
{"id":788,"date":"2019-06-09T11:17:00","date_gmt":"2019-06-09T09:17:00","guid":{"rendered":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/?p=788"},"modified":"2025-05-19T10:14:24","modified_gmt":"2025-05-19T08:14:24","slug":"xose-miguelez-jazz","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/xose-miguelez-jazz\/","title":{"rendered":"Xose Migu\u00e9lez"},"content":{"rendered":"\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>UNHA MENSAXE NO TEMPO<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>A m\u00fasica tece tramas improbables e crea v\u00ednculos que superan barreiras que semellan infranqueables. Que pode unir unha aldea de Laza a principios dos 80 coa Kansas City dos nosos d\u00edas, a m\u00fasica tradicional galega co&nbsp;<em>jazz<\/em>&nbsp;contempor\u00e1neo, unha cantareira afeccionada con instrumentistas profesionais?&nbsp;<strong>Unha sinxela melod\u00eda de catro notas aparecida nunha partitura agochada.<\/strong>&nbsp;Ese foi o f\u00edo do que tirou o saxofonista ourens\u00e1n -nigran\u00e9s de adopci\u00f3n- Xose Migu\u00e9lez para compo\u00f1er e gravar&nbsp;<em>Ontology<\/em>, o seu primeiro disco con temas propios. O traballo v\u00e9n de ser distinguido co<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/portada-pontevedra\/2019\/05\/09\/martin-codax-reclaman-apuesta-administracion\/2101902.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">&nbsp;Premio Mart\u00edn C\u00f3dax a mellor proxecto de jazz<\/a>&nbsp;do ano e, contra a idea inicial, vaino a presentar nos pr\u00f3ximos meses ao vivo.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai un par de anos Xose, que ademais de saxofonista imparte clases de m\u00fasica tradicional no Conservatorio de Vigo, andaba na busca de material para darlle a unha das s\u00faas alumnas. Revisando o cancioneiro rexistrado por Doroth\u00e9 Schubarth, atopou unha partitura que a music\u00f3loga su\u00edza lle recollera a unha t\u00eda avoa s\u00faa en Cerdedelo, no ano 1981. \u201cFoi unha sorpresa, non sab\u00eda que estaba a\u00ed.<strong>&nbsp;Tiven a sensaci\u00f3n de que me chegaba unha mensaxe no tempo<\/strong>, as\u00ed que pensei en facer algo a partires desa melod\u00eda\u201d, conta na barra de<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/gran-vigo\/2019\/05\/09\/contrabajo-mejor-sala-galicia-20\/2102119.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">&nbsp;El Contrabajo<\/a>, unhas horas antes de que a sala, na que tocou tantas veces co tr\u00edo de Xacobe Mart\u00ednez Antelo, acolla un apote\u00f3tico concerto de Sumrr\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Sweet Delia - Ontology\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/_NPP6lVCbi4?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>De entrada, non se lle ocorreu como desenvolver esa partitura. Tampouco quer\u00eda caer no \u201ct\u00edpico de facer unha versi\u00f3n da melod\u00eda tradicional e levala ao jazz\u201d, un concepto xa bastante explotado en Galicia. \u201cA quen se lle ocorreu a idea xenial de, a partir do motivo inicial de catro notas que ela canta, compo\u00f1er as melod\u00edas e logo harmonizalas foi a Matt Otto\u201d. Matt foi profesor de Xose Migu\u00e9lez durante seis anos, cando trabaron amizade, e acabou producindo o disco que axudou a concibir. Tam\u00e9n tocou un segundo saxo tenor en tres pezas. No resultado final, en verdade,<strong>&nbsp;aquela li\u00f1a mel\u00f3dica orixinal est\u00e1 \u201cbastante disfrazada\u201d<\/strong>. Salvo no primeiro tema -&#8216;Ontology&#8217;, tam\u00e9n d\u00e1 nome o disco- \u00e9 bastante dif\u00edcil de reco\u00f1ecer: \u201cFoi unha especie de pretexto emocional que me motivou a facer a m\u00fasica\u201d. Unhas composici\u00f3ns que a s\u00faa inspiradora xa non puido escoitar; faleceu a mediados dos 80.<\/p>\n\n\n\n<p>Coas pezas xa escritas, o plan era traer a Matt para gravalas con m\u00fasicos galegos e portugueses, pero a s\u00faa axenda fixo m\u00e1is factible que fose Xose o que se desprazase ata os Estados Unidos. En Kansas, unha das capitais do&nbsp;<em>jazz<\/em>&nbsp;a nivel internacional, tivo tempo de ensaiar e tocar ao vivo cos instrumentistas de al\u00ed. \u201cCando cheguei xa ti\u00f1an as partituras moi ben estudadas.&nbsp;<strong>Est\u00e1n afeitos a traballar a contra reloxo, o tempo \u00e9 di\u00f1eiro para eles.&nbsp;<\/strong>Aqu\u00ed temos un concepto m\u00e1is relaxado\u201d. O caso \u00e9 que cando no ver\u00e1n do ano pasado se meteron no estudio algunhas das pezas cambiaran bastante con respecto a como o saxofonista as ti\u00f1a na cabeza. Na montaxe dos temas tivo un papel relevante o bater\u00eda, John Kizilarmut, ao que Xose define nunha frase: \u201cNunca co\u00f1ecera a algu\u00e9n que entendese a m\u00fasica tan r\u00e1pido coma el\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"XACOBE MARTI\u0301NEZ ANTELO TRI\u0301O no XII NIGRANJAZZ\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/kf0b1NCBRPI?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Outra boa nova foi o citado Premio Mart\u00edn C\u00f3dax, que recibiu hai un mes con moita ledicia porque, malia non ser moi seareiro de premios e concursos, este ten o aquel especial de partir do propio gremio.&nbsp;<strong>\u201cFoi inesperado, hab\u00eda un mont\u00f3n de proxectos bos e os tres finalistas creo que estabamos bastante igualados<\/strong>. Ademais somos amigos\u201d. Pero o caso \u00e9 que o galardoado foi el e est\u00e1 a sentir a repercusi\u00f3n. \u201cSa\u00edron concertos, entrevistas. Funciona, non hai moitas maneiras de visibilizar os proxectos\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>De feito, entre os seus plans non estaba tocar o&nbsp;<em>Ontology<\/em>&nbsp;ao vivo. \u201cTi\u00f1a pensado que a gravaci\u00f3n fose un punto e final para ese proxecto. O que quer\u00eda era gravar a m\u00fasica e que quedase o mellor posible\u201d, explica. Pero logo do premio recibiu ofertas para levalo ao directo. Non ser\u00e1 cos m\u00fasicos que o rexistraron -para traelos ter\u00edan que pechar m\u00e1is de 1.500 bolos, chancea-, sen\u00f3n co pianista franc\u00e9s Jean-Michel Pilc, co bater\u00eda portugu\u00e9s Marcos Cavaleiro e co contrabaixista tam\u00e9n luso Carlos Barretto, tres instrumentistas \u201caos que admira profundamente\u201d. Haber\u00e1 m\u00e1is repertorio ao marxe do<em>&nbsp;Ontology<\/em>, pero si que servir\u00e1n esas actuaci\u00f3ns como a presentaci\u00f3n que o disco non tivo deste lado do Atl\u00e1ntico. Con Pilc, por certo, gustar\u00edalle facer un traballo a medias no futuro, se este ver\u00e1n a experiencia de tocar xuntos funciona.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Autumn flower - Ontology\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/Kj4pxDnsGoM?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Faro: O \u00e1lbum est\u00e1 dedicado \u00e1s mulleres que coma a t\u00faa t\u00eda avoa mantiveron viva m\u00fasica tradicional galega. E no jazz, un x\u00e9nero tan masculino tradicionalmente, cal \u00e9 o rol do sexo feminino?<\/p>\n\n\n\n<p>Xose: Est\u00e1 a haber m\u00e1is mulleres, antes era moi dif\u00edcil atopar unha no&nbsp;<em>jazz<\/em>&nbsp;salvo que fose vocalista. Iso est\u00e1 cambiando, hai moitas instrumentistas. Nas escolas a proporci\u00f3n era 99% contra 1%, agora pode ser 70% a 30%. A\u00ednda non est\u00e1 ben pero empeza a ser un cambio significativo.<\/p>\n\n\n\n<p>Faro: Por que cres que ocorre?<\/p>\n\n\n\n<p>Xose: Sempre houbo mulleres importantes, tanto solistas como no ensino, pero escondeuse a s\u00faa transcendencia. Supo\u00f1o que \u00e9 outra forma de machismo.&nbsp;<strong>Para min a m\u00fasica non ten x\u00e9nero, nin cor, nin fronteiras.<\/strong>&nbsp;Cando empeza a soar se apaga todo e s\u00f3 escoito m\u00fasica (\u2026) A m\u00fasica sempre foi unha maneira de borrar problemas como a segregaci\u00f3n racial e espero que tam\u00e9n o sexa para eliminar a desigualdade entre homes e mulleres.<\/p>\n\n\n\n<p>O m\u00fasico ourens\u00e1n -afincado no Val Mi\u00f1or dende hai uns 20 anos- observa similitudes entre a situaci\u00f3n en Galicia das d\u00faas m\u00fasicas nas que se move, a tradicional e o&nbsp;<em>jazz<\/em>:&nbsp;<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/dadga.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">\u201cHai moita xente nova facendo proxectos interesantes<\/a>, que soan moi ben e te\u00f1en esa frescura da xente que o fai sen medo\u201d. Sobre o pulo da escena jazz\u00edstica galega, en concreto, reflexiona: \u201c\u00c9 bastante incrible o que sucede, a xente que v\u00e9n aqu\u00ed alucina coa cantidade e calidade dos proxectos.&nbsp;<strong>Non sei moi ben a explicaci\u00f3n; estamos nun pa\u00eds moi musical e o&nbsp;<em>jazz<\/em>&nbsp;\u00e9 unha m\u00fasica creativa<\/strong>, que engancha. Tam\u00e9n est\u00e1 o traballo das escolas e dos pioneiros que fixeron canteira, pero non hai unha explicaci\u00f3n demasiado convincente de por que sucede\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"666\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Xose-incluira-este-veran-o-Ontology-no-seus-concertos.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-789\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Xose-incluira-este-veran-o-Ontology-no-seus-concertos.jpg 1000w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Xose-incluira-este-veran-o-Ontology-no-seus-concertos-300x200.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Xose-incluira-este-veran-o-Ontology-no-seus-concertos-768x511.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em><em>Xose incluir\u00e1 este ver\u00e1n o &#8216;Ontology&#8217; no seus concertos. | Andrea Mari\u00f1o<\/em><\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A outra cara da moeda son as crecentes dificultades para tocar en directo: \u201cFai falta m\u00e1is xente como<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/multimedia\/videos\/gran-vigo\/2019-05-09-174218-contrabajo-mejor-sala-premios-martin-codax.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">&nbsp;Rafa [Chao, xerente de El Contrabajo<\/a>, que pulula polo bar preparando todo para recibir os Sumrr\u00e1] que nos brinde oportunidades de actuar. A m\u00fasica ao vivo est\u00e1 tirando a outros formatos, a festivais; \u00e9 como unha especie de visualizaci\u00f3n da m\u00fasica, como que&nbsp;<strong>se necesita un espect\u00e1culo de entretemento visual para que a xente quite as fotos e as po\u00f1a en Instagram<\/strong>. Os que somos m\u00e1is&nbsp;<em>viejunos<\/em>&nbsp;e nos gustan m\u00e1is este tipo de espazos estamos un pouco f\u00f3ra de contexto agora. Pero en todos os tempos hai cousas boas e malas, se o que realmente che gusta \u00e9 a m\u00fasica atopas v\u00edas para facelo\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Pese a ese raiolo de optimismo, si que lamenta que cada vez sexa m\u00e1is dif\u00edcil encontrar locais que aposten por proxectos novos e de calidade, e non programen \u201cpolo nome\u201d. O que fai que un grupo soe ben -neste contexto \u00e9 onde fixo a reflexi\u00f3n sobre a importancia do colectivo referida antes- \u00e9 a posibilidade de tocar moito en directo e lembra que antes os m\u00fasicos de&nbsp;<em>jazz<\/em>&nbsp;pod\u00edan pasar un mes enteiro tocando nun local, mentres que agora se fan un par de bolos en garitos distintos xa te\u00f1en a sensaci\u00f3n de estar actuando bastante. \u201cExperimentar a m\u00fasica moitas veces en directo \u00e9 o que fai que sexa interesante, porque&nbsp;<strong>ela \u00e9 m\u00e1is forte ca ti, acaba lev\u00e1ndote cara a onde quere ir&nbsp;<\/strong>e ese \u00e9 o sitio no que realmente vai soar ben. Se non tocas moito, \u00e9 dif\u00edcil que iso suceda, por moi bo que sexas\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"666\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xose-miguelez-saxo.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-790\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xose-miguelez-saxo.jpg 1000w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xose-miguelez-saxo-300x200.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xose-miguelez-saxo-768x511.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Xose Migu\u00e9lez quixo facer a s\u00faa particular homenaxe a El Contrabajo elixindo o local, no que tantas veces tocou, para a sesi\u00f3n de fotos. | J. Lores<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">A M\u00daSICA DE VIGO, EN SEIS PREGUNTAS<\/h3>\n\n\n\n<p><strong>O teu grupo ou artista de Vigo favorito:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Xose Migu\u00e9lez: Rub\u00e9n Fern\u00e1ndez, cantante de\u00a0<em>jazz<\/em>\u00a0incrible.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un sitio para tocar en Vigo<\/strong>:<\/p>\n\n\n\n<p>Xose Migu\u00e9lez: El Contrabajo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O mellor concerto de Castrelos:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Xose Migu\u00e9lez: Vou dicir un que non vin: Dexter Gordon no 1981. S\u00f3 para ver se se volve a programar\u00a0<em>jazz<\/em>\u00a0en Castrelos. Nesa \u00e9poca tocaron uns cantos xigantes, coma Chet Baker\u2026 Non sei por que se deixou.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un grupo\/artista de Vigo ao que reivindicar e que non ten o reco\u00f1ecemento que merece.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Xose Migu\u00e9lez: Todos os m\u00fasicos de\u00a0<em>jazz.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><strong>The next big thing da escena viguesa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Xose Migu\u00e9lez:\u00a0<a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/caldo\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Caldo<\/a>, un grupo de m\u00fasicos de folk. Penso que lles vai ir guai. E o seguinte disco de Transilvanians creo que o vai a petar.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que opinades da escena musical en Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Xose Migu\u00e9lez: En tradicional e\u00a0<em>jazz\u00a0<\/em>v\u00e9xoa ben en xeral. Hai unha morea de xente nova que toca s\u00faper ben. Non podes deixar o instrumento uns d\u00edas porque aparecen uns macacos tocando mellor ca ti (risas). Iso est\u00e1 ben porque nos fai mellorar a todos. Creo que nos pr\u00f3ximos anos van sa\u00edr cousas que molan de Vigo.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">QUEN \u00c9<\/h3>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-media-text is-stacked-on-mobile\"><figure class=\"wp-block-media-text__media\"><img decoding=\"async\" width=\"683\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xose-miguelez-683x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-791 size-full\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xose-miguelez-683x1024.jpg 683w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xose-miguelez-200x300.jpg 200w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xose-miguelez-768x1152.jpg 768w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xose-miguelez-1024x1536.jpg 1024w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xose-miguelez-1366x2048.jpg 1366w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/xose-miguelez.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 683px) 100vw, 683px\" \/><\/figure><div class=\"wp-block-media-text__content\">\n<p>Xose Migu\u00e9lez: saxo tenor<\/p>\n\n\n\n<p>Ourens\u00e1n de 45 anos, vive e traballa na \u00e1rea de Vigo desde hai uns 20 anos. O seu primeiro achegamento \u00e1 m\u00fasica foi a trav\u00e9s da gaita, aos seis anos. O saxo e o&nbsp;<em>jazz&nbsp;<\/em>chegaron cando ti\u00f1a 24. Estudou esta m\u00fasica na Guidhall School of Music de Londres e licenciouse na Esmae do Porto. Continuou a s\u00faa formaci\u00f3n con m\u00fasicos coma Matt Otto, Jean-Michel Pilc ou Chris Cheek.<\/p>\n\n\n\n<p>Participou en varios proxectos, coma o Xacobe Antelo Mart\u00ednez Tr\u00edo. Para este ver\u00e1n formar\u00e1 nun cuarteto co seu admirado Pilc.&nbsp;<em>Ontology<\/em>&nbsp;(Origin Records, 2018) \u00e9 o seu primeiro traballo propio. Gravouno en agosto do ano pasado en Kansas City, logo de testealo en directo na m\u00edtica sala Blue Room.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 profesor de m\u00fasica tradicional e iniciaci\u00f3n ao&nbsp;<em>jazz<\/em>&nbsp;no Conservatorio de Vigo.<\/p>\n<\/div><\/div>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>UNHA MENSAXE NO TEMPO A m\u00fasica tece tramas improbables e crea v\u00ednculos que superan barreiras que semellan infranqueables. Que pode unir unha aldea de Laza a principios dos 80 coa Kansas City dos nosos d\u00edas, a m\u00fasica tradicional galega co&nbsp;jazz&nbsp;contempor\u00e1neo, unha cantareira afeccionada con instrumentistas profesionais?&nbsp;Unha sinxela melod\u00eda de catro notas aparecida nunha partitura agochada.&nbsp;Ese [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":792,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-788","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-musica-se-vive-con-v-de-vigo"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/788","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=788"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/788\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media\/792"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=788"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=788"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=788"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}