
{"id":97,"date":"2020-02-21T17:46:27","date_gmt":"2020-02-21T16:46:27","guid":{"rendered":"http:\/\/musica.localhost\/?p=97"},"modified":"2025-05-19T09:56:13","modified_gmt":"2025-05-19T07:56:13","slug":"najla-shami-cantante-compositora","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/najla-shami-cantante-compositora\/","title":{"rendered":"Najla Shami"},"content":{"rendered":"\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>UNHA VOZ QUE CONECTA MUNDOS<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>Confesa a galego-palestina Najla Shami, 22 anos anos de carreira de resistencia \u00e1s costas, que \u00e1s veces a precariedade e a incerteza da vida do m\u00fasico en Galicia fanlle pensar en deixalo. Para tranquilidade dos seareiros desta voz \u00fanica e para fortuna dos que a\u00ednda a te\u00f1en por co\u00f1ecer, non parece que iso sexa factible. \u201cNon podes,&nbsp;<strong>unha non \u00e9 quen de escapar ao seu propio lume<\/strong>, ser\u00eda como morrer en vida. Ent\u00f3n, o d\u00eda seguinte dis: \u2018Vin para facer isto aqu\u00ed, ent\u00f3n \u00e9 o que te\u00f1o que facer\u2019\u201d. Agora anda xa a experimentar con novos sons, pero nos pr\u00f3ximos tempos retomar\u00e1 a presentaci\u00f3n en directo do seu segundo traballo en solitario,&nbsp;<em>Ela sabe a sol<\/em>, unha colecci\u00f3n de poemas e canci\u00f3ns coas que foi na busca das s\u00faas ra\u00edces orientais e atopouse a si mesma. \u00cda actuar ma\u00f1\u00e1 no seu Santiago natal \u2013leva catro anos vivindo en Vigo-, pero&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/sociedad\/2020\/03\/12\/xunta-suspende-clases-galicia\/2261807.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">a expansi\u00f3n do coronavirus<\/a>&nbsp;obrigou a cancelar a s\u00faa presenza na presentaci\u00f3n da pel\u00edcula A familia Samuni, sobre o conflito palestino-israel\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p>A cita de arriba \u00e9 o final, expresado cunha certa feliz resignaci\u00f3n, dunha longa resposta, o \u00fanico momento da conversa no que \u00e1 cantante e compositora se lle borrou o sorriso da cara e tensou o seu ton. \u201cNing\u00fan m\u00fasico nin persoa que se dedique \u00e1 cultura ten o sitio que merece en Galicia, a nivel de p\u00fablico, de apoio institucional, de difusi\u00f3n\u201d, resposta \u00e1 pregunta se considera que o<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/sociedad\/2016\/11\/15\/fallece-compositor-cantante-gallego-narf\/1570518.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">&nbsp;legado do seu amigo Fran P\u00e9rez \u2018Narf<\/a>\u2019, falecido en 2016, \u00e9 valorado abondo. \u201cFoi n\u00famero un na RDP-\u00c1frica [a emisora p\u00fablica portuguesa para ese continente] e aqu\u00ed nin idea, a maior\u00eda da xente e dos novos seguen sen co\u00f1ecelo. \u00c9 unha tristura fond\u00edsima.&nbsp;<strong>P\u00e1sanos a todos os m\u00fasicos, realmente traballamos na resistencia\u201d<\/strong>, exp\u00f3n Najla, que se declara pudorosa un par de veces na entrevista, pero nisto \u00e9 ben directa: \u201cEu sobrevivo, malvivo \u00e1s veces\u201d. Critica as axudas \u201cinexistentes\u201d dos Gobernos para os creadores -\u201dcomo se fai noutros pa\u00edses europeos- e un sistema laboral \u201cque \u00e9 un castigo\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Najla Shami - Ela Sabe a Sol (Official Video)\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/gSwSFkN0Pu0?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Narf, en verdade, sa\u00edu na conversa polo seu papel en&nbsp;<em>Ela sabe a sol<\/em>. Ao m\u00fasico dedica \u2018L\u00faa\u2019, unha das canci\u00f3ns do disco-libro, editado por Galaxia a finais de 2019. Con el, ademais de amizade, compart\u00eda esa aposta por explorar as conexi\u00f3ns entre tradici\u00f3ns musicais diversas. \u201cInflu\u00edume moito, ti\u00f1a esa capacidade de crear pontes coa lusofon\u00eda, con Mozambique, Angola&#8230;&nbsp;<strong>Eu tam\u00e9n estou namorada da cultura africana do norte<\/strong>, que se mestura coa \u00e1rabe. Hai moitas sonoridades desas latitudes no disco\u201d, comenta Najla. Son s\u00f3 algunhas das influencias que recolle o \u00e1lbum, un aut\u00e9ntico crisol de tradici\u00f3ns galegas, espa\u00f1olas, latinoamericanas, orientais. \u201cAo principio si que me costou dar co punto no que todo iso se atopa. Estaba claro que non me \u00eda cinguir a ning\u00fan estilo, ti\u00f1a que coller todas as influencias e buscar un c\u00f3ctel. Intentei non po\u00f1erme ning\u00fan tipo de premisa nin condici\u00f3n, nin l\u00edmites ling\u00fc\u00edsticos nin sonoros\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"666\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Najla-Shami-na-cafeteria-tenda-Terrae-con-Ela-sabe-a-sol-entre-as-mans.-Alba-Villar.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-99\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Najla-Shami-na-cafeteria-tenda-Terrae-con-Ela-sabe-a-sol-entre-as-mans.-Alba-Villar.jpg 1000w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Najla-Shami-na-cafeteria-tenda-Terrae-con-Ela-sabe-a-sol-entre-as-mans.-Alba-Villar-300x200.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/Najla-Shami-na-cafeteria-tenda-Terrae-con-Ela-sabe-a-sol-entre-as-mans.-Alba-Villar-768x511.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>O produtor Pedro Pascual axudoulle logo a plasmalo na gravaci\u00f3n, na que participaron instrumentistas \u00e1rabes, galegos e espa\u00f1ois, alg\u00fans localizados en cidades como Helsinki ou Viena. \u201cTen un concepto tan concreto que non hai m\u00fasicos en Galicia que poidan realizar algunhas partes. Non pensaba no dif\u00edcil que \u00eda ser levalo ao directo, penso no momento en que necesito comunicar algo dentro de min\u201d, comenta. \u201cPara que soe como ten que soar te\u00f1en que vir m\u00fasicos de f\u00f3ra.&nbsp;<strong>En Galicia temos un abano enorme de m\u00fasicas, as\u00ed imos ampliando tam\u00e9n. Faltaba o estilo mediterr\u00e1neo oriental<\/strong>\u201d, chancea.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero para chegar a tirar&nbsp;<em>Ela sabe a sol<\/em>, nun formato coidad\u00edsimo cun poema por cada canci\u00f3n e pr\u00f3logo de Iolanda Casta\u00f1o, antes Najla tivo que atender \u00e1 \u201cchamada\u201d para reatoparse coas orixes do seu pai, palestino. Durante oito meses estivo en Xordania, onde reside parte da s\u00faa familia, e en Gaza. \u201cMarchei para mergullarme na cultura \u00e1rabe, aqu\u00ed non tes ese contacto diario. Tam\u00e9n un pouco por pudor, son unha persoa moi respectuosa coas tradici\u00f3ns\u201d, f\u00eda. Antes da viaxe xa ti\u00f1a algunhas composici\u00f3ns que incorporaban esas influencias, pero non se atrev\u00eda a abordala sen ter un contacto directo. Al\u00f3 estudou esas m\u00fasicas e t\u00e9cnicas de canto milenarias e tam\u00e9n recibiu o visto e prace dos m\u00fasicos locais, malia que o seu xeito de po\u00f1elas en pr\u00e1ctica racha coa forma can\u00f3nica, ao introducir esa musicalidade en melod\u00edas m\u00e1is mediterr\u00e1neas.&nbsp;<strong>\u201cBen, puretas hai en todos lados, pero en xeral acoll\u00e9ronme moi ben. Recib\u00edn moita axuda, tam\u00e9n para constru\u00edr as letras.<\/strong>&nbsp;Esquec\u00edn o idioma [que aprendera de pequena cos seus av\u00f3s en Kuwait] e necesitaba tam\u00e9n esa aportaci\u00f3n\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Najla Shami - L\u00faa  |  Calle Sonora\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/Yrpu5oXmA_A?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Al\u00e9n do musical, a viaxe tam\u00e9n o foi \u00e1 s\u00faa propia identidade. \u201cAtopeime a min mesma. En xestos, en formas de ser, de falar. Crieime aqu\u00ed [entre a Ribeira Sacra e Santiago] pero hai moitas cousas que che ve\u00f1en inherentes, non sabes de onde. E de s\u00fapeto est\u00e1s nun contexto no que encontran o seu lugar\u201d. Ao tempo,<strong>&nbsp;serviulle para asumir a perda do pasado familiar<\/strong>, algo que te\u00f1en que afrontar moitas familias palestinas e que nada ten a ver coa enraizamento dos galegos co seus achegados e os seus territorios. E nun \u00e1mbito m\u00e1is directamente pol\u00edtico, a viaxe cambioulle a visi\u00f3n do conflito con Israel. \u201cPara mal. Sempre pensei que se poder\u00eda resolver coa proposta dos dous Estados. Unha vez al\u00ed dinme conta de que non vai ser posible. Eu son s\u00faper optimista, pero nisto non. Hai unha morea de intereses econ\u00f3micos internacionais en que non se resolva\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Najla Shami - Si muero (Folk Sessions)\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/Ucs5bGKSvnQ?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Tampouco agocha o car\u00e1cter de<a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/tags\/8m.html\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">&nbsp;reivindicaci\u00f3n da muller<\/a>&nbsp;que ten o traballo, cun tema expresamente dedicado a Mar\u00eda Coni e Marina Menegazzo, d\u00faas rapazas arxentinas asasinadas en Ecuador. \u201c\u00c9 un disco feminino, o t\u00edtulo \u00e9 tremendamente feminino. \u2018Ela\u2019 pode ser calquera. Non s\u00f3 para mulleres, tam\u00e9n para esa parte masculina que ten a s\u00faa feminidade\u201d. Cada cap\u00edtulo, conformado por unha canci\u00f3n e un poema, explica, corresponde a&nbsp;<strong>\u201cunha paisaxe, dese\u00f1ada arredor dunha enerx\u00eda feminina en cada situaci\u00f3n\u201d.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Nos pr\u00f3ximos meses, se o coronavirus o permite, Najla Shami volver\u00e1 aos palcos para presentar con banda o espect\u00e1culo de&nbsp;<em>Ela sabe a sol<\/em>. Mentres, segue a traballar en novas canci\u00f3ns, nas que est\u00e1 a xogar con elementos electr\u00f3nicos, como na versi\u00f3n en directo de \u2018Si muero\u2019 que v\u00e9n de publicar. Tam\u00e9n prev\u00e9 face rm\u00e1is concertos ela soa, un formato que tardou 16 anos en probar. \u201c\u00c9 algo s\u00faper espido terte que enfrontar ti soa \u00e1 xente, mastigar os silencios, mover as enerx\u00edas do p\u00fablico. Tr\u00e9menche as pernas\u201d, admite. Ao principio, malia a levar anos tocando a guitarra, era unha \u201ccat\u00e1strofe\u201d. \u201cAs mans non me respond\u00edan, non pod\u00eda facer os adornos [de voz] que adoitaba. Foi un tr\u00e1nsito dif\u00edcil, pero moi gustoso\u201d. M\u00e1is adiante, logo de declararse introvertida \u201cinda que non o pareza\u201d, retoma o f\u00edo: \u201cFun asomando pouqui\u00f1o a pouqui\u00f1o, por iso quizais tam\u00e9n tardei tanto en sacar disco co meu nome.&nbsp;<strong>Non por medo, sen\u00f3n porque nun principio a mi\u00f1a natureza non o propo\u00f1\u00eda dun xeito org\u00e1nico. Agora, si\u201d.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Najla Shami - Taboada\" width=\"500\" height=\"281\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/zimfGdvjh9I?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>A M\u00daSICA DE VIGO, EN SEIS PREGUNTAS<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p><strong>O teu grupo\/artista de Vigo favorito<\/strong><\/p>\n\n\n\n<ol class=\"wp-block-list\"><\/ol>\n\n\n\n<p><em>Pois a verdade \u00e9 que non son moito\u00a0de ter favoritos. Cada quen aporta algo en determinados momentos. Gosto da proposta de Caldo, da forza de High Paw, a voz de Su Garrido&#8230; poder\u00eda nomear a moitos.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un sitio para tocar en Vigo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><em>\u00c9 dificil decidirse por un. Toda a comarca ten recunchos engaiolantes para unha muller coma min que naceu lonxe do mar.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><strong>O mellor concerto de Castrelos<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><em>Caetano Veloso a solo.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un grupo\/artista de Vigo ao que reivindicar e que non ten o reco\u00f1ecemento que merece<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><em>Toda a m\u00fasica galega penso deber\u00eda ter un reco\u00f1ecemento maior. Hai moita calidade e variedade neste pa\u00eds. Nomearei a Planeta Theremin, unha proposta interesant\u00edsima e \u00fanica.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>The next big thing<\/em> da escena viguesa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><em>Un festival no centro de Vigo de grupos desta comarca, amosando a cultura que se fai aqu\u00ed e en pleno Nadal&#8230;<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que opinas da escena musical en Vigo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><em>A escena musical \u00e9 magn\u00edfica, o que faltan\u00a0son espazos e propostas para os grupos daqu\u00ed e condici\u00f3ns dignas de traballo. Consumo responsable de cultura propia por parte de organismos e p\u00fablico. O resto xa o temos e en moi boa forma.<\/em><\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>QUEN \u00c9<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"666\" src=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/najla_shami_.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-177\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/najla_shami_.jpg 1000w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/najla_shami_-300x200.jpg 300w, https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/najla_shami_-768x511.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Najla Shami: cantante, compositora e multiinstrumentista<\/h4>\n\n\n\n<p>Nacida en Compostela de nai galega e pai palestino, aprendeu o idioma no tempo que, de cativa, viviu cos seus av\u00f3s en Kuwait. Creceu en Taboada, na Ribeira Sacra lucense, ata que xa de adolescente volveu a Santiago. De esp\u00edritu n\u00f3mada, levou a s\u00faa voz Xap\u00f3n, Noruega ou a India. Hai catro anos asentouse en Vigo, en busca dun chisco m\u00e1is de luz que na capital do pa\u00eds.<\/p>\n\n\n\n<p>O seu primeiro concerto foi un 5 de marzo de 1997, a unha idade que prefiere non revelar. Participou nunha morea de proxectos colectivos, pero ata 2013 non asinou un traballo co seu nome. Foi&nbsp;<em>Na lingua que eu falo<\/em>, editado, como&nbsp;<em>Ela sabe a sol<\/em>, pola editorial Galaxia.<\/p>\n\n\n\n<p>Outras publicaci\u00f3ns e colaboraci\u00f3ns:<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><em>The past to come<\/em>, de Cinnamon Gum (Enterphonics, 20<em>03)<\/em><\/li>\n\n\n\n<li><em>As voces das musas<\/em>, VVAA\u00a0(AC Barbantia &#8211; Concello de Noia, 2008)<\/li>\n\n\n\n<li><em>Ben deitei<\/em>, de Safari Orquestra (Ouvirmos, 2010)<\/li>\n\n\n\n<li><em>Fr\u00e1xil<\/em>, Coro da R\u00e1 (Pista Catro, 2010)<\/li>\n\n\n\n<li><em>Haikus<\/em>, de Lobal\u00fa (Inquedanzas Sonoras, 2011)<\/li>\n\n\n\n<li><em>Desaparafusador de Gominola<\/em>, VVAA (Xunta de Galicia, 2011)<\/li>\n\n\n\n<li><em>Cantigas de mulleres<\/em>, VVAA (Fol M\u00fasica 2012)<\/li>\n\n\n\n<li><em>A Tribo Todo Baila<\/em>, Tributos Os Resentidos (Warner Music Spain 2012)\u00a0<\/li>\n\n\n\n<li><em>Son brasilego,<\/em>\u00a0de S\u00e9rgio Tannus (Fol M\u00fasica, 2013)<\/li>\n\n\n\n<li><em>Corasons<\/em>, VVAA (Kalandraka Editorial, 2013) &#8211; Proxecto activo na actualidade.<\/li>\n\n\n\n<li><em>Pitusa semifusa\u00a0<\/em>(Editorial Galaxia, 2014)<\/li>\n\n\n\n<li><em>Outra volta de roda<\/em>, de A Roda (PAI m\u00fasica, 2014)<\/li>\n\n\n\n<li>Galinha de Troia, de Som do Galpom (Autoeditado, 2014)<\/li>\n\n\n\n<li><em>Traca &#8211; Traco<\/em>, de Paco Rivas (Editorial Cumio, 2015)<\/li>\n\n\n\n<li><em>Veredevere<\/em>, de Guilherme e Bastardo (Ax\u00f3uxere Editora, 2015)<\/li>\n\n\n\n<li><a href=\"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/xoana.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><em>Dardos<\/em>, de Xoana<\/a>\u00a0(Inquedanzas Sonoras, 2018)<\/li>\n<\/ul>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>UNHA VOZ QUE CONECTA MUNDOS Confesa a galego-palestina Najla Shami, 22 anos anos de carreira de resistencia \u00e1s costas, que \u00e1s veces a precariedade e a incerteza da vida do m\u00fasico en Galicia fanlle pensar en deixalo. Para tranquilidade dos seareiros desta voz \u00fanica e para fortuna dos que a\u00ednda a te\u00f1en por co\u00f1ecer, non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":98,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-97","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-musica-se-vive-con-v-de-vigo"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/97","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=97"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/97\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media\/98"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=97"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=97"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mas.farodevigo.es\/musica-vigo\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=97"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}