
{"id":755,"date":"2019-02-10T10:36:00","date_gmt":"2019-02-10T09:36:00","guid":{"rendered":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/?p=755"},"modified":"2025-04-10T11:01:09","modified_gmt":"2025-04-10T09:01:09","slug":"winter-project","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/winter-project\/","title":{"rendered":"Winter Project"},"content":{"rendered":"\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>ROCK POR PURO PRACER<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>\u201cE agora, que facemos?\u201d, pregunt\u00e1ronse os membros de Winter Project antes de abordar a gravaci\u00f3n do seu terceiro traballo de estudio. Vi\u00f1an de publicar un primeiro disco,&nbsp;<em>Winter Time<\/em>, que saltaba dun estilo a outro dentro da m\u00fasica de ra\u00edz americana, e un EP,&nbsp;<em>Paranoid Lullaby<\/em>, de forte car\u00e1cter progresivo. Demasiado campo aberto. As\u00ed que o que fixeron, primeiro, foi discutir moito o cami\u00f1o a tomar. Despois contrataron a un produtor, Javier Abreu, que lles axudase na tarefa, desbotaron unha morea de canci\u00f3ns a prol da coherencia e&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/visado\/2018\/12\/14\/winter-project-muestra-evolucion-rock\/2016251.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">rexistraron&nbsp;<em>Evolution<\/em><\/a>, que soar\u00e1 en directo&nbsp;<strong>o pr\u00f3ximo venres, 1 de xu\u00f1o, en La F\u00e1brica de Chocolate.&nbsp;<\/strong>Tam\u00e9n acordaron, non sen debate, como nomear o estilo da banda: rock con tendencia ao psicod\u00e9lico.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cIntentamos que o \u00e1lbum tivese algo do primeiro e algo do segundo, e tam\u00e9n que marcase a v\u00eda a seguir.&nbsp;<strong>Non podemos estar dando bandazos. \u00c1 xente g\u00fastanlle as etiquetas porque g\u00fastalle saber que vai atopar.<\/strong>&nbsp;O maior esforzo que fixemos neste disco foi conectar cos anteriores e que tivese coherencia. Creo que o acadamos\u201d, explica Jorge Lorenzo, cantante e guitarrista de Winter Project. Cousa infrecuente, o m\u00fasico fala con naturalidade das din\u00e1micas internas no grupo. Por exemplo, sobre a intervenci\u00f3n de Abreu: \u201cNon acababamos de chegar a un consenso, as\u00ed que buscamos a algu\u00e9n que se posicionase por riba do rebumbio. Hai cousas nas que non estamos de acordo, pero todos decidimos facerlle caso a unha persoa de f\u00f3ra\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Winter Project - Float Like a Butterfly (Sting Like a Bee)\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/CTXX8-ghszQ?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>O produtor -un cl\u00e1sico, responsable do son de Boikot ou&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/dakidarria.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Dakidarr\u00eda<\/a>&nbsp;e ducias de grupos locais- non s\u00f3 lles axudou a peneirar a lista de canci\u00f3ns e a orientalos, tam\u00e9n aportou o seu bo facer nos arranxos, a s\u00faa especialidade, e no acabado final.<strong>&nbsp;\u201cQueriamos saltar en calidade\u201d<\/strong>, comenta Lorenzo, moi satisfeito co resultado xeral e, en particular, coa s\u00faa mellor\u00eda na parte vocal. Se os catro cortes que conforman o conceptual&nbsp;<em>Paranoid Lullaby<\/em>&nbsp;(2017) grav\u00e1ronos nunha fin de semana, coa maior\u00eda de pistas rexistradas tocando todos xuntos en directo, para os seis de&nbsp;<em>Evolution<\/em>&nbsp;botaron meses de traballo. Tantos que os CD case non lles chegan para o d\u00eda da presentaci\u00f3n, o decembro pasado en La Iguana.<\/p>\n\n\n\n<p>Outro factor fundamental para configurar o son actual do grupo foi a entrada a mediados de 2017 de Pablo &#8216;Calavera&#8217; en substituci\u00f3n de Luis Salda\u00f1a na guitarra. Este segundo, un virtuoso do instrumento, foi o responsable da meirande parte da m\u00fasica do primeiro traballo. A s\u00faa capacidade para pasar do&nbsp;<em>swing<\/em>&nbsp;ao&nbsp;<em>jazz<\/em>&nbsp;ao rock e as s\u00faas inquedanzas determinaron o eclecticismo daquel&nbsp;<em>Winter time<\/em>&nbsp;(2016).<strong>&nbsp;Pablo, cun estilo m\u00e1is xenuinamente setenteiro, encaixou mellor co esp\u00edrito de Winter Project,<\/strong>&nbsp;a xu\u00edzo do cantante: \u201cLuis era un monstro, pero \u00e9 m\u00e1is coherente o que facemos con Pablo\u201d. Nunha banda na que os&nbsp;<em>riffs<\/em>&nbsp;e os solos te\u00f1en tanto protagonismo, a personalidade do guitarrista ten esa capacidade de \u201ccambiarlle a cara por completo\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Winter Project : &quot;Ashes from the past&quot;\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/r5T3K6r5vWE?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>No musical, o disco non quedou tan psicod\u00e9lico coma calculaban, inda que si hai pegadas desa tendencia. No l\u00edrico, ningunha.<\/p>\n\n\n\n<p>Jorge Lorenzo: Deberiamos falar de viaxes espaciais pero non, a verdade \u00e9 que&nbsp;<strong>son cousas moito m\u00e1is mundanas, que lles pasan a todo o mundo.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Faro: Viaxes de fungos alucin\u00f3xenos ultimamente non, verdade?<\/p>\n\n\n\n<p>Jorge Lorenzo: Non, non (risas). Ese disco ti\u00f1a que telo feito con 20 anos, agora o que me sa\u00edu foi falar do meu fillo, da mi\u00f1a muller, da vida que me toca vivir.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"716\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/winter-project-1024x716.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-756\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/winter-project-1024x716.jpg 1024w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/winter-project-300x210.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/winter-project-768x537.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/winter-project-1536x1073.jpg 1536w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/winter-project.jpg 1800w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>O inverno volveu de s\u00fapeto xusto a tempo para a sesi\u00f3n de fotos, este m\u00e9rcores en Vila Solita. | Jos\u00e9 Lores<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><em>Evolution<\/em>&nbsp;\u00e9 un \u00e1lbum, resume o cantante, sobre a crise dos 40, no que s\u00f3 unha das canci\u00f3ns sae da tem\u00e1tica \u00edntima: &#8216;Float like a butterfly&#8217;, unha biograf\u00eda sobre&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/deportes\/2016\/06\/04\/campeon-eterno-trascendio-deporte\/1473948.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">o boxeador Muhammad Ali<\/a>, que dic\u00eda de si mesmo que \u201cflotaba como unha bolboreta e picaba como unha abella\u201d. Nese caso fixo primeiro a m\u00fasica; esa li\u00f1a de baixo tan hipn\u00f3tica, inspirada na m\u00fasica negra, levoulle a contar a historia dunha das grandes iconas da loita dos afroamericanos pola igualdade. No tema contaron co saxo de Jorge Rogero e os teclados de Mr. D V\u00e1zquez, de&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/moon-cresta.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Moon Cresta<\/a>, que contrib\u00faen a&nbsp;<strong>unha peza de alta voltaxe que resume a versatilidade<\/strong>, ben empastada, do grupo: hai rock,<em>&nbsp;blues<\/em>,&nbsp;<em>funk<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p>&#8216;You will never walk alone&#8217; -non, non ten a ver co Liverpool nin co Bar\u00e7a- est\u00e1 dedicado ao seu fillo de cinco anos, que lla pide con insistencia. \u201cCando naceu d\u00edxome Bru: &#8216;Agora compor\u00e1s unha canci\u00f3n para o neno&#8217;.<strong>\u00a0&#8216;Que dis, t\u00edo! Non son tan \u00f1o\u00f1o&#8217;.\u00a0<\/strong>Ao final si que o fixen, e \u00e9 s\u00faper \u00f1o\u00f1a. Pero quedou moi bonita\u201d, relata Jorge. &#8216;Where will you be tonight&#8217;? fala de decatarse de que algu\u00e9n que un d\u00eda foi moi importante xa non se sabe nin onde est\u00e1 nese momento, que Jorge escribiu pensando nun amigo en concreto: \u201cQue pasou? Como pode ser? Trata sobre o paso do tempo, \u00e9 algo que lle ocorre a todo o mundo\u201d. &#8216;I need you so bad&#8217; \u00e9 unha declaraci\u00f3n de amor \u00e1 s\u00faa muller e &#8216;I&#8217;m still a child&#8217; e &#8216;There is a devil inside me&#8217; comp\u00faxoas Pablo tras unha ruptura sentimental.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Winter Project - Where Will You Be Tonight? (Video Lyric)\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/M9nLnKAmUrA?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Jorge non s\u00f3 fala con transparencia das l\u00f3xicas internas de Winter Project, tam\u00e9n fai unha chamada aberta aos seus colegas da escena local: \u201cO problema de que as salas non funcionen e concertos de grupos moi bos estean baleiros \u00e9, en parte, que a maior\u00eda dos m\u00fasicos non van aos bolos.&nbsp;<strong>Se toda a xente que toca en Vigo, que pide que se apoie \u00e1s bandas locais, as apoiasen ter\u00edan moito m\u00e1is p\u00fablico<\/strong>. Hai que protestar menos e facer m\u00e1is, sobre todo ir a concertos\u201d. Sinala algunhas excepci\u00f3ns, como o cantante de Bakintaun, co que se atopa acot\u00edo. Considera que ten que ver cunha din\u00e1mica social: \u201cA xente \u00e9 cada vez m\u00e1is ego\u00edsta e m\u00e1is egoc\u00e9ntrica. As redes sociais son o para\u00edso dos egoc\u00e9ntricos. E os m\u00fasicos inda o somos m\u00e1is, e incl\u00faome, que miramos s\u00f3 para o noso\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Winter Project, exp\u00f3n, non ten grandes plans, m\u00e1is al\u00f3 de tocar \u201cata que o corpo aguante\u201d. \u201cNunca pensamos en facer esta m\u00fasica para chegar a m\u00e1is xente, sen\u00f3n fariamos&nbsp;<em>indie<\/em>&nbsp;en espa\u00f1ol. Moita xente nolo di, que por que non cantamos en castel\u00e1n\u201d. A Jorge, o que lle sae e o que lle gusta \u00e9 escribir e interpretar canci\u00f3ns de rock setenteiro en ingl\u00e9s. \u201cSe tivese que facer outro estilo non tocar\u00eda. Fac\u00e9molo por puro pracer. Dentro de 20 anos cando llo ensine ao meu fillo poderei dicirlle: &#8216;Mira como mola o que faciamos&#8217;. Ao mellor p\u00eddeme que lle po\u00f1a&nbsp;<em>reggaeton<\/em>, pero de momento g\u00fastalle\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-4-3 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Winter Project : Legend\" width=\"500\" height=\"375\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/nXt6f8wzuxc?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">A M\u00daSICA DE VIGO, EN SEIS PREGUNTAS<\/h3>\n\n\n\n<p><strong>O voso grupo\/artista de Vigo favorito:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Jorge (bater\u00eda): Kannon.<\/p>\n\n\n\n<p>Pablo:&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/stoned-at-pompeii-rock.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Adolfo FH.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Jorge (cantante):&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/the-soul-jacket.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">The Soul Jacket.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Bru: Winter Project.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un sitio para tocar en Vigo<\/strong>:<\/p>\n\n\n\n<p>Jorge (bater\u00eda): Sala Masterclub.<\/p>\n\n\n\n<p>Pablo: Castrelos.<\/p>\n\n\n\n<p>Jorge (cantante): La Iguana.<\/p>\n\n\n\n<p>Bru: Na r\u00faa, ao aire libre.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O mellor concerto de Castrelos:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Jorge (bater\u00eda): Metallica.<\/p>\n\n\n\n<p>Pablo: Metallica, sen d\u00fabida.<\/p>\n\n\n\n<p>Jorge (cantante): Deep Purple ou Wilson Pickett.<\/p>\n\n\n\n<p>Bru: Deep Purple.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un grupo\/artista de Vigo ao que reivindicar e que non ten o reco\u00f1ecemento que merece.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Jorge (bater\u00eda): W\u00f6yza.<\/p>\n\n\n\n<p>Pablo: O guitarrista Diego Pacheco.<\/p>\n\n\n\n<p>Jorge (cantante):&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/moon-cresta.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Moon Cresta.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Bru: Winter Project.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>The next big thing da escena viguesa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Jorge (bater\u00eda): LAW.<\/p>\n\n\n\n<p>Pablo: Non saber\u00eda dicir.<\/p>\n\n\n\n<p>Jorge (cantante): Spoonfull.<\/p>\n\n\n\n<p>Bru: Winter Project.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que opinades da escena musical en Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Jorge (bater\u00eda): Vigo ten unha escena musical con moit\u00edsimo potencial. Hai xente facendo cousas moi boas como<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/aphonnic.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">\u00a0Aphonnic<\/a>\u00a0ou Stoned at Pompeii. \u00c9 unha m\u00e1goa que o Concello de Vigo non apoie m\u00e1is a escena cun festival de bandas emerxentes ou dando a oportunidade de tocar en sitios como Castrelos a artistas da cidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Pablo: Ten unha sa\u00fade envexable. Moit\u00edsimas bandas boas e algunhas como The Soul Jacket ou Aphonnic que se est\u00e1n a facer un oco a nivel nacional, e que est\u00e1n a colleitar os froitos logo de duros anos de traballo. Desde a mi\u00f1a experiencia coa revista Guitar Calavera, creo que o pero \u00e9 que xusto os que se queixan son os que menos a apoian. O \u00fanico problema \u00e9 que \u00e1s veces se xuntan varios concertos bos.<\/p>\n\n\n\n<p>Jorge (cantante): \u00c9 abraiante a cantidade e calidade de bandas e solistas que hai, pero \u00e9 evidente que hai falta de p\u00fablico. Tam\u00e9n boto de menos que haxa m\u00e1is unidade e apoio entre os m\u00fasicos, ref\u00edrome a ir a concertos doutras bandas locais ou mercar os seus discos e\u00a0<em>merchandising<\/em>. Coido que \u00e9 algo que pasa moi pouco. Tam\u00e9n boto en falta m\u00e1is apoio das instituci\u00f3ns p\u00fablicas e en concreto do Concello de Vigo.<\/p>\n\n\n\n<p>Bru: Moitas e moi boas bandas\u2026 Moi pouca xente nos concertos, moi pouco investimento nesas bandas e os seus discos, nulo apoio dos organismos oficiais e dos locais e empresas que non ven posibilidade de negocio en potenciar a m\u00fasica. Bastante frustraci\u00f3n por todo o anterior.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">QUEN \u00c9 QUEN<\/h3>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-media-text is-stacked-on-mobile\"><figure class=\"wp-block-media-text__media\"><img decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"716\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Jorge-Lorenzo-1024x716.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-757 size-full\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Jorge-Lorenzo-1024x716.jpg 1024w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Jorge-Lorenzo-300x210.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Jorge-Lorenzo-768x537.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Jorge-Lorenzo-1536x1073.jpg 1536w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Jorge-Lorenzo.jpg 1800w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure><div class=\"wp-block-media-text__content\">\n<p><strong>Jorge Lorenzo: voz e guitarra r\u00edtmica<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Montou a s\u00faa primeira banda en 2007, Symmetry, cos que gravou un disco autoeditado. Tras desfacerse o grupo en 2010, ao ano seguinte empezou un proxecto de versi\u00f3ns en ac\u00fastico chamado Winter Project. Algo m\u00e1is de dous anos despois aquilo derivou na banda de rock con temas propios que \u00e9 hoxe.<\/p>\n<\/div><\/div>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-media-text has-media-on-the-right is-stacked-on-mobile\"><div class=\"wp-block-media-text__content\">\n<p><strong>Braulio Vidal: baixo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O deste vigu\u00e9s de 44 anos \u00e9 un caso sorprendente: malia ser un namorado da m\u00fasica dende rapaz, empezou a tocar o baixo -a s\u00faa paix\u00f3n desde que escoitou por vez primeira as li\u00f1as de John Deacon para Queen-, hai 10 anos. Winter Project \u00e9 a \u00fanica banda da que formou parte. Ao pouco de meterse na m\u00fasica tam\u00e9n se atreveu a fabricar os seus propios instrumentos, que son os que utiliza actualmente.<\/p>\n<\/div><figure class=\"wp-block-media-text__media\"><img decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"716\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Bru-Vidal-1024x716.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-758 size-full\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Bru-Vidal-1024x716.jpg 1024w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Bru-Vidal-300x210.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Bru-Vidal-768x537.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Bru-Vidal-1536x1073.jpg 1536w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Bru-Vidal.jpg 1800w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure><\/div>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-media-text is-stacked-on-mobile\"><figure class=\"wp-block-media-text__media\"><img decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"716\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Pablo-Calavera-1024x716.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-759 size-full\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Pablo-Calavera-1024x716.jpg 1024w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Pablo-Calavera-300x210.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Pablo-Calavera-768x537.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Pablo-Calavera-1536x1073.jpg 1536w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Pablo-Calavera.jpg 1800w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure><div class=\"wp-block-media-text__content\">\n<p><strong>Pablo Villaverde: guitarra solista<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Motivado por Mark Knopfler, Pablo &#8216;Calavera&#8217; comezou a tocar a guitarra a finais dos anos 80. Naquela \u00e9poca formou parte de Los Indecisos e doutro proxecto m\u00e1is pequeno, Pitman Rock Classics. Despois aparcou o instrumento para centrarse na s\u00faa carreira profesional coma dese\u00f1ador. En 2009 lanzou o web&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.guitarcalavera.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Guitar Calavera<\/a>&nbsp;e, a partir diso, foi retomando a s\u00faa paix\u00f3n polas seis cordas. Entrou en Winter Project en xu\u00f1o de 2017.<\/p>\n<\/div><\/div>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-media-text has-media-on-the-right is-stacked-on-mobile\"><div class=\"wp-block-media-text__content\">\n<p><strong>Jorge Guerra: bater\u00eda<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Baterista profesional, traballa con numerosas bandas da zona como m\u00fasico de sesi\u00f3n. Empezou aos 11 anos e pasou por bandas como Paranoid ou&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/dakidarria.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Dakidarr\u00eda<\/a>, coas que xirou por toda a pen\u00ednsula.&nbsp;Imparte clases na escola Laboratorio de Creatividad Musical e conta cun estudio propio no que grava e produce para diferentes artistas.<\/p>\n<\/div><figure class=\"wp-block-media-text__media\"><img decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"716\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/jorge-guerra-winter-1024x716.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-760 size-full\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/jorge-guerra-winter-1024x716.jpg 1024w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/jorge-guerra-winter-300x210.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/jorge-guerra-winter-768x537.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/jorge-guerra-winter-1536x1073.jpg 1536w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/jorge-guerra-winter.jpg 1800w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure><\/div>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" width=\"716\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/winter-project-farodevigo-716x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-761\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/winter-project-farodevigo-716x1024.jpg 716w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/winter-project-farodevigo-210x300.jpg 210w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/winter-project-farodevigo-768x1098.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/winter-project-farodevigo.jpg 1000w\" sizes=\"(max-width: 716px) 100vw, 716px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>A formaci\u00f3n actual de Winter Project quedou configurada en xu\u00f1o de 2017. Te\u00f1en tres traballos discogr\u00e1ficos, todos autoeditados: &#8216;Winter Time&#8217; (2016), &#8216;Paranoid Lullaby&#8217; (2017) e &#8216;Evolution&#8217; (finais de 2018). | Jos\u00e9 Lores<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ROCK POR PURO PRACER \u201cE agora, que facemos?\u201d, pregunt\u00e1ronse os membros de Winter Project antes de abordar a gravaci\u00f3n do seu terceiro traballo de estudio. Vi\u00f1an de publicar un primeiro disco,&nbsp;Winter Time, que saltaba dun estilo a outro dentro da m\u00fasica de ra\u00edz americana, e un EP,&nbsp;Paranoid Lullaby, de forte car\u00e1cter progresivo. Demasiado campo aberto. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":769,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-755","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-musica-se-vive-con-v-de-vigo"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/755","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=755"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/755\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media\/769"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=755"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=755"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=755"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}