\n\n\n\n<p>Dende 2012, traballa como m\u00fasico&nbsp;<em>freelance&nbsp;<\/em>en moitas facetas do sector musical: docencia (no CCMUS de Moa\u00f1a e clases privadas), eventos privados, festivais (As Palmas, Donosti, Lugo, Cangas, Getxo\u2026), arreglista, compositor (animaci\u00f3n, videoxogos). A s\u00faa estancia en Espa\u00f1a e, principalmente, en Galicia, permitiulle colaborar en proxectos moi variados, dende o jazz m\u00e1is tradicional (<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/iago-fernandez-bateria-jazz.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">Iago Fern\u00e1ndez Quartet,<\/a>&nbsp;Dani Cano Quintet, Tana Santana Project, Joan Salda\u00f1a Quintet) \u00e1 fusi\u00f3n coa m\u00fasica galega (Azul de Bueu) ou co rock (Xan Campos ESD, Loiros, Larchey Zore Quartet).<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Felix Barth, baixo e coros:<\/h3>\n\n\n\n<p>Cando Felix ti\u00f1a 10 anos, a s\u00faa primeira banda descubriu que para ser unha verdadeira banda de rock deb\u00eda ter un baixo. Por necesidade, F\u00e9lix cambiou o teclado polo baixo. S\u00f3 aos 14 anos comezou a ir a clases, tom\u00e1ndose o seu instrumento m\u00e1is en serio e comezou a tocar m\u00e1is estilos como jazz,&nbsp;<em>funk<\/em>&nbsp;ou&nbsp;<em>reggae<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p>En 2010 F\u00e9lix mudouse da s\u00faa cidade natal, G\u00f6ttingen, Alema\u00f1a, a \u00c1msterdam, onde estudou jazz no conservatorio. Al\u00ed co\u00f1eceu a moitos m\u00fasicos de todo o mundo,&nbsp;<strong>entre outros ao guitarrista galego Virxilio da Silva.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>En 2016 graduouse cun cum laude, tocou en diferentes bandas dos Pa\u00edses Baixos e trasladouse a Berl\u00edn no 2018. Na actualidade traballa como profesor de m\u00fasica e baixista en bandas de gran variedade de estilos como Supertrawler, Ay Wing, Frollein Smilla , Monoply ou Floating Time e d\u00faas bandas galegas, Juzz e Loiros.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">PLAYLIST<\/h3>\n\n\n\n<iframe style=\"border: 0; width: 100%; height: 120px;\" src=\"https:\/\/bandcamp.com\/EmbeddedPlayer\/album=2447758653\/size=large\/bgcol=ffffff\/linkcol=0687f5\/tracklist=false\/artwork=small\/transparent=true\/\" seamless><a href=\"https:\/\/loiros.bandcamp.com\/album\/loiros\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">loiros de Loiros<\/a><\/iframe>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A FORZA DO DESTINO Cousas da vida, un bo d\u00eda queres montar un proxecto de jazz instrumental e cando te decatas est\u00e1s a tocar canci\u00f3ns con letra baseadas en escuros&nbsp;riffs&nbsp;afinados en re. Iso nunha parte da canci\u00f3n, porque noutra est\u00e1ste a deixar levar pola psicodelia. E noutra m\u00e1is, esta vez si, ad\u00e9ntraste no medio dunha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":694,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-681","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-musica-se-vive-con-v-de-vigo"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/681","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=681"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/681\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media\/694"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=681"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=681"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=681"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}